- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 15 Decembro 2010 15 Decembro 2010
Gran partido o que ofreceron os xogadores do equipo senior do Conservas Boya ante un Tirso que non puido mais que rendirse ante a remenda superioridade dos locales, dende o inicio os camariñáns plantexaron unha defensa agresiva e moi intensa que pronto comezou a dar os seus frutos, con contraataques continuos acompañados da excelente labor do camariñan Félix na portería, cando non era Moncho era Kin ou Xavi, os camariñáns eran un tremendo vendaval dos que por estes lares sabemos. Os visitantes, que probablemente non agardaban esa saída fulgurante do Boya, vian tremendamente pequena a portería local, fustrando os lanzadores ferroláns. Todo isto provocou ir aumentando a diferencia paulatinamente conseguindo cinco goles por cada gol visitante, polo que no ecuador da primeira mitade o 10-2 era escrarecedor e falaba ben ás craras da superioridade local. Destacar a gran asistencia de público que pronto se identificou co equipo e comezaron a súa festa con cánticos acompañados dun estruondoso bombo que soaba a gloria para os de Camariñas e a pesadelo para os visitantes. Na segunda metade os locais non se viñeron abaixo, nin se relaxaron, e seguiron coa intensidade do primer tempo e aguantaron as multiples embestidas visitantes, das que saian victoriosos continuamente. Tiveron tempo de participar tódolos xogadores locais, cousa a destacar, polo gran número de camariñáns que forman a plantilla, e celebrar xunto ca grada un triunfo que agardamos poida repetirse no vindeiro encontro contra o Poio, onde os do Conservas Boya se xoga meterse na loita polo título.
{phocagallery view=category|categoryid=391|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}