1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe do encontro disputado entre o Cerdeimar e o Carpintería AlbertoXornada final da primeira fase da Copa de veteráns de fútbol sala na que presentou a renuncia o Carpintería Alberto (antes eran Os Boliños) debido a problemas externos e internos. O capitán do equipo díxolle ao organizador do evento, Vi, que debido a diversos problemas, decidían abandoar a competición, motivo polo cal, a organización aceptou a renuncia e deste xeito, o Carnicería Pilar, que ía a quedar fora da Copa por ser o último clasificado, pasa a xogar as eliminatorias finais. Comeza o verdadero espectáculo cos cruces finais, comeza a verdadeira Copa que ata o de agora só quentara motores para este tramo final, un tramo final que se presenta apaixoante!!!.

{xtypo_rounded_right2}

Clasificación Final:
1) FRIO DARÍO 24 PTS
2) PTO ARNELA 21 PTS
3) CERDEIMAR 13 PTS
4) PAN. LEÓN 13 PTS
5) BAR GAVIOTA 10 PTS
6) KERUBÍN 8 PTS
7) CONST. MANTIDO 7 PTS
8) CARN. PILAR 1 PTO

Goleadores:
1) ELVIS 16 GOLES
2) RUBIO 15 GOLES
3) NANDO 15 GOLES
4) PICHÉ 13 GOLES

{/xtypo_rounded_right2}

FRIO DARIO 7-2 CARNECERÍA PILAR
Tampouco fallou o líder, o Frio Darío na derradeira xornada da primeira fase da Copa. Desta vez foi o Carnicería Pilar o que lle tocou verse as caras có líder e así puido comprovar que é o primeiro clasificado da liga regular por algo. Elvis 4 goles, Nando 1 gol, Darío 1 gol e Lito 1 gol, foron os goleadores do Frio Dario. Por parte do Carnicería Pilar, marcaron Zacarias 1 gol e Rodrigo outro. Destacaron Elvis e Arturo por un bando e Rodrigo e José Manuel por outro.

BAR GAVIOTA 2-1 KERUBÍN
Partido xogado de poder a poder onde finalmente o Bar Gaviota tivo máis acerto de cara gol. Mauri con 1 gol e Martín con outro gol, foron os goleadores do Bar Gaviota. Chocolate de Arou foi o goleador do Kerubín. Destacaron Mauri e Manolo Bajeras por parte do Bar Gaviota e Coco e Pedro por parte do Kerubín.

CARPINTERÍA ALBERTO 0-3 CERDEIMAR
O resultado final de 0-3 é debido ao abandono do encontro por parte do Carpintería Alberto. Non vamos a dar ningunha opinión respeto, só queremos que reine a deportividade de aquí en adiante. Cada un e dono do seus actos.

PANADERÍA LEÓN-BRIALEX 6-5 CONSTRUCCIONES MANTIDO
Partidazo o que disputaron émbolos conxuntos con un futbol sala de ataque total onde o P. León levouse finalmente a victoria. Yago con 2 goles, Bruno 1, Jacinto 1,Alberto 1 e Rolando 1 gol foron os goleadores do P. León. Varela 2 goles, Parri 1 gol, Luis 1 gol e Piché 1 gol foron os que marcaron por parte do C. Mantido. Destacaron Yago e Jacinto por un bando e Varela e Luis polo outro.

CUARTOS DE FINAL. PARTIDO DE IDA
16:00 H. FRIO DARÍO – CARNICERÍA PILAR
17:00 H. PANADERÍA LEÓN-BRIALEX – BAR GAVIOTA
18:00 H. PUERTO ARNELA – CONSTRUCCIONES MANTIDO
19:00 H.  CERDEIMAR - KERUBÍN

{phocagallery view=category|categoryid=592|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario