1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A cea dos campeóns: o Frío Darío celebra a consecución do campeonato das Viejas Leyendas

Rematou a segunda edición da Liga das Viejas Leyendas e fíxoo tras un campeonato cun punto de suspense inferior ao da edición primixenia, cun club que repite título tras mostrarse superior a tódolos demáis e como aperitivo dunha Copa de Veteranos de Camariñas impredecible e sorpresiva. A superioridade da que fixo gala no torneo da regularidade o Frío Darío deberá acreditarse nun trofeo, o do k.o., onde un mal paso pode levar a calquer equipo á tumba. Juanillo, redactor xefe dos deportes de camarinas.eu, honrou ca presencia do mellor futbolista da historia da Costa da Morte a cea dos campeóns do torneo organizado este ano pola exemplar Asociación As Baleas, celebrada polo Frío Darío no Restaurante O Meu Lar este pasado sábado 8 de xaneiro e asemesmo fai no presente artigo o resumen definitivo de todo o acontecido na segunda edición do gran torneo de masas da Costa Atlántica.

Rematou a Liga de Veteráns de Fútbol Sala As Baleas

Xa había campeón, O Frio Darío proclamárase campeón de liga na penúltima xornada pero nesta última quixo demostrar que era o campeón e así foi, goleou claramente a uns Xambois que durante toda a tempada estiveron nos postos altos da clasificación.
Os Boliños consiguen o subcampeonato, magnífica a actuación dos homes de o Socho que rematan segundos tras estar algunhas xornadas ocupando o lugar máis alto do podium. Noraboa aos Boliños por este subcampeonato. Derrotaron claramente ao Construcciones Mantido, un Construcciones Mantido que notou durante toda a liga que a plantel que tiña era demasiado curto, de ahí que rematara na derradeira posición.
O Panadería León foi de menos a máis e rematou nun terceiro meritorio posto, fenomenal a escalada deste equipo que xornada tras xornada foi a máis. Esta xornada non xogou o seu partido debido a que Kerubín non tiña xogadores, un Kerubín que notou a falta de fichaxes durante toda a liga para dar máis batalla.
O Puerto Arnela gañoulle ao Lago Lin. Un Puerto Arnela que debido ao plantel co que arrancaba a liga podía dar máis do que dou e non foi así, foi un equipo con altibaixos, e nunca liga onde premia a regularidade págase iso. O Lago Lin comezou sendo a sorpresa do campeonato, pero finalmente acabou deshinchándose un pouco, pero hai que recoñecer o bo labor feito.
Noraboa a tódolos participantes por facernos máis levadeiras estas tardes de domingo.
Chega o momento de tratar de organizar a Copa, de preparar todo, i esperemos que haxa acordo por parte de todos, porque ao fin, do que se trata é de pasalo ben, sabemos que a todos nos gusta gañar, ninguén quere perder, pero que se quede ahí, o importante é divertirse e facer deporte.
Agora chega o tempo das reflxións dos presidentes dos equipos, é a hora dos secretarios técnicos e directores deportivos de usar o seu ollo clínico e o seu tacto para facer fichaxes, é o momento dos rumores sobre posibles altas e baixas nos equipos, chega a ocasión da posible creación de algún conxunto novo, o momento de intentar algunha fichaxe para reforzar o equipo, é o momento dos rumores, dos dimes e diretes, do que pasará ou non pasará….. to be continued!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.