5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (15 Votes)

A crónica de Juanillo do partido que enfrontou a Socho vs. Isaac

Vivimos tempos nos que escuitamos a diario nos medios de comunicación a palabra "solidario" polos menos dous millóns de veces: todo ten que ser solidario hoxe en día, dende un bollycao ata a taza dun wáter. O fútbol camariñán non podía permanecer inmune a esta nova moda que nos devora e nun xesto noble e admirable, a semellanza dos partidos que os grandes cracks do balón organizan entre colegas de vez en cando para recaudar fondos, o Presidente-Entrenador-Director Técnico de Os Boliños, equipo punteiro da Liga de Veteranos As Baleas, O Socho, e a maior sabiduría futbolística da Costa da Morte, Isaac do Jallejo, decidiron reunir unha selección de megaestrelas da veteranía camariñana para ver de facer un encontro contra o Xaviña FC co que recaudar fondos para as necesitadas arcas do conxunto xaviñán.
Ese partido tivo lugar este domingo 26 de decembro no Estadio Hermanas Patiño e a el, ante o parón navideño do fútbol profesional así como da Liga de Viejas Glorias, agarráronse como a un clavo ardendo todos os desesperados hinchas camariñáns para que lle metesen en vena unha boa dose do mellor fútbol solidario ca que calmar o seu mono balompédico. Acto ao que non podía faltar o redactor-xefe dos deportes de camarinas.eu que nos serve a crónica do acontecido nun día histórico para o fútbol camariñán.

PARTIDO, AMIGOS DO SOCHO Vs AMIGOS DE ISAAC O JALLEJO

O domingo 26 as 4 da tarde no Hermanas Patiño, tivo lugar o espectacular partido entre os amigos do SOCHO (composto por xogadores da Liga de Veteráns As Baleas) e os amigos de ISAAC (os xogadores do Xaviña C.F.).

AMIGOS DO SOCHO: Moro; Tono, Diego, Fran, Xuxo; Monoliño, Nando, Jamela; Tito, David Toja, Gonzalo. Para cambios estaba o Rojo como porteiro suplente, que tras a lesión de Xuxo, tivo que xogar de dianteiro.

Debido as lesións, enfermedades por gripes, por estar os bandullos cheos de tanta comida e bebida etc, o Socho non puido completar o equipo como él quixera e tan só tivo ao seu carón 11 xogadores, sendo 2 de eles porteiros e con Xuxo lesionado. Así, non poideron asistir Vi, Victor, Elvis, Arturo etc. Pese a todo, o equipo dos amigos do Socho, dou a cara, tivo máis posesión do balón, pero no derradeiro minuto, un gol dos amigos de Isaac, doulle a victoria a estes últimos.

O resultado era o de menos, o que contaba era a boa iniciativa pola que se facía o encontro, o Socho quixo prestar unha man e colaborar a que o Xaviña C.F. gañase uns cartiños, pois houbo un sorteo de un xamón e unha camiseta do Xaviña. Vendéronse tódalas rifas. O resultado foi de 1-2 favorable aos amigos de Isaac, pero iso era o de menos. O encontro foi todo un éxito e repetirase en vindeiras ocasións.

Noraboa ao Socho e noraboa a Isaac por promover este tipo de actos.


Engadir un comentario