1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Elvis e Darío dous dos puntais do novo líder da Copa, vinculados por contrato para as vindeiras catro tempadas

Coa crónica desta xornada da liga de veteráns, quixera poñer o meu punto e final, ou quen sabe, queda mellor un punto e seguido, a miña colaboración con esta web. O motivo principal, ou mellor dito, o único motivo que me leva a abandoar a redacción de deportes de Camarinas.eu é que me decantei por involucrarme nun proxecto político, como todos sabedes, vou de número 3 na lista do PSdeG-PSOE Camariñán.

Como esta humilde web, a pesar do que algúns pensen, non está relacionada con ningún partido político, sempre se mostrou neutral, apostando única e exclusivamente por informar, fose destacando ou criticando traballos, proxectos, obras…, mantívose sempre ao marxen de conflictos políticos, sen meter baza, que ao mellor era o que tiña que facer vendo como actúan outros, decido abandoar a colaboración con Camarinas.eu para que non se tache a Diego e a Marcos do que non son, para que non digan que son partidistas, e así, poidan continuar como ata o de agora, sendo fieis a sí mesmos e contando todo sen nengún tipo de traba.

Quero dárllelas grazas a Marcos e a Diego por deixarme formar parte deste fermoso proxecto, o de camarinas.eu, a web líder, si señores/as, líder da costa da morte e das primeiras da provincia da coruña, todo un exemplo para moitos. Grazas a todos e ata outra ocasión.

CONSTRUCCIONES JOSÉ ANTONIO DE CERCEDA PATROCINA A XORNADA.

{xtypo_rounded_right2}

CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Frío Darío 2 - 6
2-Pto. Arnela 3 - 6
3-Bar Gaviota 3 - 6
4-P. León-Brialex 3 - 6
5-Carp. Alberto 3 - 4
6-Cerdeimar 2 - 3
7-Const. Mantido 3 - 3
8-Kerubín 2 - 1
9-Os Renegados 3 - 0

GOLEADORES
MARTÍN (Gaviota) 10
DARÍO (Frío Darío) 4
VI (Pto. Arnela) 3
RUBIO (Pto. Arnela) 4
PERILLA (Cerdeimar) 3
LUIS QUECHA (Carp. Alberto) 3
MANOLO (Pto. Arnela) 3

XORNADA 4ª
16:00 Gaviota-Frío Darío
17:00 Pto.Arnela-C.Mantido
18:00 C.Alberto-P.León/Brialex
19:00 Cerdeimar-Kerubín
Descansa Os Renegados

{/xtypo_rounded_right2}


CARPINTERÍA ALBERTO 4-1 CARNICERÍA PILAR (RENEGADOS)
Partido no que o Carpintería Alberto conseguío a súa primeira victoria desta edición da copa. Os goleadores foron Faus un gol, Fran dous goles e víctor 1 gol por parte de carpintería alberto. Zacarías foi o autor do gol do Carnicería Pilar. Destacaron Víctor e Faus por un bando e Zacarías polo outro.

BAR GAVIOTA 7-5 CONSTRUCCIONES MANTIDO
Partidazo o que disputaron ámbolos equipos no que ao final o Bar Gaviota levouse o gato a auga. Martín con 6 goles e Manolo Bajeras con un gol foron os goleadores do bar gaviota. Piché con 2 goles, Gonzalo con outros 2 e Javier con 1 marcaron por parte de Cons. Mantido. Destacaron Martín e Manolo Bajeras por parte do Bar Gaviota e Pché e Gonzalo por parte do Cons. Mantido.

PUERTO ARNELA 2-4 FRIO DARÍO
Era o partido da xornada no que saleu gañador o Frío Dario. O rubio e Jamela marcaron polo bando do puerto arnela e nando, darío, lito e arturo con un gol cada un foron os goleadores do frío darío. Destacar a actuación de jamela e o rubio polo Puerto Arnela e Nando e Manel, que dou unha lección de estar debaixo da portería, destacaron por parte do frio darío.

KERUBÍN 5-6 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Partido que tivo un resultado moi apretado debido a igualdade de ámbolos conxuntos. Chocolate con un gol, manu con 2, alberto con 1 e Chocolate de Arou con outro gol, foron os goleadores do Kerubín. Alberto con 1 gol, Kiko con outro e Manuel con 4 goles, marcaron por parte do pan. León-brialex destacaron Manu e Alberto por bando do Kerubín e Manuel e Alberto por bando do Pan. León-brialex.

{xtypo_alert}INXUSTIZA: O equipo infantil de Futbol 7 As Baleas non poderá competir{/xtypo_alert}

O vindeiro fin de semana comeza a liga de fútbol 7 onde As Baleas volta a ser o noso equipo representatitvo. Comezarán os alevíns xogando en dumbria, mentres que os benxamíns descansarán. Os infantís non poderán participar porque din que non se inscribiron a tempo, cando outros equipos, digamos o dumbria por exemplo, inscribiu aos seus equipos máis tarde e si os admitiron. Digo eu, sendo mal pensado, será que os infantís das baleas arrasaron no campeonato de fútbol sala e non queren que volten a facer o mesmo no campeonato de fútbol 7??.

¡¡SEXA COMO SEXA, É UNHA INXUSTICIA!! UNHA INXUSTICIA QUE DEIXA A MOITOS RAPACES SEN FACER O QUE MÁIS LLES GUSTA QUE É XOGAR AO FÚTBOL. ÁNIMO RAPACES E ADESTRADE QUE TEREDES OPORTUNIDADES DE DEMOSTRAR A VOSA VALÍA.

Comentarios   

manti
0 # pichemanti 19/02/2011 15:10
nos pichichis non aparese piche e leva 7 goles,acordadev os dos pobres tamen
Responder | Denunciar ante o administrador