Nin siquera nas súas vacacións falta Juanillo ao seu compromiso cos lectores da web de Camariñas

"Este año, sí". Tal rezaba tempada tras tempada unha agónica e desesperada pancarta no  graderío do Estadio Vicente Calderón mentras nos terreos de xogo un novo proxecto megalómano e totalitario de Jesús Gil y Gil se estrelaba con estrépito. Entón, chegou o ano 1996 e o Atlético de Madrid conseguío o histórico doblete e nunca máis se soubo dunha pancarta convertida en premonitoria. Do mesmo xeito tras múltiples anos de frustración colectiva o proxecto muchimillonario posto en pe polo FC Camariñas parece ir en serio e facer deste ano o do tan ansiado ascenso: novo paseo triunfal en O Pindo con malleira incluida. Tamén victorias axustadas de Porteño e Xaviña que completan desta forma un pleno futbolístico municipal. Por outro lado as pérdidas económicas cifradas en miles de millóns de euros desta pasada fin de semana en España non se limitaron tan só ao parón dos controladores aéreos: por mor dun piso demasiado húmido tívose que suspender a Liga das Viejas Leyendas con todo o enorme quebranto económico que elo trae aparellado. Así, fálase xa dunha demanda archimillonaria contra os causantes do parón polos danos e perxuizos invaluables económicamente causados ao gran torneo de masas da Costa da Morte. O que sí que non falla é o redactor-xefe dos deportes de camarinas.eu, que non falta á cita cos seus lectores nin cando disfruta dunha merecida ponte vacacional ca súa familia en Cartaxena, terra onde o Mago de Corea deixou unha pegada inolvidable, como tamén difícil de olvidar será o compromiso permanente de Juanillo cas xentes do seu concello da alma.

CERCEDA
Non xogou porque a liga tivo un parón de dúas semanas.

O PINDO 2-6 CAMARIÑAS
¡¡Intratable!!!. Así é como se está comportando o Camariñas nas derradeiras xornadas de liga, goleando a cantos rivais lle sean ao paso. Desta viaxe, tocoulle ao Pindo. O equipo de Manolín endosoulle un set. Auténtico partidazo o que se espera en Camariñas a vindeira xornada, o Fisterra será o próximo rival.

PORTEÑO 3-2 CARNOTA
Victoria do Porteño sobre o colista, o Carnota por tres goles a dous. Tres puntos que os de Gerpe necesitaban coma auga de maio e que esperemos que lle sirvan para coller confianza para afrontar as vindeiras xornadas con máis moral. O próximo rival do Porteño será o Club do Mar, o actual segundo
clasificado. Veremos se o Porteño é capaz de dar a sorpresa.

XAVIÑA 3-2 CORCOESTO

Pois si, este Xaviña segue imparable nos seus partidos que xoga como local e o Corcoesto puido comprovalo no sua propia pel. Boa victoria diante dun rival directo para evitar quedar nos últimos postos da clasificación. O Xaviña visitará Coristanco a vindeira xornada para enfrontarse ao equipo coristanqués.

XUVENÍS: CORME 8-1 CAMARIÑAS
Malleira a que levaron os rapaces do Camariñas na súa visita a Corme donde encaixaron nin máis nin menos que oito goles. O Camariñas recibe ao Ponteceso a próxima xornada.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 2-1 AT. MILAGROSA

Victoria importantísima do Camariñas para meter terra de por medio cos equipos que están en postos de descenso. A vindeira xornada, o Camariñas xoga contra o San Román.

VETERÁNS: DEP. CARBALLO 1-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño en Carballo que fai que se rompa a formidable racha de resultados que levaba o equipo da Ponte do Porto. A próxima xornada, o Porteño xogará en Cerqueda.

AS BALEAS
BENXAMÍNS: AS BALEAS 8-4 DUMBRIA
Chegou a primeira victoria dos máis pequeniños nun partido trepidante. Seguro que nun futuro próximo, estes rapaciños vannos a dar moitas alegrías.

ALEVÍNS: AS BALEAS 5-3 DUMBRIA
A maquinaria dos alevíns está completamente engrasada e unha vez máis demostrárono gañándolle ao todopoderoso Dumbría.

INFANTÍS
Tiveron outra xornada máis de descanso porque o Dumbría non ten equipo na categoría infantil. A vindeira xornada, As Baleas enfrontarase ao Muxía en categoría Benxamín e Infantil, os alevíns polo tanto, terán que descansar.

LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS
Xornada aprazada por mor do mal estado no que se encontraba a pista do Pabellón Municipal de Deportes debido a humidade.

PD- Esta semana tan só aparecen pequenos comentarios dos partidos debido a que me encontro de viaxe en Cartagena. Para a semana vindeira, voltaremos a normalidade e como non, voltarán tódalas crónicas de sempre. Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder, independente e de ideas propias.


 


Engadir un comentario