4.952380952381 1 1 1 1 1 Rating 4.95 (21 Votes)

As imaxes captadas en exclusiva por camarinas.eu do partido Xaviña vs. Pereiriña e que tanto estiveron de actualidade esta semana

Todo partido de competición federada que tivera lugar este derradeiro fin de semana e que fora disputado por un conxunto camariñán é desmenuzado pormenorizadamente polo redactor xefe dos deportes do xigante cibernético da Costa Atlántica. Dende os talentosos rapaces da Asociación As Baleas ata os veteranos que destilan as derradeiras gotas futbolísticas que lles quedan por eses campos de Deus atoparán un oco nunha sección erixida por dereito propio en clásico do xornalismo deportivo galego. E así sabemos que o FC Camariñas propinou un severo correctivo ao Vimianzo e continúa como sólido líder da Segunda Rexional; que os pupilos de Isaac Caamaño foron a desputar un encontro a un lugar que xa non é que non saibamos onde se atopa, é que descoñecemos incluso si existe, e que voltaron a levar unha quenta como é debido. Quédalle por espabilar a domicilio ao acorazado balompédico xaviñán, senón non che vai ser nada; que o Porteño de Gerpe obrigou a un dos muchimillonarios da categoría a sudar tinta china (pero tinta da China comunista, máis amarga, máis espesa, máis letal) e que vendío moi cara a súa derrota; que os Veteranos comandados pola man sabia de Gonzalo van como un reactor para o descenso... En fin, de todo esférico que fora rodando a tumbos esta pasada xornada e do que dera boa conta competitivamente un camariñán, aquí en camarinas.eu, facémonos eco das consecuencias que trouxo aparelladas a través da crónica do mellor futbolista en toda a historia da Costa da Morte.

RÁPIDO DE BOUZAS 0-2 CERCEDA
Meritoria e merecida victoria a que acadamos en Vigo diante do Rápido De Bouzas este domingo pasado por o goles a 2. Dalle máis valor se cabe a esta victoria o feito de que o Rápido de Bouzas está a chamado a ser un dos candidatos a estar entre os 4 primeiros ao final da tempada.
Manu Barreiro (que está en plena racha goleadora despois de ter cumplido a súa sanción) anotaría o primeiro gol despois de que Noé centrará de maravilla e lle colocara o balón na testa. Despois sería David Rey quen antes do descanso conseguía o segundo a saída dun córner botado por Xaco. No segundo tempo poidemos ampliar o marcador ao noso favor con ocasións de Rodri, xaco e Manu Barreiro entre outros. Seguimos de segundos, a un puntiño do Ferrol que segue líder pero eles teñen un partido de máis. O importante é que lle sacamos xa 7 puntos ao Ourense, o actual cuarto clasificado e 6 ao Alondras, actualmente na terceira posición da táboa clasificatoria.
As malas novas, foron a lesión de Óscar, que sufreu un pinchazo no muslo da perna esquerda nada máis comezar o encontro polo que tivo que ser sustituido, e a expulsión de Franqueira por dobre cartón amarelo. Baixas moi importantes que se unen as do xa lesionados Dani Bea, Josito e Bautista, o que fai que estemos en cadro. A próxima xornada, teremos un partido moi complicado en Cerceda, recibimos ao Vilalbés, un conxunto que fora da casa leva 5 victorias e un empate.

CAMARIÑAS 4-1 VIMIANZO
Victoria cómoda do Camariñas de Manolín diante dun Vimianzo que está afundido na clasificación. Demostrou a súa superioridade o Camariñas nun partido que dominou de principio a fin e no que dispuxo de moitas ocasións para que o resultado fose máis abultado se cabe. Os goles camariñáns foron obra de Mané por partida dobre, Antelo e de Adrián. Segue de líder o Camariñas empatado a puntos co Club do Mar, un Club do Mar que lle gañou ao Sofán no que era o partido da xornada. Viaxarán a Buño os homes de Manolín na próxima xornada para enfrontarse ao equipo local.

PONTECESO 2-1 PORTEÑO
Partido moi serio o que fixo o Porteño de Gerpe e no que puxo en serios apretos a todo un Ponteceso feito a base de talonario. Encontro no que dominaron as defensas sobre os ataques, e a pesares de predominar o xogo directo, o partido foi interesante ata o remate do mesmo. Adiantaríase o Ponteceso que adestra o camariñán Berto, pero pronto empataría o Porteño por mediación de Cousillas, e cando o partido non tiña un dominador claro, anotou o Ponteceso o segundo gol que a postre sería o da victoria.
Está mellorando xornada a xornada o Porteño de Gerpe e a pasares de perder os últimos 2 partidos como visitante, está demostrando que lle pode gañar a calquera. Eses derradeiros 2 partidos como visitante, xogounos en campos de rivais chamados a quedar campeóns, Fisterra e Ponteceso, e nos dous partidos demostrou que está a altura deles. Visitará o Castriz ao Porteño a vindeira xornada, unha xornada propicia para que os homes de Gerpe sumen 3 puntos.

ALCAIÁN 4-0 XAVIÑA
Contundente a derrota do Xaviña diante dun rival que é da súa liga, o Alcaián iba por detrás do Xaviña na táboa clasificatoria e cos 3 puntos acadados ante o conxunto de Iago logra collelos na clasificación, están empatados con 7 puntos ámbolos conxuntos. Partido xogado nun terreo de xogo que parecía máis un barrizal que outra cousa. Non tiveron o dia os pupilos que preside Isaac e a derrota é incontestable. A vindeira xornada o Xaviña recibirá no Hermanas Patiño ao Corcubión.

XUVENÍS: CAMARIÑAS 3-1 CORISTANCO
Voltaron a senda do triunfo os rapaces do Camariñas e derrotaron con claridade ao Coristanco por 3 goles a 1. Os goles dos Camariñáns foron obra de Víctor, Diango e Tajes. Tocaralle descansar ao Camariñas a vindeira xornada.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 0-2 ZAS
Segue costa abaixo e sen freos o Camariñas de Gonzalo que esta derradeira xornada voltou a perder 0-2 diante do Zas e xa está en zoa de perigo de descenso. Teñen que darlle un xiro radical os de Gonzalo se non queren verse abocados ao descenso de categoría. Tocará pasar unha nova reválida diante do Castriz a vindeira xornada.

VETERÁNS: AUGALADA 1-2 PORTEÑO
Meritoria victoria do Porteño de verteráns que se impuxo ao Augalada por un tanto a dous. Tres puntos que veñen de maravilla para ir subindo postos na clasificación e collendo máis confianza para afrontar vindeiros partidos. A seguinte xornada depara un Club do Mar – Porteño, seguro que os da Ponte do Porto conseguirán traer 3 puntos máis para o seu casilleiro.

AS BALEAS
Tocaba unha xornada na que os rapaces de Vi e Faus recibían ao Fisterra I que traía 2 equipos, en categoría benjamín e categoría infantil, tivendo que descansar polo tanto os rapaces da categoría alevín.
Benxamíns: As Baleas 2-14 Fisterra I
Partido no que os fisterráns foron moi superiores e así o demostra o resultado. Hai que decir que nesta categoría, Vi conta con 20 rapaces os cales xogan todos, repártense minutos tódolos xogadores, cando hai equipos que tan só poñen a xogar a aqueles nenos que destacan. Todo un detalle por parte de Vi , e que o vemos como todo un acerto a pesares de que as veces os resultados poderían ser outros se As Baleas fixera como outros tantos equipos, pero creemos que en estas categorías, deben de xogar tódolos rapaces. Decir que por parte de As Baleas destacou o seu porteiro Isaac, a pesares de levar moitos goles no lombo, fixo paradas de moito mérito e tamén Ismael de Xaviña que tivo unha actuación destacada.
Infantís: As Baleas 14 – 4 Fisterra I
Aplastante a victoria don infatís de As Baleas ante todo un Fisterra ao que golearon sin piedade. Era o primeiro partido dos infantís nesta liga e demostraron con xogo e goles que son un serio aspirante a gañar a liga. Destacar a actuación de Ismael que fixo todo un partidazo.
Próxima xornada:
O sábado 20 de novembro, os rapaces de As Baleas irán ata Vimianzo para enfrontarse ao equipo Vimiancés. Un Vimianzo que tan só ten categoría Benxamín e Alevín. Partidos a disputar no pabellón de Vimianzo a partires das 10 da mañán.

