A experiencia de todo un veterano do Vietnam como Vi triunfou sobre a xuventude de PichéAquí en camarinas.eu ademáis do Premio de Construcciones Costiñán ao Mellor Xogador e ao Máximo Goleador, estamos pensando en instaurar o "Premio ao Mellor Porteiro da Década dos 80". Sería aquel que premiase unha indumentaria constituida por unhas envellecidas e depauperadas botas de futbito (cor negra, nada de modernidades horteras), uns pantalóns de chándal largos acolchados nos laterais (imprescindible), unha camiseta de propaganda de calquer empresario autónomo da redonda con parte das letras xa borradas e, sobre todo, cunhas medias de cor rechamante subindo por encima do chándal cáseque ata as rodillas. Polo demáis, nestes tempos de arqueiros formados baixo o paraugas da canteira do balonmán, o típico porteiro dos 80 caracterízase por uns reflexos felinos e un desprecio suicida pola súa integridade física. Tradicionalmente, ese foi o modelo elexido para a súa portería polo actual líder da Copa e bicampeón de Liga, o Frío Darío, que antes con Fran (incluso Rolando si a situación o demandaba) e agora con Manel, recorda a través dos seus gardamallas o aire inesquencible daquelas mañáns domingueras ao aire libre na derruida pista de gravilla e carcomido asfalto do Pabellón  do Colexio O Areal. Aqueles campeonatos de futbito dos anos 80.

{xtypo_rounded_right2}

CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Frío Darío 3 - 9
2-Pto. Arnela 4 - 9
3-Carp. Alberto 4 - 7
4-Bar Gaviota 4 - 6
5-P. León-Brialex 4 - 6
6-Kerubín 3 - 4
7-Cerdeimar 3 - 3
8-Const. Mantido 4 - 3
9-Os Renegados 3 - 0

GOLEADORES
MARTÍN (Gaviota) 10
PICHÉ (Mantido) 8
RUBIO (Pto. Arnela) 7
MANUEL (Pan León) 7
GONZALO (Mantido) 7
FRAN (Carp. Alberto) 7
VICTOR (Carp. Alberto) 5
LUIS QUECHA (Carp. Alberto) 5
DARÍO (Frío Darío) 5

XORNADA 5ª
16:00 C.Mantido-Kerubín
17:00 Cerdeimar-Gaviota
18:00 Pto.Arnela- Carn. Pilar
(ex Renegados)
19:00 Frío Darío-P.León/Brialex
Descansa C.Alberto

{/xtypo_rounded_right2}


LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA “AS BALEAS”
Antes de nada, decir que seguirei facendo as crónicas deportivas desta web, debido a que ós “jefes” non lles importa que eu decidira meterme no PSOE, como ben din, cada un ten as súas ideas e punto. Vou a seguir como sempre, falando de deporte que é o que verdadeiramente importa. Pola miña parte, encantado de seguir.

FRIO DARÍO 6-3 BAR GAVIOTA
Partido no que o Frio Darío foi superior a un combativo Bar Gaviota. Nando con 2 goles, Elvis con outros 2, Arturo e Darío con 1 , foron os goleadores do Frio Darío. Por parte do Bar Gaviota marcaron Ámeal 2 goles e Modesto 1. Destacaron Nando e Elvis por un bando e Ámela e Martín polo outro.

CONTRUCCIONES MANTIDO 6-10 PUERTO ARNELA
Partido de ataque total onde houbo un total de 16 goles, e puido haber moitos máis. Ao final o Puerto Arnela levouse o gato a auga. Por parte do Cons. Mantido marcaron, Gonzalo 3 goles, Javier 1 e Piché 2 goles. Polo Puerto Arnela os goleadores foron, O Rubio con 4 goles, Roskilleiro 4 goles, Manolo 1 gol e Carliños que debutaba na competición sendo o xogador máis novo do torneo, marcou outro gol. Destacaron Gonzalo e Luis por parte do Cons. Mantido e O Rubio e Vi por parte do Puerto Arnela.

CARPINTERÍA ALBERTO 7-2 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Empezan a furrular os do Carpintería Alberto que parece que tras as 2 primeiras xornadas nas que non raiaron a bon nivel, agora semella que teñen as máquinas engrasadas e están goleando aos seus rivais. Marcaron por parte do Carpintería Alberto Víctor 2 goles, Luis de Quecha 2 goles, Fran 1 gol, Alberto 1 gol e outro en propia porta. Por parte do P. León-Brialex marcaron Alberto un gol e Manuel outro. Destacaron Víctor e Luis de Quecha por un lado e Alberto e Kilo por outro.

KERUBÍN 5-1 CERDEIMAR
Victoria fácil do Kerubín ante un Cerdeimar que non está en boa racha. Os goleadores do Kerubín foron Chocolate 2 goles, Coco 1 gol, Manu 1 gol e Alberto outro gol. Por parte do Cerdeimar, o gol foi obra de Juan do Xacobo. Destacaron Chocolate e o Coco por parte de Kerubín e Perilla e o Moro por parte de Cerdeimar.

Engadir un comentario