1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A nova fichaxe do FC Camariñas xogou o seu priemeiro partido no Hermanas Patiño

Fin de semana onde a mellor noticia foi a victoria do Porteño en Castriz para aferrarse a segunda rexional, están os da Ponte do Porto agarrándose a dita categoría a base de garra e coraxe para suplir outro tipo de carencias. O FC Camariñas díxolle adeus a liga cunha derrota inesperada ante o Buño no Hermanas Patiño. Os de Manolín xa están mirando máis esa promoción que outra cousa.  Esta semana temos o prato forte onde o derbi Porteño-Camariñas será crucial para os da Ponte do Porto, unha maiña do camariñas non viría nada mal…

CERCEDA 1-0 NARÓN
Partido onde voltamos a reencontrarnos coa victoria despois da “marejada” que houbo durante a semana có tema da renuncia de Nacho. Non foi un partido brillante, pero si é certo que o que máis importaba era a victoria i esta veu ainda que non fose dunha forma brilante.
Manu Castiñeiras no primeiro minuto de xogo, foi o que conseguiu o tanto da victoria. Esperemos que xa cas augas menos revoltas, e coa calma necesaria, volte o bo xogo porque así as victorias serían máis fáciles de acadar. A vindeira semana o Cerceda xoga en Ponteareas ante o Cultural Areas.

{xtypo_rounded_right2}

O Partidazo da vindeira xornada:

O Porteño enfrontarase contra o FC Camariñas este domingo no Estadio Municipal Hermanas Patiño nun partido no que o equipo da Ponte do Porto tentará levarse o encontro para deixar atrás as pantasmas do descenso.

{/xtypo_rounded_right2}

CAMARIÑAS 1-2 BUÑO
Derrota inesperada do Camariñas de Manolín ante un atrevido Buño. Adiantaríase o Camariñas por mediación de Mané moi pronto e todo parecia que ía ser máis doado trala expulsión de un xogador visitante. Pero non foi así, o Buño xogando a contra, conseguíu darlle a volta ao marcador anotando o gol da victoria no minuto 90. Xa está o Camariñas mirando de reollo os posibles rivais nesta fase de ascenso, esperemos que finalmente poida ter sorte.
A vindeira xornada hai derbi, o Camariñas xoga ante o Porteño.

CASTRIZ 2-3 PORTEÑO
Victoria agónioca do Porteño que remontou o partido en dous minutos apoteósicos, Piti no minuto 91 primeiro e despois no minuto 93, tranformaria 2 penaltis ( queçixanse en Castriz de si foron moi discutidos, pero por unha vez que ante a dúbida favorecen ao Porteño, non lle fan dano a ninguén, tras a persecución arbitral que leva sofrindo o Porteño durante toda a tempada), que serviron para acadar 3 puntos para a esperanza. A garra e o coraxe deste equipo é fantástica, e pase o que pase ao final, ninguén poderá decir que estes xogadores non o dan todo cada domingo. Agora o Corme e mais o Baio están a só 4 puntos do Porteño, a salvación é posible. A vindeira xornada o Porteño xoga o derbi contra o Camariñas, un Camariñas que ten imposible quedar campeón e si podería botar unha man a os seus veciños.

CORCOESTO 2-1 XAVIÑA
Era o duelo de colistas e o Xaviña non puido gañar ao pecha cancelas. De tódalas formas. O Xaviña non vai a ser o colista neste súa primeira tempada de existencia e iso xa di moito do equipo que preside Isaac. Moitos pensaban ao inicio desta liga que bastante sería con conseguir gañar un partido, pero o éxito foi mayor. Na última xornada o Xaviña recibe ao Coristanco, hai que ir ao Hermanas Patiño este próximo sábada para animar ao Xaviña.

VETERÁNS

CAMARIÑAS 1-3 SAN ROMÁN
Confirmouse o descenso do Camariñas trala derrota ante o San Román por 1 gol a 3. Non pintaba ben todo canto estaba a pasar dende fai xa un tempo e o descenso parecía que desta vez non ía ter solución como así foi. Se hai vindeiras ocasións, haberá que aprender de clubes como o Vimianzo e o Cabana, que suspenden os seus partidos para posteriormente deixarse gañar un ou outro según se den resultados de equipos implicados, para deste xeito favorecerse dun xogo que de limpo non ten nada.

PORTEÑO 2-0 CERQUEDA
Rematou a liga o Porteño cunha victoria ante o Cerqueda que serve para subir un posto na clasificación final. Sexto posto para un Porteño que de haber sido máis regular na primeira volta igual agora estaríamos falando de outra cousa.

LIGA DE FÚTBOL 7. AS BALEAS

BENXAMÍNS
AS BALEAS 5-8 CABANA

Derrota dos nosos máis pequechos ante un Cabana que tiña xoitos xogadores de segundo ano e iso notouse moito. Pese a todo, os nosos benxamíns deron a cara sempre e loitaron ata o último momento.

VIMIANZO 12-0 CAMARIÑAS
Severa derrota do Camariñas ante o Vimianzo que ten un equipazo en benxamíns, xa que tódolos xogadores son de último ano e sácanlle 3 cabezas aos demais competidores. Pero pese a todo, hai que darlle a noraboa a tódolos benxamins polas súas gañas.

ALEVÍNS
AS BALEAS 5-0 CABANA
Colleron carreiriña os “ JOSEBA BOY´S” e xa non hai quen os pare. Desta vez tocoulle ao Cabana ver como estes rapaces as gastan xogando ao fútbol.
Seguen mellorando dia a dia e os de arriba xa empezan a mirar cara abaixo como As Baleas están subindo postos a todo gas. Noraboa rapaces!!!.

VIMIANZO 3-4 CAMARIÑAS
Victoria dos alevíns do Camariñas ante o Vimianzo nun partido trepidante onde os Camariñáns conseguiron levarse a victoria.

A vindeira xornada, As Baleas xoga en Zas, mentres que o Camariñas recibe ao Coristanco. Esto foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web de todos, humilde e de ideas propias que non se mete con ninguén!!!.

{phocagallery view=category|categoryid=591|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario