1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os Leóns,o novo equipo chegado directamente dende o histórico Campo do Cotro

Por algunha estrana razón, en Camariñas o nome de Luis sole ir adherido a algunha especie do reino animal. Aquí temos un Luis do Pulpo, un Luis dos Cabalos ou un Luis De León. Precisamente este último acaba de ser noticia por mor dun apelido tradicionalmente asociado nestas terras á ideoloxía socialista. Porque De León son tanto a fémina da que contan que foi a primeira en posuir un carnet do PSOE no noso concello, Mª del Carmen Caamaño De León, Carmucha, como o mesmísimo alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso De Leon, Pichurri. E foi precisamente o seu primo e residente en Buría Luis o que acaba de patrocinar un novo equipo de fútbol na nosa vila que toma o seu nome do apelido do seu mecenas: OS LEÓNS, equipo nacido no máis histórico dos estadios da Costa da Morte, O Cotro, que conta con equipación e escudo propio e que a partir de agora disporá dunha tarde á semana no Pabellón Municipal para practicar o deporte que máis lles gusta aos seus integrantes, o fútbol. O primeiro encontro oficial xa o disputaron recentemente contra un combinado de As Baleas, o outro gran exemplo de esforzo desinteresado a prol do deporte en Camariñas, deixando para o recordo ademáis dun fútbol de calidade unha amplia galería fotográfica que camarinas.eu publica encantada. A ver chavales, imos ver si toda esa calidade ten algun día saída a través de calqueira dos nosos tres clubs federados. ¡¡ÁNIMO E SORTE!!

BERGANTIÑOS 0-1 CERCEDA
Non foi un bo partido o que xogamos en Carballo, máis ben, un dos peores que recordo esta tempada, pero como finalmente o que conta son os resultados, témonos que dar por satisfeitos, posto que son 3 puntos de ouro que nos serven para ampliar a distancia co segundo clasificado, agora é o Ferrol o que está segundo a 7 puntos e o Ourense tras perder contra o Somozas é o terceiro clasificado a 9 puntos de nós.
Do partido pouco que falar, mereceu máis o Bergantiños que na primeira metade errou nas ocasións que tivo, e iso no fútbol acábase pagando. Eran os minutos finais cando Manu Barreiro, o máximo goleador da categoría, pescaba un balón dentro da área e batía ao gardarredes Carballés, o único tiro a porta do Cerceda en todo o encontro que nos vale para sumar 3 puntos.
Tivo consecuencias a derrota en clan Bergantiños, pois Varela Bardanca deixou de ser o adestrador e chega para facerse cargo do equipo Oreiro. Situación complicada a do conxunto Carballés que actualmente é o penúltimo clasificado. A vindeira xornada teremos un partido difícil, recibimos ao Alondras, un conxunto que está pelexando por entrar en postos de liguilla de ascenso.

BAIO 0-3 CAMARIÑAS
Como un resorte pasou o equipo de Manolín por Baio onde venceu contundentemente por cero goles a tres. Decir que o Baio que adestra formidablemente o camariñán Tono do Atlántico, contaba con numerosas baixas e tivo que botar man de moitos  xogadores xuvenís. O Camariñas está a demostrar que vai a loitar ata o final por esa primeira posición da táboa clasificatoria, e demostrouno saindo a gañar o encontro en Baio dende o pitido inicial. David e Mané en duas ocasións, foron os goleadores do encontro. Recorta distancias o Camariñas ao Ponteceso xa que este último só puido empatar o seu encontro ante o Club do Mar, agora a distancia é de 3 puntos. A vindeira xornada, o Camariñas xogará en Carnota.

PORTEÑO 0-3 BUÑO
Mazazo o que levou o Porteño de Gerpe nun encontro onde o resultado é moi enganoso, pois o Porteño mereceu moita mellor sorte e onde a actuación arbitral, deixou moito que desexar, influeu notoriamente no transcurrir do encontro e no resultado final. A clave estivo no primeiro gol do Buño, nada máis iniciar a segunda metade, onde o árbitro pita penalti e expulsión en contra do Porteño. Incluso en inferioridade, o Porteño acabou con 9 homes, os de Gerpe tiñeron ocasións para empatar o encontro, e só nos minutos finais o Buño sentenciou o choque con 2 goles máis. Segue o Porteño nas derradeiras posicións da táboa clasificatoria e necesita victorias urxentemente paraescapar deses postos, unha victorias que de non ser polas actuacións arbitrais, o Porteño tería conseguido en máis de unha ocasión. A vindeira xornada, o Porteño recibe no Hermanas Patiño ao Baio.

MUROS B 2-4 XAVIÑA
Chegou a primeira victoria a domicilio do conxunto Xaviñán, os primeiros puntos como visitante conseguiunos o Xaviña en Muros ante o filial local. Gran partido dos homes de Uxío que tiñeron que remontar un resultado adverso, pois o Muros B adiantaríase no marcador, pero os goles de Carlos do Meu Lar, Elvis, Dani e Chiribí, conseguiron remontar e gañar un encontro con todo merecemento. Tres puntos que serven para que o conxunto que preside Isaac, suba algunha posición na táboa clasificatoria. A vindeira xornada, o Xaviña recibe no Hermanas Patiño ao Outes.

XUVENÍS: BERGANTIÑOS B 3-2 CAMARIÑAS

Derrota pola mínima dos rapaces do Camariñas en Carballo ante o Bergantiños B nun partido onde venderon cara a derrota. Está sendo unha tempada moi irregular e mala en canto a resultados, esperemos que o Camariñas poda rematar a liga cunha victoria na última xornada onde recibe ao Cabana.

VETERÁNS: PONTECESO 3-1 CAMARIÑAS
Mal se están poniendo as cousas neste tramo final de liga para un Camariñas que voltou a perder, desta vez en Ponteceso por 3 goles a 1. Teodoro foi o autor do gol do Camariñas, un Camariñas que se vai xogar parte do seu futuro no próximo encontro onde recibirá ao Cabana, un conxunto que está situado por detrás dos nosos na clasificación e polo que a victoria será de vital importancia.

VETERÁNS: CORCOESTO 2-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño ante un dos equipos que loitará por ascender de categoría. Vendeu cara a derrota o Porteño pese a todo e ata os instantes finais loitou por empatar o encontro. Pese a esta derrota, o Porteño é o mellor conxunto desta segunda volta e ten que seguir confirmándose no que resta de campeonato como o auténtico equipo revelación desta segunda metade de campeonato. A vindeira xornada, o Porteño xogará en Coristanco.

NOTA:
Chegou a nosa redacción unha carta remitida a nós por parte duns rapaces camariñáns onde querían que contáramos a creación dun novo equipo de chavales que ten toda a ilusión do mundo por xogar ao fútbol, e aquí estamos nós, para que se sepa destes rapaces, da existencia do seu equipo, porque en CAMARINAS.EU, todos son importantes, dende os nenos ata os maiores, non temos intereses de ningún tipo e podemos presumir de iso, tódalas noticias creemos que son importantes, e máis cando veñen dos máis novos. Aquí non publicamos según nos conveña. Por todo iso, aquí podedes ver o que estes rapaces nos enviaron.
Recentemente, un grupo de rapaces decidiron reunirse cada fin de semana tanto na praza de San Xurxo como no “Estadio de O Cotro” para facer o que máis lles gusta que é xogar ao fútbol. Esto non pasou desapercibido para un pai camariñán, veciño de Buría: Luis De León, quen decidiu comprarlles unha equipación como era debido para todos eles. Todo un detalle por parte de Luis De León que merece ser destacado. Tamén o Concello de Camariñas e o F.C. Camariñas, colaboraron para que estes rapaces se poidan xuntar e xogar como o viñan facendo pero utilizando os sábados pola tarde, concretamente as 16:00 horas, o Pabellón Municipal.
Como todo equipo ten un nome, os rapaces decidiron chamarlle “ OS LEÓNS “. O rapaz que tivo a idea foi Jordi de León, un rapaz de 14 anos que xa
leva xogando ao fútbol e ao balonmán dende fai varios anos. O plantel ao completo está formado por: Jordi de León (capitán), Eusebio, Martín, Fabio, Sergio, Sergi do London, Javi, Ruí, Ángel, Daniel, Anxo e Iván. Dende CAMARINAS.EU queremos desexarlle toda a sorte do mundo para estes rapaces que forman o equipo de "OS LEÓNS".
{phocagallery view=category|categoryid=524|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Javichu-14
0 # RE: A Xornada de Juanillo 30-01-2011Javichu-14 02/02/2011 20:36
Que panda de iniestas!!! Haber diego vai preparando a camara que po ano vamos pa fubol 11 a arrasar......ja jajja......muit a foto a os iniestas xojando pero a o xavi do equipo xojando nada....jajajaja

VEÑA SALUDOS A TODOS!!
Responder | Denunciar ante o administrador