5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (7 Votes)

A Directiva, Cuerpo Técnico e Plantilla do Puerto Arnela celebraron a súa tradicional Cena de Nadal

Anticipando o que acontecería tan só dous días despois na Comida navideña do Real Madrid, na noite deste sábado 18 de decembro de 2010 tivo lugar a tradicional Cea de Nadal do Real Club Deportivo Puerto Arnela. Caras longas, xestos serios, a pesada carga da responsabilidade despois dunha segunda campaña sen títulos, enfrontamentos entre os diversos membros da directiva e o corpo técnico seguiron á lectura do discurso anual por parte do Director Deportivo (Juanillo), en presencia da Plantilla, o Director Técnico (Chileno), o Xefe de Prensa (Zhúkov) e o Presidente (Soto), un presi ao que incluso algún dos xogadores quixo meter para fóra por formar parte do plantel doutro dos equipos en litixio (Const. Mantido). Seguindo sen dúbidas o exemplo do buque insignia balompédico do Barrio do Campo, ao día seguinte o tan querido pola súa hinchada Mou e o tan detestado Valdano tirábanse os trastos á cabeza en público a conta das desventuras dun club de fútbol. Nembargantes o rapapolvos presidencial surtío efecto e na xornada do domingo os seus chavales lograban unha holgada victoria ante o Kerubín cun fútbol de toque e filigrana e deixaban a dúbida de que houbera ocurrido de non fallar en determinados momentos puntuais. Con todo o principal duelo da xornada era o que enfrontaba aos Boliños co Frío Darío e tras o cal o conxunto burián prácticamente deixou o campeonato visto para sentencia. Mentras tanto, no Barrio do Campo, un proxecto muchimillonario, un plantel de categoría, un corpo técnico sabio e experto, un Presidente dos de antes, unha aficción fiel e numerosa, trataban de atopar unha resposta a unha segunda tempada sen títulos. Non só o Real Madrid vai quedar en blanco.

{xtypo_rounded_left2}
CLASIFICACIÓN

1º- Frio Darío - 29 puntos
2º- Xambois - 26 puntos
3º- Puerto Arnela - 24 puntos
4º- Os Boliños - 24 puntos
4º- Panadería León - 23 puntos
5º- Lago Lin - 13 puntos
6º- Kerubín - 3 puntos
7º- Cons. Mantido - 0 puntos
{/xtypo_rounded_left2}

LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA "AS BALEAS"

Xornada na que tódolos ollos estaban postos no partido que enfrentaba a Os Boliños e a Frio Darío, un encontro que tivo emoción e moitos goles, un partido que deixa ao Frio Darío nunca posición inmellorable para ser campeón de liga.

Tan só se disputaron 2 encontros esta xornada, un foi o tan esperado Os Boliños – Frio Dario e o outro foi o Puerto Arnela – Kerubín. Os outros dous encontros que estaban no calendario non se xogaron por diferentes motivos, o Construcciones Mantido – Panadería León non se xogou porque non eran suficientes os efectivos dos que dispoñía o Construcciones Mantido, e o Lago Lin – Xambois non se disputou polo falecemento do Señor Lin, dende aquí unímonos a todas as mostras de cariño chegadas a toda a familia por parte de todo o pobo.

Só quedan dúas xornadas e as sorpresas poden aparecer. Tamén a loita polo segundo posto será dura ata a derradeira xornada, tódalas as espadas están no alto, e despois do parón de Nadal, os equipos voltarán coas pilas recargadas para acabar da mellor forma posible esta liga de veteráns que ten un final trepidante. Non o podedes perder.

OS BOLIÑOS 3-6 FRIO DARÍO

Era o partido da xornada, o partido que podía deixar a liga máis apretada que nunca pero finalmente o Frio Darío foi mellor e mereceu a victoria. Os Boliños adiantaríanse no marcador, parecía que co primeiro gol, ían ter unha ventaxa en canto a que o Frio Darío debería de arriesgar para intentar remontar o partido e así o fixo. Os Nando, Arturo e compañía empezaron a marcar goles que xunto as intervencións do seu porteiro Fran, situaron o marcador en 1-5 favorable ao Frio Darío.

Intentaría a remontada Os Boliños, e con dous goles casi seguidos colocaban o marcador nun 3-5 momentáneo, pero un novo gol do Frio Darío sentenciaría definitivamente o encontro. Tres puntos de ouro que lle poden valer máis de media liga ao Frio Darío, que se non ocorre nada extrano (no fútbol todo pode pasar) nestas 2 derradeiras xornadas, será o próximo campeón de liga.

Os mellores xogadores do encontro foron Nando e Fran por parte do Frio Darío e Elvis por parte de Os Boliños.

PUERTO ARNELA 6-0 KERUBÍN

Victoria clara e contundente dun Puerto Arnela que agora ten que estar laiándose dos puntos perdidos a última hora cando tiña a victoria nas súas mans nas anteriores xornadas, vendo como está a clasificación actual. Media ducia de goles foron os que lle endosaron os do Puerto Arnela ao Kerubín. Agora mesmo están empatados a puntos na terceira praza con Os Boliños a tan só un punto de Xambois e a 4 do líder Frio Darío. Destacou Jamela por parte de Puerto Arnela e Manu por parte de Kerubín.

Haberá parón navideño e seguramente ata o 9 de xaneiro non se xogue a penúltima xornada, onde estará en xogo o segundo posto ( 3 equipos loitarán como mínimo por ese posto), e tamén, porque non, o ser Campeón, onde o Frio Darío pode conseguir matemáticamente o título. Os Boliños – Puerto Arnela será o partido estelar da xornada.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.