Esta semana aínda non temos preparada a próxima historia correspondente ao RINCÓN DE JAMELA, estamos recoplando datos con Jamela para ter todo disposto a vindeira xornada.

Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder da costa, a de ideas propias!!.


Comentarios   

Mikel
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 14-11-2010Mikel 17/11/2010 20:08
Alégrame ver unha crónica dos rapaces tamén Juanillo...vese q todo o q sexa deporte e si pode ser balompé non o pasas por alto e eso é bo,positivo(com o sempre)...dame algo de temor pensar q vai ser dos infantiles deste deporte...por qué?..porq todo o seu traballo,o q levan feito VI e Gerpe con eles e q os pais estaremos de por vida agradecidos pois grazas a eles estes rapaces e outros,saben o q é vestir unha indumentaria,pa rticipar nun campionato,sabe n q existen ligas para participar e todo elo gracias a todo o q levo mencionado..pod e verse truncado si nn hai continuidade nesa competición en plan cadetes...dame lástima pensar q se lle acabe ahi a súa aficción e ciclo...este ano por exemplo,lamenta blemente os infantiles non teñen competición en futbol herba,xogarán catro partidiños a fútbol sala e fin...particula rmente agradezo ao encargado deste deporte de Vimianzo,q se puxera en contacto cos pais por si querian participar naquel concello...grac ias....saludos e ata próxima primo
Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 14-11-2010Mikel 17/11/2010 20:13
Weno,ainda q o resultado as veces sexa o de menos,hai un pequeno erro...os goles foron 13 para os locales e 4 para Fisterra(5 goles de Maikel,3 de Javi,2 de David e 3 de Ismael)...salie nto tamén a actuación do porteiro Brais(fillo de Victorino)
Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # paréceme correctojuanillo 18/11/2010 08:58
Grazas Mikel. Lamento os erros nos resultados pero déronmos así. Ei de ecir que eu non puiden acudir aos partidos debido a que entrenaba,esper o ir a moitos e así ter anotado todo ben. Tamén darlle a noraboa a tódolos rapaces e ao teu fillo por esos 5 goles, nótase que é do Barsa!!! jajajjajajaj(se non fose polo pai seríao).
Estou contigo en que é unha pena o dos infantís, primeiro olo que me comentou Vi, que este ano apenas hai equipos que teñan categoría infatil, e segundo polo que ti comentas,para o ano serán cadetes i é unha pena que neste pobo de momento non haxa nada para esa categoría, pero intentaremos de algunha forma buscar un método para que haxa fútbol en categoría cadete e así os rapaces poidan disfrutar do que máis lles gusta, que é xogar ao fútbol. Pola miña parte axudarei no que poida, buscar algunha maneira de facer algo como sexa, como se teñen que irse a outro lado, pero hai moito talento que aproveitar en moitos deles e non se pode deixar que o conto quede en nada.
Un saudo primo.
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: A Crónica de Juanillo 14-11-2010Mikel 18/11/2010 10:52
Gracias a ti Juanillo por todo o q fas e farás nun futuro que non me cabe a menor duda q apoiarás sempre este deporte(sin despreciar a ningún)e sobre todo aos máis pequenos e indefensos(os rapaces)...Nora boa polo traballo enorme q fas nesta materia...salud os primacho...
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: A Crónica de Juanillo 14-11-2010rubiasexy 18/11/2010 14:38
ASI ASI JUANILLO FASEDES MAJAS SEFA E OS PEDROS
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.