1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Imaxe do encontro disputado polos xuvenís do Conservas Boya contra o S.A.R. Redondela

Non era a mellor das situacións a que sufría o equipo camariñán do Conservas Boya: co adestrador tumbado por unha gripe, a confianza non estaba moi alta despois do punto desperdiciado na casa fronte o Rivadavia, e por encima visitaban a pista do único equipo invicto da categoría nesta tempada, onde o equipo do Cangas contaba tódolos seus partidos con abultadas victorias. Visto todo esto, o Conservas Boya saltou a cancha baixo a direccón de Moncho a dalo todo e a deixar claro que non iban de víctimas. Comezaron con unha gran defensa que desorientou aos cangueses, e con un ataque moi fluido anotaban con facilidade. Esta foi a tònica de toda a primeira parte, onde os camariñáns movíanse con ventaxas de dous e tres goles, chegándose ao descanso con un resultado de 8-11.

O CONSERVAS BOYA ASALTA O FORTIN DO GATAÑAL

Na reanudación o equipo local apretou moito en defensa e coa permisividade arbitral chegaron a empatar o encontro, ahí foi onde os camariñáns sacaron o xenio e aguantaron as acometidas dos de Cangas e pouco a pouco conseguiron unha ventaxa cómoda de dous-tres goles que mantuveron ata o resutado final de 21-24 a prol dos da vila dos encaixes. Non podemos destacar a ninguén en particular porque todos estiveron a unha gran altura ,dándoo todo, pero quizàis o gran partido feito polo xoven porteiro Felix ten que levar unha mencion especial, porque fixo un partidazo con unha efectividade por encima do 40% de paradas.

Agora os camariñáns quédanse con 3 puntos nesta segunda fase polo titulo de liga, e ao mesmo tempo fan soñar aos seus seguidores con metas nunca antes vistas pola vila dos encaixes. O vindeiro sábado visitará Camariñas o Atletico Novás, onde se convoca a tódolos aficionados ao deporte para que asistan ao Pabillón Municipal a dar ánimos a este equipo que leva o nome de Camariñas por todo Galicia.

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Cangas 21 - 24 Conservas BoyaBeldoña 25/01/2011 21:08
ENHORABOA.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador