Juanillo, alma do Cerceda CCD está a recuperarse dunha grave lesión

Estrano caso de Dr. Jekyll e Mr. Hyde futbolístico, a dualidade da alma do Xaviña F.C. lévao en ocasións (maiormente en partidos a domicilio) a desenrolar un fútbol por características e resultados próximo ao do actual FC Barcelona, só que ao revés: xogo penoso e tunda que che criou, mentras que en outros encontros, que por algún incomprensible fenómeno descoñecido virían a coincidir cos disputados no Estadio Hermanas Patiño, executa un fútbol de toque e filigrana, arte en movimiento, que leva aos xogadores e aficcións rivais a perder os papeis dentro e fora dos estadios, desquiciados pola alta escuela futbolística xaviñana.
A derradeira das versións do carácter ciclotímico do equipo tan sabiamente presidido por Isaac Caamaño puidose ver no encontro de máxima rivalidade disputado contra o Muxía, onde o novo adestrador xaviñán dirixío aos seus homes cara unha vital victoria nun encontro onde o hooliganismo recentemente acaecido no histórico Campo do Cotro parecío transmutarse por momentos ás gradas e ao céspede do Hermanas Patiño. Nembargantes, frente a este descontrol bipolar, unha categoría máis arriba a vida segue igual e así o FC Camariñas gañou contundentemente ao San Lorenzo de Verdillo, que non de Almagro, e o Porteño perdeu non menos contundentemente nun partido a domicilio que por características e resultado tanto recorda aos xogados lonxe da súa terra patria polo acorazado balompédico xaviñán. Incompatibilidade de caracteres (Xaviña FC vs. FC Camariñas/Porteño FC).

CERCEDA 1-0 SOMOZAS
Partido moi sufrido e moi traballado para conseguir 3 puntos de ouro que tras o empate do Ferrol, fan que ampliemos a ventaxa sobre eles, agora están a 4 puntos de nós. O Somozas púxonos as cousas moi difíciles e tan só un gol en propia meta tras un erro monumental do seu porteiro, foi o que nos dou a victoria. Continuamos de líderes, pero xornada tras xornada vemos que as cousas nesta segunda volta son máis difíciles, os equipos de arriba queren seguir arriba e os de abaixo queren escalar posicións para evitar o descenso, e isto fai que cada partido sexa moi complicado de gañar. A vindeira semana xogaremos contra o Estradense, un equipo moi agresivo que seguro nos vai a dar candela.

CAMARIÑAS 4-1 SAN LORENZO
Nova victoria do Camariñas por 4 goles a 1 ante o San Lorenzo de Verdillo que lle serve aos de Manolín para non perder comba co líder o Ponteceso. Juan o Vello (que sempre acude nos momentos necesarios cando o equipo o necesita, un dos mellores xogadores da liga), Mané (máximo artilleiro do Camariñas) e Brais en 2 ocasións, foron os goleadores. Partido cómodo e gañado con facilidade e no que se veu de principio a fin que o Camariñas era superior. O partido do ano pode ser o da vindeira semana, o Camariñas viaxa a Ponteceso para enfrontarse ao líder, non é decisivo, pero si trascendental para os intereses Camariñáns, esperemos que ao rematar o encontro, o Camariñas sexa o novo líder.

SOFÁN 5-0 PORTEÑO
Nada que obxetar da derrota do Porteño en Sofán onde caeu por 5 goles a cero. Os de Gerpe foron superados en todo momento polo Sofán e nunca tiñeron posibilidades de traer algo positivo de Carballo. Teñen que olvidar esta derrota e pensar x ana seguinte xornada on reciben ao Dumbria B.

XAVIÑA 2-1 MUXÍA
Partido que recordou aos que se xogaban antiguamente, onde houbo goles, polémica e tanganas. Voltou o Xaviña agora adestrado por Uxío (novo adestrador tras a saida do clube de Iago) a senda do triunfo ante o Muxía. Tres puntos para intentar escapar deses derradeiros postos e que teñen un valor maior dado o equipo que actuaba en fronte, o Muxía. Adiantaríase o Xaviña por mediación de Alberto “Chiribí”, pero empataría o Muxía pronto. Sería Elvis quen co seu gol lle daría a victoria ao Xaviña. Tras o segundo gol, o Muxía empregouse con dureza no terreo de xogo o que produxo algún conato de tangana tanto no céspede como nas gradas, pero afortunadamente non pasou a maiores. A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Cabana.

XUVENÍS: CAMARIÑAS 2-4 ZAS
Perderon os nosos rapaces diante do Zas por 2 goles a 4. Non comezan ben o ano. Esperemos que cambie a cousa a partires da vindeira xornada onde xogarán en Dumbria ante o Dumbria B.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 0-2 NANTÓN
Perdeu o Camariñas ante un Nantón que foi superior durante todo o encontro. Ano novo e derrota nova, esperemos que cambie o resultado na próxima xornada, onde o Camariñas recibirá ao Bértoa.

VETERÁNS: PORTEÑO 4-3 MUROS
Partidazo do Porteño que venceu ao Muros que viña con fichaxes novas e importantes. Os xogadores do Porteño demostraron ese famoso refrán de “o que tuvo, retuvo”, así Carlos de Merexo e Gerpe entre outros, demostraron a clase que atesouran, sen desmerecer aos demais compañeiros. O primeiro deles marcou 2 goles e Gerpe 1. Auténtico golazo o de Gerpe tras un sauqe de falta. O cuarto foi obra de Pocho. Comezan o ano moi ben o Porteño que vai dar moito que falar nesta segunda volta. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Sofán.

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: A xornada de Juanillo 09-01-2011Beldoña 13/01/2011 19:26
A seguir co deporte que é o mellor para a nósa xuventude " Mens sana in corpore sano ", dicían os antiguos romanos.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador