1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo desgrana a xornada futbolística do Concello de Camariñas

Xornada onde tivemos de todo, como na botica. O Cerceda continúa de líder demostrando que o que queira quitalo de a´hí vai a ter que suar sangue. O Camariñas deixouse parte das súas aspiracións co seu empate na casa, onde a expulsión de Juan o Vello foi clave. O Porteño aférrase a segunda rexional cós dentes, gañou ao San Lorenzo e aínda é posible a miragre. O Xaviña esta esperando o fin da liga coma auga de maio, a tunda que levou en Corcubión pode facer dano. Xa vedes, temos aos nosos equipos metidos en todo tipo de batallas esperando sair triunfais na maioría delas.

CERCEDA 5-0 AS PONTES
Partidazo o que fixemos ante As Ponte sonde conseguimos unha goleada. As baixas non se notaron a pesares de ser moitas e importantes, últimamente parece que nos mirou un torto e temos xogadores importantes que prácticamente se van a perder o que resta de tempada. Xaco con duas dianas, Manu Barreiro, Joselu e Dani Bea foron os goleadores do Cerceda.Cabe destacar o debut de Adrián Lema, un xogador de tan só 10 anos, natural de Vimianzo que debutou co Cerceda deixando unha gran impresión. Nacho está demostrando que tamén confía na canteira. Seguimos primeiros, con 3 puntos de ventaxa sobre o Ferrol, có gol-average gañado e eles teñen un partido máis. A vindeira xornada temos un partido importante e clave que de conseguir a victoria daremos un gran paso para conseguir o título posto que o rival é o Ourense.

CAMARIÑAS 1-1 DUMBRIA B
Deixouse tres cuartos de liga o Camariñas de Manolín nesta xornada na que non puido pasar do empate ante o Dumbria B.
A expulsión do crack Camariñán Juan o vello marcou o devenir do encontro. Foi mellor o Camariñas e tivo que remontar un resultado adverso cun home menos, un gol de Javi serviu para empatar un encontro no que os Camariñáns mereceron máis.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Vimianzo ante o colista

SAN LORENZO 1-2 PORTEÑO
Hai que aferrarse como sexa a segunda regional, ese podería ser o lema dun Porteño que vai loitar ata o fin. Gañou o Porteño ao San Lorenzo nun partido disputado nun lameiro, e gañou agónicamente, pois o gol da victoria conseguido por Iago (ex adestrador do Xaviña e gran xogador), chegou no minuto 95. Antes Ismael adiantaría ao Porteño de Gerpe pero pronto empataría o San Lorenzo ata que finalmente como comentábamos antes, apareceu Iago para deixar o marcador no 1-2 definitivo. Seguirá loitando o Porteño ata o final, a situación segue sendo moi complicada, pero mentres haxa vida… A vindeira xornada, o Porteño recibe ao líder, o Ponteceso no Hermanas Patiño. Xogarase sábado. Seguro que o Porteño vai a conseguir unha machada, gañarlle ao líder.

CORCUBIÓN 11-1 XAVIÑA
Levou en Corcubión a mayor goleada da súa historia o Xaviña, un Xaviña que chegou a terras Corcubionesas sen porteiro, e un central tivo que ocupar esa demarcación. Está a ter un fin de tempada moi complicado o Xaviña pero con esforzo seguro que acabará a tempada dignamente. A vindeira xornada, o Xaviña recibe ao recén ascendido Mazaricos, un partido no que os visitantes xa non se xogan nada e iso pode beneficiar ao Xaviña.

VETERÁNS

BERGANTIÑOS 2-0 CAMARIÑAS
Pantoulle cara o Camariñas ao líder en Carballo, pero finalmente non puido puntuar. A vindeira xornada pode ser crucial, o Camariás xoga ente o colista, visita ao At. Milagrosa, unha victoria unida a unha derrota do Cabana, daría a permanencia.

MALPICA 2-0 PORTEÑO
Perdeu o Porteño na súa visita a Malpica. Non pudieron puntuar os da Ponte do Porto nesta saida, pero quedan 2 partidos de liga no que de seguro van a dar a cara. A vindeira xornada o Porteño enfróntase ao Deportivo Carballo no Hermanas Patiño.

AS BALEAS. LIGA DE FUTBOL 7

CATEGORÍA BENXAMÍN: AS BALEAS 7-6 BAIO
Partidazo con emoción ata o final o que vivimos a pasada semana no Hermanas Patiño, os nosos máis pequechos gañaron ao Baio nun partido que tivo emoción e no que brillaron tódolos xogadores. Destacar que o porteiro benxamín Isaac, tivo que xogar posteriormente cos alevíns e fixo dous auténticos partidazos. Noraboa a tódolos benxamíns e a seguir así.

CATEGORÍA ALEVÍN: AS BALEAS 12-1 BAIO
Tratábase de que entrase a primeira ocasión de gol para marcar, e así foi, unha vez acadado o primeiro gol nada máis comezar, os nosos alevíns comezaron a desplegar ese talento que atesouran que é moito e conseguiron doblegar ao Baio con facilidade.
A quinta de Joseba voltou a dar espectáculo e todos eles van a dar moito que falar.

O equipo alevín do Concello de Camariñas xogou en Muxía e perdeu por 8 goles a 4 nun partido onde mereceron máis os rapaces que adestra Luis de Quecha. A vindeira xornada temos derbi Camariñán, enfróntase o Concello de Camariñas contra As Baleas. Vai a ser unha festa do fútbol Camariñán.

NOTA:
Noraboa Diego e Marcos por seguir ca web adiante, non podedes facer o que algúns desexarían, que sería abandoar todo. NON!!!, Vós non dependedes de ninguén e iso non todos poden decir e presumir do mesmo, simplemente as cousas vense, e a xente non é tonta.
A seguir como ata o de agora, falando do que queirades e con liberdade de expresión, porque para algo sodes a WEB máis visitada da redonda e iso ao mellor doe.
NORABOA A CAMARINAS.EU, A WEB LÍDER E DE IDEAS PROPIAS!!!

Engadir un comentario