1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O partido do Xaviña foi presenciado polo noso redactor deportivo JuanilloFin de semana no que temos resultados e consecuencia de todo tipo. O cerceda levou unha boa tunda en Ourense e Nacho, o adestrador, presentou a súa dimisión. Unha decisión que pouca xente entende, os números que presenta Nacho son inmellorables, líder da terceira división, equipo menos goleado e segundo máxima goleador. Dende Camarinas.eu repetamos a súa decisión e tentaremos de telo de colaborador semanal. O Camariñas golea ao colista Vimianzo, o Porteño perde có líder e o Xaviña recibe outra tunda de mans do Mazaricos. Os veteráns do Camariñas están situados en postos de descenso a falta dunha xornada e nos máis pequechos, houbo derbi!, e As Baleas levouse o gato a auga.

OURENSE 4-0 CERCEDA
Partido no que o líder, o Cerceda foi un títere nas mans dun Ourense que tomou o partido máis seriamente que o actual líder.
Derrota dolorosa que trouxo consecuencias, Nacho presentou a súa dimisión e Manolo García ocupará o seu lugar ata o final de tempada. Esperemos que esto sirva de revulsivo e no próximo encontro, o Cerceda demostre que é líder por algo.
O Narón será o próximo rival.
PORTEÑO 0-2 PONTECESO
Aguantou o que puido o Porteño de Gerpe ao líder que fixo gala do seu maior potencial para gañar un encontro no que os da Ponte do Porto deron a cara sempre.
Nótase que ten un plantel moi curto o Porteño para unha tempada moi esixente.Aínda queda moita liga, e o Porteño caracterízase por ser un clube que loita ata o final e así o fará. A vindeira xornada, o Porteño xoga en Castriz.
VIMIANZO 2-6 CAMARIÑAS
Victoria contundente do Camariñas de Manolín ante o colista o Vimianzo. Partido fácil para un Camariñas que se mostrou moi superior ao conxunto Vimiancés.
Mané, Javi e Juan o Vello con un doblete cada un, foron os goleadores do Camariñas. A vindeira semana, o Camariñas recibe ao Buño.
XAVIÑA 0-8 MAZARICOS
Goleada a que encaixou o Xaviña ante o recén ascendido a segunda rexional Mazaricos.
Estase a facer moi longa esta liga para un Xaviña que conta os seus derredeiros partido por tundas recibidas.
A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Corcoesto.

VETERÁNS

AT. MILAGROSA 5-0 CAMARIÑAS
Derrota amarga e que pode custar moi cara ao Camariñas, xa que queda unha xornada de liga e está empatado a puntos co Vimianzo, ámbolos conxuntos pelexarán por escapar do posto que os condea ao descenso.
A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao San Román.
PORTEÑO 1-2 DEP. CARBALLO
Está remantando mal a tempada o Porteño que nesta segunda volta estaba sendo un dos mellores conxuntos. Pese a todo, hai que salientar o bo traballo do Porteño nesta liga.
Na derradeira xornada, o Porteño recibe ao Cerqueda.

AS BALEAS. CAMPEONATO DE FÚTBOL 7.

BENXAMÍNS - CAMARIÑAS 1-9 AS BALEAS
Derbi onde As Baleas foi moi superior ao Camariñas que de tódolos xeitos púxolle moitas gañas.
Os benxamíns de As Baleas están collendo arrancada e de momento van vento en popa.
ALEVÍNS - CAMARIÑAS 3-7 AS BALEAS
Comezan a carburar os alevíns e a quinta de Joseba gañoulle ao Camariñas nun derbi disputado de poder a poder.
Hai mimbres entre as duas escadras para un futuro próximo e iso é o que conta.

A vindeira xornada As Baleas recibe ao Cabana no Hermanas patiño. O Camariñas xogará en Vimianzo.

Esto foi todo canto dou a xornada, a semana qpróxima teremos máis partidos. Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU a web Nº 1.

{phocagallery view=category|categoryid=584|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario