4.9411764705882 1 1 1 1 1 Rating 4.94 (17 Votes)

Especial seguimento ao derby camariñán e a partir de agora tamén a Liga de Viejas Glorias

Foi como se unha corrente eléctrica percorrera ao longo do domingo todos os campos dun país adicado maiormente en corpo e alma ao fútbol e anticipara o que había de acontecer o luns 29 de novembro de 2010 no Estadio Camp Nou. En efecto, a derradeira xornada no fútbol da Costa foi a das tundas contundentes e así o FC Camariñas acadou unha victoria sobrada ante o Porteño FC nun derby prácticamente calcado ao que o día seguinte paralizou España; unha quenta como é debido foi a que novamente a domicilio (e en día de domingo) recibío o Xaviña FC en terras de Mazaricos; un repaso en toda regra foi asemesmo o que lle endilgaron aos noves heroicos homes que defenderon cas botas postas o pabellón dos Veteranos do Camariñas ante o Bergantiños no día en que Gonzalo dimitía xa definitivamente do seu cargo de adestrador. Ante tanta tunda viramos os nosos ollos cara a competición máis igualada da Costa Atlántica, a Liga das Viejas Leyendas, onde a partires da presente data será o mellor futbolista da historia da Costa da Morte o que semanalmente repase o acontecido ante as masas que enchen o Pabellón Municipal de O Areal nas soñolentas tardes dominicais a través dunha crónica completa e documentada por tres testigos privilexiados. En fin, querido accionariado, ahí quedou para a historia a xornada derradeira do mes de novembro de 2010 con todas as súas boas tundas, quentas, pasadas, caldeiradas, cacheladas, repasos, baños...

MESÓN DO VENTO 0-2 CERCEDA
Gran partido o que xogamos o pasado sábado diante do Mesón do Bento e no que levamos a victoria merecidamente. Manu Barreiro non voltou a faltar na súa cita co gol, con este último xa son 4 os partidos nos que leva marcado gol consecutivamente, e suma xa 9 na súa conta particular. O segundo gol foi obra de Xaco, é o seu primeiro gol da tempada que lle serve para romper ese mal fario e a partires de agora seguro que os goles de Xaco serán máis asiduos. Tres puntos que nos serven para acadar o liderato, o Ferrol só puido empatar na súa visita a Estrada. Agora somos líderes, levámoslle 1 punto de vantaxa ao Ferrol pero eles teñen un partido de máis. Duas semanas de parón temos agora debido a que a Selección Galega Amateur (xogadores que como máximo xogaron ata a terceira división) viaxa ata Malta para xogar un torneo, de ahí que se suspenda a liga ata o vindeiro 19 de decembro, data na que recibiremos ao Santa Comba no campo de O Roxo.

CAMARIÑAS 4-0 PORTEÑO
Goleada do Camariñas no derbi ao Porteño, nun partido no que se esperaba que os de Gerpe puxeran en máis apretos ao líder. O Camariñas foi mellor que o Porteño nos 90 minutos de encontro, pero ben é certo, que o primeiro gol do Camariñas chega nun penalti polémico que o árbitro sinalou cando un xogador do Porteño toca o balón coa man, o que provoca as protestas dos xogadores visitantes que lle din ao colexiado que estaba fora da área no momento de producirse a infracción. O Camariñas foi o claro dominador do partido e o que dispuxo de máis ocasións para gañalo como así foi. Os goles do cadro que dirixe Manolín, foron obra de Mané en duas ocasións, Juan o Vello e Brais.
Moita xente no Hermanas Patiño, onde os seguidores do Porteño fixéronse notar, e a pesares da derrota do seu equipo, non deixaron de animar en todo o encontro. Un exemplo de afección, e que sigan así. Esta victoria unida ao empate do Ponteceso, fai que o Camariñas sexa o líder con 3 puntos de vantaxa sobre os da vila de Pondal e o Club do Mar. O Porteño pola súa parte, segue nos postos baixos da clasificación e ten unha boa opción no próximo encontro, reciben ao colista Carnota para intentar acadar 3 puntos que lle sirvan para subir postos na clasificación. O Camariñas pola súa parte, viaxará ata Carnota para enfrontarse a O Pindo, un partido no que tratará de gañar para afianzar o liderato.

MAZARICOS 4-0 XAVIÑA

Caeu derrotado o Xaviña ante o líder, o Mazaricos por catro goles a cero. Tiña moitas baixas o Xaviña pero de todas formas plantoulle cara ao líder. A vindeira xornada, os homes que dirixe Iago e preside Isaac, reciben no Hermanas Patiño ao Corcoesto, equipo co cal están empatados a 8 puntos na clasificación. Boa ocasión para demostrar que na casa o Xaviña segue forte e boa ocasión para sumar 3 puntos máis.

XUVENÍS
Tocoulle descansar ao Camariñas esta xornada, a próxima, viaxan ata Corme para enfrontarse ao equipo cormelán.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 0-5 BERGANTIÑOS
Malos tempos corren para o Camariñas de veteráns que desta vez non foi capaz de xuntar 11 xogadores, tan só dispuxo Gonzalo de 9 futbolistas para xogar ante o Bergantiños e de ahí que non estrane a goleada encaixada. Dimitiu Gonzalo do seu cargo, e a partires de agora non se sabe moi ben o futuro que lle agarda ao equipo. A próxima xornada, o Camariñas xogará ante o At. Milagrosa.

VETERÁNS: PORTEÑO 2-1 MALPICA
Terceira victoria consecutiva do Porteño que está escalando posicións na táboa clasificatoria a todo trapo. Tiveron que remontar un resultado adverso os da Ponte do Porto, o Malpica adiantaríase no marcador, pero os goles de Luis de Quecha e de Sergio, déronlle a volta ao marcador e os tres puntos quedaron na casa. Magnífica a racha do Porteño que leva 4 xornadas sen perder, esperemos que sexan moitas máis. O Porteño viaxará ata Carballo a próxima xornada para enfrontarse ao Deportivo Carballo.

AS BALEAS
Descansaron os rapaces das Baleas esta xornada. A vindeira, As Baleas recibe ao Dumbría en categoría Benxamín e Alevín. Novamente os Infantís terán que descansar porque o Dumbria non ten equipo nesa categoría. Unha pena que os nosos teñan que agardar tanto para xogar un partido. Os partidos terán lugar o vindeiro sábado 4 de decembro a partires das 10 da mañán no Pabellón Municipal de Camariñas.

LIGA DE VETERÁNS DE FUTBOL SALA AS BALEAS.

{xtypo_rounded_left2}
Clasificación
1º- Os Boliños 24 ptos.
2º- Frio Darío 23 ptos.
3º- Xambois 19 ptos.
4º- Puerto Arnela 18 ptos.
5º- Panadería León 17 ptos.
6º- Lago Lin 13 ptos.
7º- Kerubín 3 ptos.
8º- Const. Mantido 0 ptos.

Próxima Xornada
Lago Lin – Pan. León, 16:00 h
Xambois – Os Boliños, 17:00 h
Frio Darío – Kerubín, 18:00 h
Mantido – Pto. Arnela, 19:00 h

{/xtypo_rounded_left2}

Temos un novo apartado adicado a Liga de Veteráns de Fútbol Sala organizado por As Baleas. Debido a que o anterior cronista e colaborador de camarinas.eu abandonou por falla de tempo para poder facer as crónicas, dende aquí asumimos o papel e faremos unha breve exposición dos partidos así como a elección do xogador máis destacado de cada plantel según a opinión de 3 persoas relacionadas co evento, os meu ollos serán os de eles tres que debatirán i elixirán aos xogadores máis destacados de cada equipo según o seu punto de vista. Sabemos que ao mellor non coincide coa opinión dos lectores, pero para iso existen os gustos. Resultados:
Os Boliños 9-4 Lago Lin

Partido que tivo un claro dominador i ese foi o actual líder, Os Boliños, que dende o principio e ata o fin, foron os merecedores da victoria ante un Lago Lin que sempre o intentou pero nunca puido. Destacou a actuación de Víctor por parte de Os Boliños e de Dani por parte de Lago Lin.
Xambois 7-2 Kerubín
Igual que acontecera no primeiro encontro, os Xambois foron moi superiores ao Kerubín, así se pode comprovar observando o marcador final. Uns Xambois que non queren descolgarse dos primeiros postos e necesitan as victorias como o comer. Pola súa parte o Kerubín, continúa sen gañar debido en boa parte a que lle falla xente e non quixeron fichar a ninguén máis. Polos Xambois hai que destacar a Perilla, que está demostrando que o que tivo, retivo. Por parte de Kerubín destacamos a actuación de Manu.
Frio Darío 7-6 Construcciones Mantido
A piques estiveron de dar a sorpresa os homes de Construcciones Mantido que ata o final tiveron opcións de gañar ou empatar o encontro, pero desta vez atopáronse coa presencia no bando rival de Nando, quen decidiu o partido en 2 accións maxistrales. Está a estela do líder o Frio Darío que non pode perder punto algún. Destacar a actuación de Nando por parte do Frio Darío e de Jony por parte do Construcciones Mantido.
Puerto Arnela 3-4 Panadería León
Foi a sorpresa da xornada, a derrota do Puerto Arnela, que a falta de 2 minutos gañaba o partido por 3 goles a 2. Alónxase dos primeiros clasificados con esta derrota o Puerto Arnela mentres que o Panadería León está disposto a dar máis sorpresas. Destacou polo Puerto Arnela Jamela e polo Panadería León Tono de Preciosa

Esto foi todo canto dou a xornada, pedimos disculpas polo retraso do novo relato correspondente ao Rincón de Jamela, problemas técnicos impedíronnos poder poñer a historia en marcha. Esperemos facelo próximamente. Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a web libre e independente, a de ideas propias!!!

 

Comentarios   

jose de marta
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 28-11-2010jose de marta 01/12/2010 19:49
Solo che faltaba unha cronica catalannnnnnnnnnnnn
jajajajajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador