5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (12 Votes)

O CCCP, Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía, perseguirá implacablemente aos causantes da destrucción do Cotro

O Hooliganismo apodérase de Camariñas

Unha oleada sin precedentes de vandalismo, incivismo, barbarie, latrocinio, bandolerismo e bandidaxe está a asolar Camariñas. Á avalancha de maleantes foráneos que  asaltan sen o menor escrúpulo xa sexa a plena luz do día ou amparados pola lobreguez da noite establecementos da vila, hai que sumar os sucesos tristemente acaecidos en datas recentes no Estadio de O Cotro. Sucesos, tralos dos estadios de Heysel, Bradford, Sheffield ou Luzhniki de Moscú,  dignos de pasar á crónica negra do Deporte Rei.  Calqueira que se acerque ata o máis histórico dos  campos de fútbol da Costa da Morte poderá contemplar entre obnubilado e horrorizado como os graderíos do gol norte recentemente instalados tan traballosamente e a costa de tan grandes sacrificios pola Federación de Buría xacen destrozados e demolidos tras unha orxía de barbarie colectiva, posiblemente causada por grupos de hinchas radicais griegos ou turcos. As últimas pesquisas non descartan tampouco a intervención de ultras serbios, últimamente tan de moda, veteranos das guerras da antiga Yugoslavia, que poderían haber arrasado a sangue e fogo as gradas do estadio burián nun dos recentes encontros de clasificación para a Eurocopa 2012 que seguiron ao recoñecemento internacional por parte da FIFA da Selección Nacional de Buría, recoñecemento que se adiantou incluso ao tan ansiado por todos de Euskadi e Cataluña. 

Á hora de atopar un xusto castigo aos responsables de tan horrendo crimen reclamamos a aplicación sumaria da Ley de Vagos y Maleantes, aprobada por un dos gobernos progresistas da II República, e a do artigo 58 do Código Penal da Unión Soviética de 1926, aquel en virtude do cal prácticamente toda conducta humana era punible e que poñía baixo sospeita preventiva á totalidade da poboación da URSS. Asemesmo, da mesma forma que o Goberno da nación para solventar un conflicto laboral acaba de declarar o Estado de Alarma, para poñer coto a todo este mar de anarquía e depravación que está a devastar Camariñas e do que a destrucción do Estadio de O Cotro non é senón o triste corolario, esiximos a Declaración do Estado de Guerra na Costa da Morte, o establecemento da Lei Marcial e a militarización dos funcionarios do concello. Unha vez postos en aviso, camarinas.eu desprazou ata o santuario espiritual do futbol camariñán, auténtico Monumento Histórico-Nacional español, a unha das unidades do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía) ao mando do seu commander in chief Bénder, para realizar as pesquisas necesarias que axuden aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado a dar ca pista boa. Non terán un segundo de descanso os bandidos, seguiremos os seus pasos ata os suburbios mesmos de Belgrado, buscarémolos  como alimañas nas súas guaridas de Salónica e Atenas, rastrearemos a súa pista de destrucción e hooliganismo incansablemente polos barrios de Teşvikiye, Kadıköy, Taksim ou Nişantaşı en pleno corazón oriental  de Estambul. Ante a agónica situación da Patria, camarinas.eu tamén declara o Estado de Alarma.

{phocagallery view=category|categoryid=393|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Vandalismo no Estadio de O CotroBeldoña 18/12/2010 21:19
Eu xa non digo nada acerca dos redactores porque obvian os comentarios. Unicamente direi que son insuperables, e, darlle a miña noraboa por canto escriben na páxina.
En canto as desfeitas ocasionadas no campo do Cotro, aí si que hai que cargar as tintas e aliarnos as xentes de ben para que esa xentuza que tanto dano fan, paguen as súas feitorías. Non hai dereito a que avasalen impunemente o patrimonio do pobo. O Estado de Alarma, nestes casos, quedase corto e con esas manadas de indesexables, unicamente caben as iras do noso canciño mascota, que ben sabe el de quen estou a falar. Marcou “ in situ “ as probas do crime e tan so precisa plenos poderes pa poder actuar…
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador