1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Camarinas.eu ofrece o maior despliegue informativo posible acerca da xornada dos equipos camariñáns

A crónica que semanalmente escribe Juan Manuel Cabrejo Pasantes en camarinas.eu podería describirse como o compromiso dun home co pobo da súa alma, ca súa xente, con todos eses rapaces que en calqueira dos cornechos dun concello perdido nas inmensidades atlánticas lle dan patadas a un balón ca ansia de emular a quen o foi todo no deporte rei, a quen lles sirve de guía e exemplo despois dunha carreira profesional intachable, trátase do compromiso dun home que recén saído dun duro posperatorio e apoiado nas muletas que serán as súas fieis compañeiras nos vindeiros meses non faltou á cita semanal cos seus lectores. Por elo esta redacción quixo agradecerllo facendo un despliegue poucas veces antes visto cunhas reportaxes gráficas de preto de 200 fotos e dous vídeos duns encontros nos que a pantasma de Mr. Hyde sobrevolou o Hermanas Patiño este sábado facendo que o Xaviña FC mostrara no seu antes inexpugnable feudo a cara dos seus encontros foráneos ante un rival, o Independiente, que por momentos parecía o equipo con sede na Avenida Mitre 470 da cidade de Avellaneda e gañador de 2 intercontinentales, 7 libertadores, 3 interamericanas, 2 supercopas, 1 recopa e 14 ligas; no que o Camariñas fixo gala dunha eficacia típicamente madridista para desfacerse do Castriz pola mínima; e no que o Porteño dou a campanada vencendo en Vimianzo e facendo visionable o soño da permanencia. Unha semana máis o meirande, auténtico e único seguemento da xornada futbolística neste concello tan só en camarinas.eu.

CERCEDA 1-0 FERROL
Importantísima a victoria acadada ante o Ferrol por un gol a cero que fai que deixemos ao conxunto departamental a sete puntos máis o gol-average particular. Fomos moi superiores ao Ferrol durante todo o encontro, e o resultado foi curto para o que se veu no terreo de xogo. O gol foi en propia meta, un xogador do Ferrol quixo despegar e meteu o balón dentro da súa portería. Seguimos con paso firme, agora o segundo clasificado é o Ourense, un Ourense ao que lle sacamos 6 puntos de vantaxa. Non podemos baixar os brazos porque calquera equipo nos pode dar un susto e aínda quedan 15 xornadas por diante, pero é certo que as cousas pintan ben. A vindeira xornada temos derbi, xogamos en Carballo ante o Bergantiños, un Bergantiños que vai a poner todo da súa parte para derrotarnos.

CAMARIÑAS 1-0 CASTRIZ
Partido moi serio o do Camariñas de Manolín ante un duro rival que lle puxo as cousas moi difíciles ao Camariñas. Os de Manolín foron os dominadores do encontró pero non conseguiron materializar ninguna das ocasións das que dispuxeron ata os minutos finais do encontró, onde Juan o Vello apareceu una vez máis cando o seu equipo máis o necesitaba para marcar o gol da victoria. Juan o Vello é un deses xogadores que da a cara sempre e que aparece nos momentos máis difíciles como fan os auténticos cracks, un xogador que marca as diferencias. Tres puntos de ouro para un Camariñas que non quere deixar escapar ao Ponteceso e que sigue esperando un erro dos da vila de Pondal. A vindeira xornada, o Camariñas visita Baio, un Baio adestrado polo camariñán Tono do Atántico que xa lle gañou ao Camariñas na primeira volta.

VIMIANZO 0-1 PORTEÑO
Que si, que o Porteño vaise a salvar!!!. Sobresaliente a victoria dun Porteño que quere escapar dos postos perigosos ante un rival directo que tras esta derrota queda moi tocado. Os de Gerpe sabían a importancia deste partido e dende o primeiro momento foron a pola victoria, una victoria que chegou tras un gol de Iago. Segue a escalada o Porteño, que ten unha auténtica final a vindeira xornada ante o Buño, un rival que lle saca un puntiño aos homes de Gerpe. Polo tanto, esta vindeira xornada máis que nunca, TODOS SOMOS O PORTEÑO!!!!!. O vindeiro domingo, no Hermanas Patiño, Porteño e Buño xóganse parte das aspiracións para manterse na categoría.

XAVIÑA 0-5 INDEP. DE CARBALLO
Derrota dun Xaviña que non tivo ninguna opción diante dun Independiente de Carballo que foi moi superior. Non está atravesando polo seu mellor momento o Xaviña que agora dirixe Uxío pero que para ser a primeira tempada na que compite temos que sacarlle o sombreiro. A vindeira xornada o Xaviña que preside Isaac viaxará ata Muros para enfrontarse ao Muros B.

XUVENÍS: CAMARIÑAS 0-2 BAIO
Nova derrota dos xuvenís do Camariñas desta vez diante do Baio. Esperemos que neste tramo final de tempada os nosos poidan conseguir algunha victoria para rematar a tempada cunha alegría. A vindeira xornada, o Camariñas xoga ante o Bergantiños B en Carballo

VETERÁNS: CAMARIÑAS 4-5 CORCUBIÓN

Nova derrota dun Camariñas que non levanta cabeza e que ve como os rivais que están por debaixo, estánselle acercando perigosamente. Está a tan só 2 puntos do descenso o Camariñas que a vindeira xornada xogará en Ponteceso. Esperemos que consigan una victoria para sair desta situación comprometida.

VETERÁNS: PORTEÑO 2-1 CORME

Nova victoria do Porteño que xa é sexto na clasificación. Decíamos a semana pasada que se o Porteño tivese máis regularidade na primeira volta, outro galo cantaría, pois seguramente estaríamos a falar de que agora mesmo estaría loitando polo ascenso. Segue embalado o Porteño, un Porteño que xa ten o Corme que é o quinto clasificado a tiro de pedra e seguramente o pasará. A vindeira xornada o Porteño visita ao Corcoesto.

PD - Quixera dárllelas grazas a todos cantos vos interesástedes pola miña operación, de verdade que as vosas mensaxes axudáronme para levantar o ánimo. GRAZAS DE CORAZÓN. Esto foi todo canto dou a xornada. UN SAUDO A TÓDOL@S USUARI@S DE CAMARIÑAS.EU, A WEB DE TODOS, A WEB HUMILDE QUE NON DEPENDE DE NINGUÉN, A DE IDEAS PROPIAS.



Comentarios   

Beldoña
+1 # ÁNIMO JUANILLOBeldoña 25/01/2011 21:00
Ánimo Juan, que, con muletas ou sin elas, eres grande.
Un saúdo, amigo
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador