1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo afronta este xoves unha operación clave para a súa carreira

Na mañán deste xoves 20 de xaneiro de 2011 na clínica pontevedresa do Doctor Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Real Club Celta de Vigo e da Selección Española de Fútbol, o mellor futbolista da historia de toda a Costa da Morte someterase á intervención quirúrxica máis importante da súa carreira. Por mor dunha rotura no ligamento anterior cruzado da súa perna esquerda o Cerceda perde para os vindeiros seis meses a un dos xogadores claves no actual líder da Terceira División Galega. Dado o máximo prestixio do galeno encargado de recuperar a zurda máxica de Juanillo, é de esperar que unha vez superado o longo período de convalecencia O Mago de Corea volva aos terreos de xogo pleno de facultades físicas e portador do talento único con que a natureza o dotou. Camariñán ata a médula, seguidor entusiasta da actualidade de tódolos equipos do concello, experto coñecedor do universo futbolístico da Costa da Morte, redactor único e amigo fiel e entrañable, os compañeiros de Juanillo no seno da redacción de camarinas.eu brindamos todo o noso apoio a un das persoalidades clave para entender o desenrolo do deporte rei nas terras camariñanas e ansiamos de todo corazón que o resultado do seu paso polo quirófano sexa satisfactorio. E, quen sabe, co sacrificio, gañas e aptitudes características de Juanillo con sorte alá polo mes de xuño o vexamos marcar o tan ansiado gol que leve ao Cerceda á Segunda División B. Tratándose de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor sempre é posible.

ESTRADENSE 1-0 CERCEDA
Derrota a que sofrimos na Estrada nun partido brusco e no que predominou o xogo violento do Estradense, pero quen rematou con 2 xogadores menos foi o Cerceda. Partido malo o que fixemos, pero o Estradense só tirou unha vez a porta e gañou o partido. Iso é o que vale, os goles é o que conta.
Despois do gol, o Estradense dedicouse a provocar e a facer faltas. O seu adestrador, o ex do Compostela Fabiano é un experto utilizando esas armas e así o demostrou. Él e os seus, sacaron de quicio a todo o Cerceda provocando que para o partido crucial ante o Ferrol teñamos 4 baixas importantísimas. O bó da xornada foi que o Ferrol perdeu na casa e o Ourense tamén, polo que seguimos primeiros con 4 puntos de vantaxa sobre os ferroláns e 6 sobre os ourensáns. Decir que o xoves 19 de xaneiro pasarei polo quirófano, hai que arrancar o menisco e o ligamento cruzado, e que espero que todo saia ben.

PONTECESO 2-1 CAMARIÑAS

“Atraco a man armada”. Con esa frase pódese resumir o encontro, un partido no que se notou quen ten o favor do colectivo arbitral. Partido que prometía, había máis que tres puntos en xogo, e unha decisión arbitral inclinou o partido para os da vila de Pondal. Adiantaríase o Camariñas no marcador cun gol de De la Sierra, parecía que o máis difícil estaba feito, adiantarse no marcador nun partido destas características é moi importante, pero ao final non valeu de nada, empataría o Ponteceso pronto e xusto antes do descanso do partido a árbitro pita falta, os xogadores do Camariñas quedan parados mentras os do Ponteceso siguen e marcan gol. O árbitro desenténdese de todo, da o gol como válido e di que él non pitou, cando o silbato escoitouse ata en Corme.
Unha nova axuda ao Ponteceso que lle serve para afianzarse no liderato. Teñen que seguir loitando os de Manolín porque aínda queda moita liga. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Castriz.

PORTEÑO 2-0 DUMBRIA B
Importantísima victoria do Porteño de Gerpe ante o Dumbria B por dous tantos a cero. Tras unha primeira metade donde o partido non tivo un dominador claro, o Porteño saleu con máis intensidade na segunda metade e iso notouse. Houbo que esperar ata o minuto 75 para ver o primeiro gol obra de Iago tras un saque de falta. Sería Varela nas postrimerías do encontro, quen anotou o segundo gol que daba tranquilidade aos de Gerpe. Tres puntiños máis para intentar collera o cuarto clasificado que está a 3 puntos. A vindeira xornada o Porteño ten derbi, xoga en Vimianzo ante o cadro local, un partido que pode ser clave xa que o Vimianzo é o colista a 4 puntos do Porteño.

CABANA 5-2 XAVIÑA
Segue sen puntuar fora da casa o Xaviña, desta vez tampouco trouxo nada positivo de terras cabanesas, onde perdeu por cinco goles a dous. Os de Uxío estiveron mellor que en outros encontros a domicilio, pero pagaron moi caro os seus erros en defensa. Para semana o equipo que preside Isaac, xoga no Hermanas Patiño contra o Independiente de Carballo, esperemos poder contar unha nova victoria do Xaviña.

XUVENÍS: DUMBRIA B 1-0 CAMARIÑAS
Vendeu cara a victoria o Camariñas diante do líder onde caeu por 1 gol a cero. Están mellorando os rapaces do Camariñas nesta segunda volta. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Baio.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 2-7 BÉRTOA
Malleira a que levaron os veteráns do Camariñas ante o Bértoa. Non están a pasar polo mellor momento os veteráns do Camariñas, este ano teñen que salvar a categoría para pensar que pasará a vindeira tempada. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Corcubión.

VETERÁNS: PORTEÑO 3-2 SOFÁN
Nova victoria do Porteño desta vez ante o Sofán por tres goles a dous. Está o Porteño nunca racha espectacular e se cegase a comezar a liga tendo un pouco máis de regularidade, agora mesmo poderíamos estar falando de que o Porteño estaríase codeando cos postos de ascenso. A vindeira xornada, o Porteño enfróntase ao Corme no Hermanas Patiño.

