1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Conservas Boya consegíu unha importantísima victoria fronte o GuardésO Conservas Boya e de novo lider en solitario da competición, gracias os dous puntos cosechados este sábado diante dun correoso Guardés. O encontro principiou cos típicos minutos iniciais de "tanteo", a defensa do Boya faltaballe regularidade e iso permitiu que se foran sucedendo os empates no marcador, pero de novo Victor na portería permitiu os nosos rapaces acadar pequenas ventaxes que non superaron os dous goles, e no ataque Felipe soltaba o seu brazo poñendo goles repletos de forza i explosividade.

No mediado desta primeira mitade un cambio no sistema defensivo atascou definitivamente o ataque visitante e de novo ca axuda de Victor cas suas paradas permitiu o Boya marcharse no marcador e a medida que transcurrian os minutos a distancia aumentaba, ate chegar a un tranquilizador 13-8 co que os nosos rapaces marcharon o vestiario.

Nos primeiros minutos da segunda mitade os dous equipos acdaban goles con facilidade, a defensa do Boya voltaba a ser demasiado irregular, e permitía os visitantes gañar confianza e non se conseguía dar o estirón definitivo para pechar o encontro. Ainda así a distancia de catro goles permitia os locais xogar con certa comodidade, pero esta visto que isto non e suficiente, e de novo erros infantis con duas descalificacións completamente evitables no bando local permitiron o Guardés aproveitar o regalo e achegarse no marcador ate un empate a 19 preocupante a pouco menos de 15 minutos para o remate. E como sempre a vivir no "alambre"..., o Boya tivo a liga perdida Unha fermosa taboa clasificatoria: Camariñas recupera o liderato en solitariodurante alguns minutos nos que o Guardés conseguiu porse por diante no marcador, chegaban de novo as prisas, e con elas certa falta de confianza , incluso o Guardés conseguía un parcial de 2-0 estando cun xogador menos. Por riba certas decisións arbitrais e un enmarañamento do xogo facian temer o peor, pero aqui a maior frescura dos xogadores locais que sairan do banquillo permitiu defender cun pouco mais de intensidade e con moitisima dificultade primeiro igualar o marcador, nuns minutos onde os empates se sucedian, e a pouco do final un par de defensas que permitiron o Camariñas sair en contraataque fixeron ca ventaxe chegara os dous goles. Chegouse o derradeiro minuto con 28-26 e o Guardés intentouno con lanzamentos exteriores que morrian nos blocaxes dos nosos que nesta derradeira defensa non permitiron co balón chegase a portería.

A clasificación di que o Boya e o mellor equipo polo de agora da competición, algo do que estar orgullosos xa que faltan tres xornadas para o final e os nosos rapaces dependen de si mesmos, pase o que pase deben sentirse orgullosos do feito, e intentar un esforzo mais nestas tres semanas para convertir o soño en realidade, lembrando que a única forma e remando todos na mesma dirección, esquecer o "eu" e pensar so no equipo.
A próxima estación e o pavillón do Loureiro, no que poremos o liderato en xogo ante o Carballal, un equippo que ainda marcha imbatido coma local, pero os nosos poden decir o mesmo da sua faceta coma visitantes.

Nas categorías base os xuvenís gañaron con certa facilidade a domicilio o Artabro que lles permite continuar octavos na clasificación e os cadetes perderon (tamén ante o Artabro), nun partido moi digno, no que amosaron que non se olvidaron de xogar o Balonmán. Tamén os infantís xogaron en Cambre o Domingo facendo un bo partido ainda que caeron ante os locais por 5 goles de diferencia. Para rematar os alevins e benxamins tiveron xornada en Santiago onde además de disfrutar xogando recibiron agasallos do clube organizador HVO Conxo.

En feminino gañaron as cadetes por un apretado 28-27 co que marchan novenas xa alonxadas dos postos perigosos e perderon as infantis e as seniors, tendo todas coma rival o Bueu Atlético.

{phocagallery view=category|categoryid=588|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

kinos
0 # RE: Conservas Boya 28 - 26 Guardeskinos 28/03/2011 14:21
enoraboa,seguro que ascenderedes polo bo esforzo que estades a realizar neste deporte.ANIMO
Responder | Denunciar ante o administrador