1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Bruno López xogou o seu último partido como adestrador do Encaixe-Camariñas

O carballés Bruno López deixou de formar parte da disciplina camariñá esta mesma fin de semana; o xa exadestrador do conxunto camariñán e a directiva do Balonmán Encaixe chegaron a un acordo para rescindir o seu compromiso co club, ambas as dúas  partes deron o visto bo a un cambio no banco palilleiro, os motivos deste cese son varios, pero principalmente o desacordo e os diferentes puntos de vista entre adestrador e directiva. Bruno López declarou: “  eu nestes momentos non dispoñía da motivación necesaria para tirar adiante co proxecto, chegamos á conclusión de que un revulsivo podería ser un cambio no banco, as dúas partes estivemos de acordo e a pesar de ter diferentes enfoques nalgunhas cuestións a relación e completamente cordial e amigable”.

Bruno López agradeceu o trato recibido neste ano e medio pola directiva do club e a xente da vila do encaixe : “ coma en case todas as experiencias hai momentos bos e momentos malos, pero me quedo coas cousas positivas, e sen dúbida a máis positiva  foron as xogadoras, ás que lles desexo o mellor a partir de agora, xa que o merecen; ao igual que á directiva e a xente da vila que me trataron coma un máis da casa ”.Neste momento está estudando varias ofertas tanto no plano de xogador coma no de adestrador, algunha delas incluso de fóra de Galicia: “ teño varias opcións, algunha inmediata e algunhas xa de cara a tempada próxima, agora toca valorar e decidir”.

A directiva xa conta cunha nova adestradora, que é ben coñecida por todos e todas, trátase de Mónica Barreiro Álvarez, que actualmente dirixe tamén categorías inferiores e foi compañeira das xogadoras do Encaixe.

O conxunto camariñán visita esta semana a cancha do B.M. Tui.

Engadir un comentario