AS BALEAS
Queremos felicitar aos Alevíns e Infantís por proclamarse campeóns de liga esta pasada xornada. Eles son os verdadeiros protagonistas da xornada. Temos rapaces que prometen e que hai que darlle oportunidades de que poidan seguir xogando, facendo o que máis lles gusta que é darlle patadiñas a un balón. Temos unhas xeracións que van a dar moito que falar. ¡¡¡NORABOA RAPACES!!! Noraboa a Vi e Faus por tódolos éxitos acadados.

BENXAMÍNS: CARNOTA 20-2 AS BALEAS
Pese a abultada derrota, hai que felicitar aos nosos pequechos que cada día que pasa fan mellor as cousas. Repetimos unha e outra vez, que os nosos pequechos son moitos e xogan todos, cousa que os demais equipos non fan, só poñen a xogar os seus mellores rapaces. Destacar a actuación de Lucas do Panadeiro da Ponte do Porto.

ALEVÍNS: CARNOTA 1-2 AS BALEAS
Victoria que vale un campeonato dos nosos alevíns que mereceron un marcador máis amplio. Pablo Suárez foi o autor dos dous goles. Destacar a actuación de todo o equipo, un a un merecen ser destacados non só por este partido, se non por todo o campeonato. ¡¡¡¡Noraboa rapaces!!!! E a seguir así.

INFANTÍS: CARNOTA 0-7 AS BALEAS
Ao igual que os alevíns, os infantís tamén se proclamaron campeóns da súa curta liga, unha pena que non poidamos ver a estes rapaces en acción, xa que a maioría dos equipos non teñen categoría infantil. Os goleadores foron, Maikel que fixo un hat-trick, Ismael e david con dous goles cada un e Javi con un gol. O máximo goleador do campeonato foi o Camariñán Maikel Carril. Destacar a actuación de tódolos componentes do equipo infantil, un a un merecen ser destacados durante todo o campeonato. ¡¡¡¡Noraboa infantís!!!!.

A vindeira xornada, As Baleas recibe ao Corcubión en categoría benxamín e alevín. Hai que celebrar por todo o alto a consecución de dous títulos. ¡¡¡¡¡Todos con AS BALEAS!!!!.

Ata aquí, todo canto dou a xornada. Un saudo aos nosos usuari@s, os de CAMARINAS.EU, esa web líder, independente, de ideas propias...

{phocagallery view=category|categoryid=492|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

 


 

Comentarios   

karina
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011karina 18/01/2011 16:49
anymo e moyta sorte prymo nesa operacyon,,,,fe lycytar tamen os rapaces das baleas en categorya alevyn e ynfantyl ,,xa son campeons,,,nora boa rapaces
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Campeón!!!diegoalfr 18/01/2011 17:31
Ánimo juanillo estamos contigo!! xa verás como en 2 ou 3 meses estás outra vez dando caña!! Un saludo e desde Camariñas ojalá saia todo ben. Eres o máximo!!

Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011Mikel 18/01/2011 17:58
Que che von desir que a xente do mundo futbolistico non sepa primo.Ante todo desearche unha boa recuperasión,po uco a pouco.Ti que sempre estás para quen o necesita apoiando sin condicións,pois agora eres ti o que necesitas recuperarte pronto pero principalmente BEN.Que sepas que estamos contigo e de paso Felicitar as Baleas..cuidate muito,un abraso CRAK
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011rubiasexy 18/01/2011 20:29
eu tamen quero de searlle ajuanillo unha boa recuperacion que che salga todo ben animos que suerte que che o peran bos medicos e suerte,,viva juanillo
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # Roncerojose de marta 18/01/2011 22:01
Espero que che sala todo ben juanillo de todo corason e leva ben deles para cambiar un cada dia jajaja.Un saludo muy grande e cuidate muito.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011Beldoña 18/01/2011 22:33
Ánimo Juanillo, xa verás como todo sale ben, e pronto estarás arreando caña por eses campos de Dios. Suerte, campeón, e un saludo.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
elenablanco
0 # # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011elenablanco 18/01/2011 23:09
Animo Juanillo que seguro que pronto estaras no campo marcando un goliños que todos estamos contigo!!!
bonitas fotos si señorrr
ANIMOOOOO A TODA A FAMILIA
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011Pion 19/01/2011 10:36
espero que salira todo ben juanillo e que teñas voa e pronta recuperasion un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
0 # "ANIMO CAMPEON"estudiante 19/01/2011 12:10
Veña Campeón, que estás en boas mans, toda a familia de "Lin" está contigo, xa verás como en xuño tamos celebrando o ascenso con un gol teu. Unha aperta e moita sorte. ---estu--
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011Duane Duke 20/01/2011 19:35
Moito ánimo Juanillo!Un saudo tío!
Responder | Denunciar ante o administrador
CCB
0 # Ánimo Juanillo...CCB 22/01/2011 18:53
Un abrazo muy fuerte, recupérate pronto que seguro volverás a subir la banda...
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-01-2011rubiasexy 24/01/2011 00:22
BUENO E DECIR QUE JUANILLO BAY MELLOR QUE OXE VINO EU NO ARNELA QUE BEN AVER ASUA NAI QUE O TRUSO SEU PAPAI ESO JUANILLO ESA PERNA QUER DESCANSO EST BASTANTE INCHADA ASI QUE CUIDARSE
Responder | Denunciar ante o administrador