1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova victoria esta semana dun FC Camariñas que segue adiante ca súa imparable rachaPoucas veces en toda a súa historia terá o Concello de Camariñas á súa disposición un concelleiro máis digno. Este pasado venres 11 de febreiro a Agrupación Local do PSdeG-PSOE aprobaba a súa lista electoral e facíase público a inclusión na mesma, co número 3, de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo. Desta forma os socialistas camariñáns asegurábanse a fichaxe dunha persoa formada, cun grado de preparación óptimo, experta coñecedora da realidade do Concello, cunhas cualidades humanas difícilmente igualables, alguén en definitiva chamado a ennoblecer o carácter do cargo político. A redaccion de camarinas.eu dende o respeto máis absoluto a unha decisión lexitima quere: en primeiro lugar, felicitar ao noso compañeiro de redacción pola inclusión nas listas do partido do que el e a súa familia foron sempre firmes simpatizantes e desexarlle sinceiramente a mellor das sortes no difícil camiño emprendido; en segundo lugar, reiterar a nosa eterna gratitude por todo o seu  esforzo desinteresado realizado nestes derradeiros a prol da web do seu pobo da alma; en terceiro lugar, facer público que foi un orgullo e un honor ter ao noso carón durante todo este tempo a unha persoa de semellante valía; e finalmente, por entender que a independencia e neutralidade de camarinas.eu en nada se ve empañada polo futuro político de Juanillo, pregarlle que reconsidere na medida do posible a decisión adoptada: esta é unha web libre, plural,  que non rinde contas a ninguén, os seus redactores son libres de posuir (e expresar) as ideas políticas que lle veñan en gana. En todo caso, as portas desta a súa casa sempre as terá abertas e tratándose de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, a opción que elixa, sempre será a mellor posible. .

ORDES 0-2 CERCEDA
O Cerceda de Juanillo segue contando os seus partidos por victorias, esta vez tocoulle gañar no derbi disputado en Ordes. Fixo con autoridade, gañando por cero goles a dous e deixando claro quen é o líder da Terceira División do grupo 1. Manu Barreiro que segue sen fallar na súa cita co gol e Joselu, foron os autores dos goles. Segue líder o Cerceda, a distancia co Ferrol é de 9 puntos e agora o Ourense, terceiro clasificado está a 12. A próxima xornada, o Cerceda recibe no seu campo ao Negreira.

CAMARIÑAS 3-0 CLUB DO MAR
Victoria do Camariñas que foi máis difícil do que mostra o marcador. Partido moi disputado no que os de Manolín tiveron máis tino de cara porta contraria. Se hai un xogador que non falla nos partidos importantes, ese é Juan o Vello, quen no último minuto do primeiro periodo, marcou o gol clave do encontró. Javi e Brais que leva una racha moi boa de goles, foron os outros goleadores da tarde.
Non quer perder a estela do Ponteceso o Camariñas, que semana tras semana está esperando un pinchazo dos da Vila de Pondal que pode chegar a vindeira xornada, pois visitan Sofán, un campo no que van a perder seguro. O Camariñas pola contra tamén terá una difícil saida, xogará en Muros, onde reside un Camariñán de pro, o mítico Pino, que se non está nevegando, seguramente irá a ver aos nosos.

O PINDO 2-1 PORTEÑO
Roubo monumental o que sufrió o Porteño fronte ao Pindo. Non é normal o que está a acontecer có Porteño esta tempada, pois as actuacións arbitrais están “matando” a un conxunto que non merece semellante trato arbitral ¡¡¡XA ESTÁ BEN!!!!.
¿Como pode un colexiado dar gol, deixar que se celebre e despois porque lle protestan os locais o anula? Esa pregunta é a que se fai todo o mundo, pero bueno, como o Porteño nunca protesta, pois hai que quitarlle o que gana no campo. Ese gol sería o 1-2, e o Porteño fallara una pena máxima, e o conto cambiaría, pero parece que os señores de negro non queren que o Porteño esté en segunda rexional. Hai vida e hai esperanza, e o Porteño loitará ata o final. A vindeira semana o Porteño recibe ao Fisterra.

AT. PEREIRIÑA 4-0 XAVIÑA
Non está a ser un bo final de tempada para o Xaviña en tanto a resultados se refire. Esta xornada voltou a perder contundentemente ante o Pereiriña. A vindeira xornada, o Xaviña recibe ao Cerqueda, un dos galiños da categoría.

VETERÁNS: XUV. BERGANTIÑOS 6-0 CAMARIÑAS
Só xuntaron 8 xogadores o Camariñas, e así non se pode facer nada. Só un punto por enriba do Cabana que é o que marca o descenso. A vindeira semana o Camariñas xoga en Baio.

VETERÁNS: LEILOIO 1-2 PORTEÑO
Victoria pola mínima do Porteño diante do Leiloio por 1 gol a dous. Segue imparable nesta segunda volta o Porteño que a vindeira xornada visitará ao Buño. O cuarto e quinto clasificado xa están a tiro de pedra do Porteño.


Engadir un comentario