1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O banquiño do Xaviña contempla desolado o duro correctivo infrinxido polo EsteiranaPois non cabe calificar como de boa a derradeira xornada ligueira para os conxuntos apadrinados por camarinas.eu. Facendo boa a predicción realizada cunha seguridade pasmosa por Juanillo ao longo da semana anterior, o Ponteceso efectivamente saío derrotado de Sofán pero o Camariñas cun empate ante o Muros deixou para máis adiante o asalto definitivo ao liderato da 2ª Rexional. O Porteño cunha derrota ante o potente Fisterra acercouse un pouco máis ao abismo e por último queda o triste deambular do Xaviña pola 3ª Rexional. Tal vez haxa de fixarse no exemplo do Real Club Celta de Vigo, o cal cunha plantilla prácticamente calcada a deste ano e formada nun elevado porcentaxe por xente xoven e da terra, se o ano pasado estivo a pieuqes de descender de categoría, agora surca triunfalmente os campos da 2ª División cun fútbol de calidade. A dieferencia ven marcada por ese ano inciático, de transición, necesario para que uns rapaces formados ao calor da canteira de A Madroa adquirisen a experiencia e oficio necesario para devolver a un histórico do fútbol español á categoría que lle corresponde. Tal vez a vindeira tempada sexa a dos éxitos do Xaviña FC.

CERCEDA 0-1 NEGREIRA 
Voltamos a perder ante a bestia negra nosa, o Negreira, nun partido no que xogamos moi mal, pero a pesar diso, enviamos 2 balóns ao longueiro e anuláronnos un gol que nas imaxes da T.V.G. pódese comprovar que era legal. A candidatura e máis que posible elección de Jose Liñares, Alcalde de Cerceda, como presidente da Federación Galega de fútbol, estanos a pasar factura coas arbitraxes.

Pinchazo o que tivemos na casa que tras as victorias dos nosos perseguidores, Ferrol e Ourense, agora a diferencia é de 6 e 9 puntos respectivamente. Non hai que alarmarse, un mal dia teno calquera e a pesares de que pola zoa de Ferrol queren meter presión co tema de que estamos nun bache e demais, non nos vai afectar nin o máis mínino. A vindeira xornada tocaranos descansar, polo tanto os nosos rivais pódense acercar a 3 e 6 puntos respectivamente, pero eles aínda teñen que descansar.

MUROS 1-1 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas en Muros ante un equipo que está sendo dos mellores nesta segunda volta e que lles serve aos de Manolín para acortar diferencias có líder o Ponteceso, que como ben decíamos na anterior crónica iba a perder diante do Sofán como así foi, a pena foi que o Camariñas non conseguise os 3 puntos para empatar na táboa clasificatoria cós da Vila de Pondal.  Partido moi duro e bronco, no que os de Manolín tiñeron que remontar un gol moi tempraneiro do Muros. E como non, tivo que ser novamente o mellor xogador do torneo, Juan o Vello, quen no minuto 88 marcou o gol do empate tras un saque de falta dende a frontal da área. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Corme no Hermanas Patiño.

PORTEÑO 2-4 FISTERRA
Nova derrota do Porteño, desta vez ante o Fisterra, que fai que os de Gerpe estén máis lonxe da salvación. Recordamos que só baixan 2 equipos, agora mesmo o Porteño é terceiro pola cola, pero o máis que probable descenso do Zas, fai que de segunda descenda un equipo máis, e ese sería o Porteño. O Fisterra deixo sentenciado o partido no primeiro tempo, adiantouse 0-3, pero os da Ponte apelaron ao coraxe e a garra e conseguirían acortar distancias marcando Piti e Varela, parecía posible o empate, pero nunca contra o Fisterra deixaría sentenciado o encontro. A vindeira xornada o Porteño xoga ante o Esteirana. Ánimo ao Porteño, mentres haxa vida hai esperanza.

XAVIÑA 0-5 CERQUEDA
Mal partido do Xaviña que perdeu por cero goles a cinco ante un rival que está en boa posición clasificatoria. Está o Xaviña levando severos correctivos neste treito final de liga. Esperemos que a partires de agora poida seguir tendo opcións a gañar algún que outro partido. A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Laxe.

VETERÁNS: BAIO 1-4 CAMARIÑAS
Importantísima a victoria do Camariñas que serve para ampliar a ventaxa a 3 puntos con respecto ao descenso. Agora mesmo tamén está empatado a puntos co Vimianzo. A vindeira semana, o Camariñas xoga en Zas, sería importantísima unha nova victoria.

VETERÁNS: BUÑO 1-1 PORTEÑO
Empate do Porteño ante o segundo clasificado, o Buño nun partido onde o Porteño demostrou que non é inferior a ningún rival dos que están por arriba na clasificación. Seguen demostrando que nesta segunda volta, o Porteño é o mellor conxunto. A vindeira semana, o Porteño recibe ao Club do Mar no Hermanas Patiño.

AS BALEAS
Comezou o campeonato de fútbol 7, As Baleas participa en categoría Benxamín e Alevín, os Infantís sufriron unha nova inxusticia, non os deixaron inscribirse porque disque non o fixeron a tempo, en cambio outros clubes inscribiron equipos máis tarde e si os deixan participar. Xa vedes as inxusticias, o non ter o poder que teñen outros equipos, e non se da conta a organización de quen paga ao final son os nenos, os nosos infantís que non poden xogar, os nosos infantís que arrasaron na liga de fútbol sala… igual iso tamén tivo que ver, non queren ver aos nosos xogando porque así poderá gañar algún equipo deles.

ALEVÍNS: DUMBRIA 7-1 AS BALEAS
Partido trampa, pois o Dumbria fixo 2 equipos, nun puxo os rapaces de Dumbria e no outro, o que xogou contra As Baleas, xogaron rapaces de Santiago e arredores, fixeron unha selección para poder gañar, se iso é o que se lle quere inculcar aos nenos dende pequenos, que veña Deus e o vexa!!!. Perderon os nosos Alevíns coa cabeza ben alta, fáltalles coller ritmo aínda aos nosos que de seguro van a ir a máis. Ánimo rapaces!!!!

A vindeira xornada, As Baleas recibe ao Vimianzo. Será no Hermanas Patiño, ás 16:00 horas, xogarán os Alevíns e partires das 17:00 horas xogarán os Benxamíns.
Ese mesmo día hai un campeonato de Judo no pabellón, motivo polo cal, moitos rapaces das Baleas participan no Judo, Vi tivo que facer Encaixe de Bolillos para cadrar uns horarios que xa estaban previstos, pois ninguén informou de dito campeonato de Judo e os adestradores enteráronse polos propios pais. Esperemos que para a próxima vez haxa máis entendemento entre os organizadores de eventos deportivos e As Baleas.

Esto foi todo canto dou a xornada, un cordial saudo dende CAMARINAS.EU a tódol@s Usuari@s.

Engadir un comentario