1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Toda a xornada da Copa As Baleas por Juan CabrejoSe non fora porque nos atopamos ante un torneiro copero, na Copa da Liga As Baleas todo parece encamiñar cara unha final entre os acorazados futbolísticos do Campo e Buría. Efectivamente, trala séptima xornada do gran torneo de masas da costa Atlántica Frío Darío e Puerto Arnela abriron unha brecha que parece definitiva e que os situará en condicións óptimas para disputar os letais cruces de cuartos de final. Se por arriba as cousas parecen estar máis ben claras, o mesmo cabe decir por abaixo, onde o debutante Carnicería Pilar paga cara a súa experiencia e encadena unha serie de tundas que recordan a equipos asemesmo debutantes en Terceira Rexional. Con todo, estamos a falar de fútbol e o máis inexplicable e incomprensible pode acontecer así que non cabe descartar que algún dos antes mencionados enganche unha racha negativa como a que levou ao entón líder intratable de Segunda Aª Betis a perder de forma consecutiva seis ou sete encontros e que agora pareceuse contaxiar ao histórico e glorioso Real Club Celta de Vigo. Todo é posible, máxime cando estamos a falar dun torneo onde os anos (e os kilos) poden causar unha avería no momento menos oportuno. Cada ano máis.

{xtypo_rounded_right2}

CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Frío Darío 6 - 18
2-Pto. Arnela 7 - 18
3-Cerdeimar 6 - 10
4-P. León-Brialex 7 - 10
5-Kerubín 6 - 8
6-Carp. Alberto 6 - 7
7-Bar Gaviota 6 - 6
8-Const. Mantido 6 - 4
9-Carniceria Pilar 6 - 0

GOLEADORES
Nando (Frio Dario) 14
Rubio (Pto. Arnela) 13
Elvis (Frio Dario) 11
Martín (Gaviota) 10
Piché (Mantido) 10
Manuel (Pan. León) 10
Alberto (Kerubín) 9
Chocolate (Kerubín) 9

XORNADA 8ª

16:00 C.Alberto-Cons. Mantido
17:00 Frío Darío-Cerdeimar
18:00 Kerubín-Pto.Arnela 
19:00 Bar Gaviota-C.Pilar
Descansa P.León/Brialex

{/xtypo_rounded_right2}

COPA DE FÚTBOL SALA DE VETERÁNS AS BALEAS

PANADERÍA LEÓN-BRIALEX 1-1 CERDEIMAR
Partido moi igualado de principio a fin, onde finalmente houbo reparto de puntos no casilleiro. KiKo foi o goleador do P.León e Diego anotou por parte do Cerdeimar. Destacaron KiKo e Chupito por parte do P. León e Perilla e Ramiro porCerdeimar.

KERUBÍN 10-1 CARNICERÍA PILAR
Partido no que o Kerubín non encontrou rival diante do C. Pilar. Alberto 5 goles, chocolate 3 goles, Fran 1 gol e Manu 1 gol anotaron por parte de Kerubín. José Manuel foi o goleador do Carnicería Pilar. Destacaron Alberto e Chocolate por un bando e Zacarías e José Manuel polo outro.

CARPINTERÍA ALBERTO 3-8 FRIO DARÍO
Era o partido da xornada, un encontro no que o Carpintería Alberto parecía que ía a tumbar ao líder vendo o resultado do primeiro tempo. Pero todo cambiou una segunda metade e o líder, o Frio Darío, pasou coma un ciclón por enriba dun C. Alberto que se veu superado por tódolos costados. Víctor 2 goles e Tono (Toribio) 1 gol, foron os goleadores de C. Alberto. Por parte do Frio Darío marcaron Nando 3 goles, Elvis 2 goles, Arturo 1 gol, Vidal 1 gol e Dario 1 gol. Destacaron Víctor e Tono (Toribio) por un lado e Nando e Vidal polo outro.

BAR GAVIOTA 0-2 PUERTO ARNELA
Partido no que o Bar Gaviota puxo en máis de un apreto ao actual segundo clasificado. Pero finalmente o mayor potencial do Puerto Arnela impúxose ante un rival incómodo. O Rubio e Manolo con un gol cada un foron os goleadores do Puerto Arnela. Destacaron Cardeso e Manolo Bajeras por parte do Bar Gaviota e Manolo e Diego polo Puerto Arnela.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.