1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Búscase sucesor para o Expert Ameal como campeón da Copa da Liga de Viejas Leyendas

Arrancou este derradeiro domingo do mes de xaneiro a segunda edición da Copa da Liga de Veteranos de Camariñas. E faino a semellanza do acontecido na liga regular baixo o patrocinio da Asociación As Baleas, con novos equipos, con novas denominacións e con fichaxes estrela no mercado invernal, algunha delas superior por orzamento incluso ás tres recentes adquisicións do Deportivo da Coruña xuntas. En camarinas.eu decidimos seguir o exemplo duns equipos que tiraron literalmente a casa pola ventana nunha carreira de gastos de conscuencias impredecibles e buscamos un sponsor, CONSTRUCCIÓNS JOSÉ ANTONIO “COSTIÑÁN” de Cerceda, disposto a patrocinar os dous trofeos que virán a premiar ao máximo goleador e ao mellor xogador do gran torneo copeiro de masas da Costa Atlántica. E pasando revista cada semana ao acontecido no Pabellón de O Areal, a voz máis autorizada, a dun dos maiores coñecedores do universo futbolístico da Costa da Morte, a do mellor xogador da súa historia: Juan Manuel Cabrejo Pasantes.

{xtypo_rounded_left2}

CLASIFICACION

Equipo-Partidos-Pts
1-Pto. Arnela 1 - 3
2-Cerdeimar 1 - 3
3-Frío Darío 1 - 3
4-Bar Gaviota 1 - 3
5-Carp. Alberto 1 - 0
6-Const. Mantido 1 - 0
7-Os Renegados 1 - 0
8-P. León-Brialex 1 - 0
9-Kerubín 0 - 0

XORNADA 2ª

16:00 Pto.Arnela-Cerdeimar
17:00 Carp.Alberto-Kerubín
18:00 C.Mantido-Os Renegados
19:00 P.León-Brialex-Gaviota

GOLEADORES

VI (Pto. Arnela) 3
MARTÍN (Gaviota) 3
DARÍO (Frío Darío) 3
PERILLA (Cerdeimar) 3
TITO (Pto. Arnela) 2
ELVIS (Frío Darío) 2
LUIS QUECHA (Carp. Alberto) 2
PICHÉ (Cons. Mantido) 2
JOSE DE SELSA (Cerdeimar) 2
RAMIRO (Cerdeimar) 1
ZACARÍAS (Os Renegados) 1
MODESTO (Gaviota) 1
SANTALLO (Gaviota) 1
FRAN (Carp. Alberto) 1
NANDO (Frío Darío) 1
MANOLO (Pto. Arnela) 1
JAMELA (Pto. Arnela) 1
RUBIO (Pto. Arnela) 1

{/xtypo_rounded_left2}
Acaba de comezar a COPA DA LIGA de Veteráns de Fútbol Sala As Baleas. Comeza una nova edición de copa, concretamente a segunda e vaia maneira de comezar,¡a todo gas! Os equipos son 9, hai un máis que na liga, e todos eles reforzáronse con xogadores procedentes dos diferentes cornechos do Concello. Lembrar que o gañador da primeira edición foi o EXPERT AMEAL, veremos quen será o sucesor nesta edición. Por todo iso, preséntase una copa do máis interesante, trepidante, divertida, competitiva…i esperemos que deportiva, pois só se trata dun pasatempos, de facer deporte, e de gañar claro está, pero nada máis que iso, ao final, todos nos coñecemos e todos somos veciños, por iso dende CAMARINAS.EU queremos que cada equipo aplique a máxima deportividade consigo mesmo, cos rivais, co ábitro e ca organización.

CAMARINAS.EU querse involucrar de cheo con esta COPA de Veteráns As Baleas, e para ilo, dende a web máis visitada da redonda, a de ideas propias, e por suposto, INDEPENDENTE, queremos anunciar que CAMARINAS.EU xunto ao novo colaborador da nosa web CONSTRUCCIÓNS JOSÉ ANTONIO “COSTIÑÁN” de CERCEDA, vai facer entrega ao final da Copa da Liga, dous trofeos, un para o MAXIMO GOLEADOR e outro para o MELLOR XOGADOR DO TORNEO, para este último, a elección farase polo acordo ao que cheguen tres persoas que pertencen ou colaboran coa web,(eu, Juan Cabrejo, non participarei na elección), e que asiduamente acoden ao pabillón municipal para ver o desenrolo dos partidos. Que gane o mellor e que reine a deportividade!!!.

PRIMEIRA XORNADA
PUERTO ARNELA 8-0 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX

Partido dominado claramente polo Puerto Arnela que acabou goleando ao Xaviña. Vi con 3 goles, Tito con 2 e Jamela, Rubio e Manolo con un cada un foron os goleadores. Destacou Vi polo Puerto Arnela e Suso do Chupito polo Panadería León-Brialex.

FRIO DARÍO 6-2 CONSTRUCCIÓNS MANTIDO
Duro partido que se decidiu na segunda metade. O desgaste fixo mella no Construcciones Mantido. Os goleadores foron, Dario con un hat-trick, Elvis 2 goles e Nando con un por parte do Frio Darío e Piché anotou os 2 goles do Const. Mantido. Destacaron Darío polo Frio Darío e Parranda polo Const. Mantido.

OS RENEGADOS 1-6 CERDEIMAR
Partido no que gañou claramente o Cerdeimar ante uns Renegados que lle puxeron gañas pero pouco poideron facer. Perilla con 3 goles, Jose de Selsa con 2 e Ramiro con 1 , foron os goleadores de Cerdeimar. Zacarías anotaría o gol dos Renegados. Destacaron Zacarias por parte dos Renegados e Perilla por bando do Cerdeimar.

CARPINTERÍA ALBERTO 3-5 BAR GAVIOTA

Partido disputado de poder a poder entre os antiguos Boliños, agora chamados Carpintería Alberto e o Gaviota, onde estes últimos remontaron un resultado adverso de 1-3. Luis de Quecha con 2 goles e Fran con 1 foron os goleadores por parte do Carpintería Alberto. Polo Bar Gaviota, Martín con 3, Modesto con 1 e o Santallo que é o porteiro con outro gol, foron os goleadores do Gaviota. Destacou Luis de Quecha por parte do Carpintería Alberto e Martín por parte do Gaviota.

Descansou o Kerubín.




 

Engadir un comentario