5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (11 Votes)

Este sábado 8 de xaneiro a partir das 14:15 hai que reventar os graderíos do Hermanas Patiño apoiando ao Xaviña FC

Pouco a pouco volta á normalidade o mundillo futbolístico deste olvidado recuncho atlántico e faino cunha victoria do FC Camariñas, cun empate do Porteño e cunha nova tunda para o Xaviña FC. Especialmente delicados están a ser os actuais momentos polos que pasa o antigamente chamado acorazado balompédico xaviñán trala marcha do seu adestrador xa que esta semana volvía a caer de forma contundente e expeditiva por un resultado máis propio dun partido de tenis en terras de Nantón.  Non hai moito o  club xaviñán encandilaba co seu xogo, enchía o Hermanas Patiño cada 15 días de xiareiros enfebrecidos e permitía vislumbrar un futuro radiante para un equipo formado prácticamente ao 100% por rapaces camariñáns. Por elo é agora, no peor momento da corta existencia do Xaviña FC, cando hai que estar apoiando á morte ao club xaviñán, cando hai que encher novamente o estadio municipal de barras bravas que leven ao club á victoria e cando hai que esixir ao seu Presidente que recupere as dotes de liderazgo e de consenso do primer Xaviña FC, aquel equipo feito a base de pura coraxe, por xente nova, da nosa terra, do noso concello e que parecía chamado a converterse nun dos clubs emblemáticos na Liga da Costa. É precisamente nestes momentos cando se xoga o ser ou o non ser do Xaviña FC: aquí ou todos (a Directiva, ou sexa, Isaac; os xogadores, a aficción e os medios de comunicación, ou sexa, camarinas.eu, os únicos que dende o primeiro momento apoiamos á morte ao experimento futbolístico xaviñán) nos unimos e tiramos do carro, ou esto, querido usuariado, este fermoso soño, tan ben construido e cun futuro tan prometedor vaise para sempre. O enemigo a batir esta semana non podía ser mellor para enderezar o rumbo: o Muxía FC. Este sábado hai que reventar o Estadio Municipal Hermanas Patiño. ¡¡TODOS CO XAVIÑA FC!!

O CERCEDA non xogou porque adiantou a súa xornada ao pasado 30 de decembro, có resultado de CERCEDA 4-0 PORTONOVO. Seguimos de líderes e rematamos como campeóns de inverno.

CAMARIÑAS 2-0 MALPICA
Cómoda victoria do Camariñas ante o Malpica que de non ser polas numerosas ocasións erradas polos camariñáns, o resultado sería de escándalo. Mané na primeira metade e Juan o Vello na segunda, foron os autores dos goles do equipo de Manolín. Segue segundo o Camariñas, xa que o Ponteceso non pinchou ante o Baio que dirixe o camariñán Tono do Atlántico que xogando con moitos xuvenís puxo en apretos ao equipo de maior presuposto da liga como é o Ponteceso. Comeza a segunda volta, a vindeira semana o Camariñas recibe ao San Lorenzo no Hermanas Patiño.

CORME 1-1 PORTEÑO
Atraco a man armada o que sufríu o Porteño de Gerpe en Corme que impediu que os da Ponte do Porto gañaran o encontro.Seguen as arbitraxes nefastas que un xa pensa que son adrede, as que está a recibir o Porteño, desta vez foi en Corme, despois de estar todo o partido pitando faltas en contra do Porteño, no último minuto e có resultado de 1-1, hai un penalti clarísimo a favor do Porteño que o colexiado ve pero non quer pitar e que impide que os homes de Gerpe logren 3 puntos que serían de ouro. ¡¡¡Xa está ben!!!, esperemos que ésta, fose a derradeira vez que se “equivocan” en contra do Porteño. Piti poría por diante ao Porteño no minuto 63 ao transformar unha pena máxima. Empataría minutos despois o Corme cun gol do “medio camariñán” Alejandro. Mereceu máis un Porteño que de seguro vai escapar dos postos de descenso de seguir traballando duro como ata o momento. A vindeira xornada o Porteño xoga en Sofán ante o equipo local.

NANTÓN 6-0 XAVIÑA
Voltou ás andadas o Xaviña en Nantón, novamente dou a peor versión e caeu por 6 goles a cero ante un Nantón chamado a pelexar polo ascenso. Baixan as augas algo revoltas no Xaviña pois Iago abandonou o clube por discrepancias coa directiva e o Xaviña parece que acusou eses problemas extradeportivos que viña arrastrando ao longo da semana. Esperemos que Isaac sepa retomar o rumbo da nave xa que ten na vindeira xornada, un partido especial, hai derbi o próximo sábado no Hermanas Patiño, o Xaviña recibe a visita do Muxía. Hai que apoiar agora máis que nunca ao Xaviña!!!.

XUVENÍS
Descansaron tamén neste parón de Nadal os rapaces do Camariñas.

VETERÁNS
Non houbo Liga de Veteráns esta fin de semana.

AS BALEAS

Non xogan os nosos pequechos ata o vindeiro sábado 15 de xaneiro onde viaxarán ata Carnota.

Esto foi todo canto dou a xornada, voltarán tódolos equipos a normalidade a partires da vindeira fin de semana onde tamén chegará un novo episodio do Rincón de Jamela e compañía. Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder. Independiente e de ideas propias.

Engadir un comentario