O talento e ilusións dos nosos rapaces foron xustamente recompensados

Do mesmo xeito que os membros da mellor selección de fútbol actualmente existente no mundo, a de España (a pesar das boas quentas que está a levar en amistosos diversos), eran agasallados recentemente no Teatro Campoamor de Oviedo ca concesión dun premio do prestixio do Príncipe de Asturias, a mellor selección de regatistas existente a día de hoxe na Costa da Morte, a de Camariñas, foi agasallada o pasado sábado 20 de novembro ca concesión dos Trofeos Liga Costa da Morte de Vela 2010, dentro dos actos da XI Gala Premios Nordés, organizada pola Cadena Ser na polémica e impagada Casa de Cultura de Vimianzo. Tal e como nos conta a fantástica web do Club Náutico de Camariñas recibiron os trofeos de mans do Presidente e Vicepresidente da Federación Galega de Vela Helena Ramos, como 2º clasificada da clase Omega, en representación da tripulación formada por Jaime, Marcos, Aníbal e Adrian,  e Carlos González Pasantes, 3º en clase Optimist. Deste xeito prémiase o bo facer, o talento e a paixón continuada polos deportes do mar dos rapaces camariñáns que puideron desfrutar ademáis dos trofeos en si dun suculento cátering ao final do acto do que deron boa conta tal e como ilustra a galería fotográfica captada pola nosa reporteira náutica Estela, presente na entrega de premios ademáis dunha pequena delegación do CNC formada polas directivas Amparo Vázquez, Lola Caamaño, e por Fátima, a monitora de vela.

{phocagallery view=category|categoryid=270|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario