4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (12 Votes)

Espectacular Víctor Vigo

Víctor Vigo antes de marchar de Camariñas xa foi profeta na súa terra
Víctor Vigo antes de marchar de Camariñas xa foi profeta na súa terra

As cousas non podían ir peor. No Palau de Sports de Granollers presentíase outra derrota (e sería a séptima) do CB Teucro. O adestrador do colista da Liga Asobal, o pontevedrés Víctor "Pillo", xa sentía perigar o seu posto, pero entón mirou para o banquillo e alí, nun rincón, atopou a solución nun xove rapaz de 23 anos chegado do lonxano norte, da Costa da Morte, de Camariñas: Víctor Vigo.

Consciente da súa responsabilidade, en frío, a pesares de que ata o de agora non era titular saltou Víctor ao campo. E ahí empezou un auténtico recital do camariñán, contra o que todos os intentos do C.B. Granollers de neutralizalo, incluida unha defensa mixta, foron infructuosos. O número 8 do Teucro converteuse no auténtico líder do seu equipo levando en volandas ata a victoria sobre o Granollers 25 - 27, cun rexistro persoal de 7 goles, converténdose por elo no máximo goleador do partido. Pero bueno, sendo de Camariñas ¿que outra cousa se podía esperar? Víctor, integrante de esta nova xeración de Camariñáns que por dereito propio están a brilar especialmente, dará que falar. Xa o di camarinas.eu: Os camariñáns son xente de un talento innato, fan que un pobo coma Camariñas estexa sempre na primeira liña de combate.

Extracto do Diario de Pontevedra do Luns 5 de novembro de 2007
Extracto do Diario de Pontevedra do Luns 5 de novembro de 2007


 

Comentarios   

Mikel
+1 # Mikel 05/11/2007 22:31
Sorte Victor,,,feeeee erro,,,aproveit a este tren que che brinda a vida,,,,,,,,,un camariñán
Responder | Denunciar ante o administrador