As futuras estrelas do balón da Costa da Morte: os xogadores da Asociación As Baleas

Mañán de celebracións no Pabellón Municipal de O Areal a deste sábado 22 de xaneiro, festexando a Asociación de Fútbol Sala As Baleas ante a súa aficción a consecución dos merecidísimos títulos da Liga de Fútbol Sala nas categorías alevín e infantil. Entidade que se encarga de manter en solitario dende hai xa uns cantos anos a tradición da prolífica canteira futbolística de Camariñas, o exemplar traballo desenrolado tempada tras tempada por adestradores como Vi ou Faus fai que ducias de pequenos chegados dende tódolos recunchos do noso concello desfruten os fins de semana xogando ao deporte que aman e que participen en competicións nas que á postre resultan ser campeóns aventaxados.

Os éxitos dos pequenos camariñáns repítense ano tras ano ao longo de toda a Costa da Morte e vai sendo hora de artellar os mecanismos precisos a nivel de concello para que todo este talento, toda esta ilusión, toda esta calidade non queden desperdiciadas e teñan a saída e continuidade precisa a través de calqueira dos tres clubs que participan en competición federada. Baste lembrar que os mellores FC Camariñas e Porteño FC da historia foron aqueles que estaban conformados prácticamente na súa totalidade por xogadores da terra. Agora, unha vez rematadas as competicións nas que os pequenos de As Baleas resultaron ser os xustos campeóns, iníciase a liga de Fútbol 7, torneo no que os nosos rapaces desfrutarán das instalacións privilexiadas do Hermanas Patiño e no que camarinas.eu, a través do seu redactor de deportes, estará presente seguindo as evolucións das mellores promesas da Costa da Morte. Vaia esta noticia e a súa galería de máis de 100 imaxes como xusta homenaxe de camarinas.eu a todos aqueles que fixeron posible un ano máis esa realidade exemplar chamada As Baleas.

AS BALEAS
Xornada final na que os rapaces das Baleas brindaron a consecución do triunfo de liga en categoría alevín e infantil (éstes últimos non xogaron porque o rival non tiña equipo na súa categoría) ao público fiel que seguiu unha xornada e outra esta liga de fútbol sala.

BENXAMÍNS: AS BALEAS 8-2 CORCUBIÓN
Recital o que deron os máis pequechos onde para despedirse do campeonato ligueiro, brindáronlle unha victoria contundente sobre o Corcubión por oito goles a dous. Estes rapaces son de primeiro ano e seguramente para o ano que ven, estén a pelexar polo campionato ligueiro. Destacar a actuación dos dous Lucas, o da Ponte do Porto e o de Xaviña. Noraboa aos Benxamíns que para ser a primeira vez que competían fixérono de forma extraordinaria.

ALEVÍNS: AS BALEAS 3-3 CORCUBIÓN
Sairon moi relaxados os nosos alevíns e iso notouse, eran campeóns antes de xogar e quixeron ofrecer ese campeonato aos afeccionados que semana tras semana, acudiron ao pabellón camariñán para ver os seus triunfos. Non foi un dos seus mellores encontros, pero iso é o de menos. O traballo estaba feiro e a consecución do título ligueiro é merecidísimo. Destacar a plantilla ao completo, uns alevins que van a dar moito que falar.

INFANTÍS AS BALEAS
Non xogaron porque o Corcubión non tiña equipo en esta categoría. Unha pena, porque estos rapaces da gusto velos xogar, e tivémonos que conformar con poucos partidos, pero suficientes para saber que hai mimbres para chegar lonxe, para demostrar que en Camariñas hai canteira, pero hai que facer como o Barcelona, darlle oportunidades, porque o merecen. Noraboa á totalidade do plantel!!.

Rematou a liga, pero dende hoxe mesmo xa comezan a entrenar tódolos rapaces no Hermanas Patiño. Hai que preparar a tempada de fútbol 7 que comezará en breve e onde poderemos seguir disfrutando da calidade de tódolos rapaces que conforman tódalas categorías das Baleas. CAMARINAS.EU seguirá contándovos todo o que acontece, porque nos gusta que os nosos rapaces teñan protagonismo, porque verdadeiramente son os protagonistas desinteresados. En todo canto podamos axudar aquí estaremos, en todo momento, non só cando interesa. ¡¡¡¡Noraboa aos rapaces e Noraboa aos adestradores!!!!!

 

Comentarios   

Juan Camariñan
+1 # RE: As Baleas Campeón de Fútbol SalaJuan Camariñan 25/01/2011 20:49
O que esta facendo Vicente e faus cos rapaces ten muito merito, o esforzo que conleva e o tempo que che rouba solo se ve compensado por a cara dos rapaces cando ganan, que non cando perden, pois a pena deles tamen cha contagian e solo sintes impotencia. Co tempo quedara no recordo dos nenos quen lle aprendio a xojar a o futbol, e eso xa paja todos traballos. Enoraboa a todos rapaces,pais e entrenadores.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: As Baleas Campeón de Fútbol SalaBeldoña 25/01/2011 21:06
áNIMO CHAVALES, QUE, COMO BEN DÍ JUAN, O DÍA DE MAÑÁ, QUEDARÁVOS O RECORDO DESES BOS MOMENTOS QUE PASACHEDES NA VÓSA INFANCIA.INDA QUE GUSTE GANAR,MOITAS VECES, NON IMPORTA O RESULTADO, O CASO É PARTICIPAR.
SAÚDOS
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador