1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Ao final do partido Monchiño fui manteado polos seus compañeiros para celebrar o seu cumpreanos

Este sábado o Conservas Boya confirmou as suas opcións a loitar por algo grande esta tempada o gañar por 27 a 21. Ainda que na mais se leven tres encontros desta segunda fase, o Balonman Camariñas está situado coma colider da competición con 5 puntos e o mais importante, ca confianza de ter un aspecto do xogo no que e superior os rivais, a defensa. A defensa dos locais voltou a ser ante o Calipavi Novás un seguro de vida, unha muralla infranqueabre ante a cual os visitantes estrelabanse unha e outra vez, un pequeno axuste na portería desencadenou o despegue local no marcador ate os 6 goles arredor do minuto 15 de xogo, alguns erros o variar o sistema defensivo e algunhas precipitacións en ataque provocaron o achegamento dos rivais ate os dous goles, para rematar esta primeira mitade cunha diferencia de tres a prol dos locais, ainda ca diferencia no marcador era irrisoria ca diferencia no xogo dos dous equipos.

Principiou a segunda  mitade cun Boya decidido a pechar o encontro canto antes e de novo apoiados nunha excelente defensa foi aumentando paulatinamente as distancias no marcador ate chegar os 8 - 9 goles a falta de pouco menos de 10 minutos para o remate, as diferentes defensas intentadas polos visitantes non conseguian parar o ataque local e ainda que nalguns intres houbo intercambio de goles, o ritmo do encontro marcabao o Boya que xogaba moi cómodo e que chegaba os derradeiros minutos co encontro xa encarrilado.

Unha acción aislada onde un xogador visitante non aceptou ben unha falta táctica de Diego, e que se revolveu contra del, provocou unha lamentable tangana onde se perderon os papeis por ambos bandos, e mais tendo en conta que a falta de dous minutos e cunha diferencia de 7 goles o partido xa estaba decidido, e importante pensar en que representamos algo mais que a nos mesmos, que moitos menores están vendo o partido e que exemplos coma o de hoxe non son os mellores para eles, que o balonmán e un deporte de moito contacto, que e duro, pero no que destaca a capacidade de soportar situacións límite con deportividade, e debemos velar porque siga asi, e en vez de buscar desencontros, debemos buscar puntos de encontro e nunca votarlle leña o lume, en caso de votar algo que sea auga para apagalo.

Outros resultados:
Cadete Masculino:  Camariñas 26 Bueu 32
Xuvenil Masculino: Camariñas 23 Bueu 23

Engadir un comentario