5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (17 Votes)
Juanillo relata outra nova victoria heroica do Xaviña FCHabería que retrotraerse ás boas épocas do FC Camariñas para atopar un cheo tan espectacular como o que o Estadio Municipal Hermanas Patiño rexistrou cara ás 16:30 horas do sábado 6 de novembro no encontro que enfrontaba ao acorazado balompédico xaviñán contra o Laxe. Máis de 250 aficcionados inundaban uns graderíos que contemplaron un partido que pasará á historia como a segunda victoria inapelable dun conxunto cen por cen producto camariñán que se asenta na categoría a pasos axigantados no ano do seu debut. A día de hoxe en toda a Terceira Rexional galega é moi difícil por non decir prácticamente imposible atopar un conxunto que logre cada semana semellante nivel de asistencia: milagres do club tan sabiamente presidido por Isaac Caamaño. Polo demáis as boas novas non quedaron aquí e así, o FC Camariñas despois dunha exhibición antolóxica en Dumbría colócase como líder da Segunda Rexional e a pizarra de Gerpe levou ao Porteño a unha importantísima victoria tras dúas xogadas de estratexia a balón parado. Por último, a sección que repasa os días gloriosos do fútbol camariñán tínguese de luto esta semana en honor ao recentemente falecido Chao, El Gato de Odessa, a quen o mítico Jamela dedica a crónica do seu debut co Camariñas, un debut que pasaría á historia. Todo elo na sección semanal do redactor-xefe dos deportes de camarinas.eu, adobado con máis de 70 imaxes e dous impresionantes vídeos do acontecido no Hermanas Patiño na heroica tarde do sábado 6 de novembro.

CERCEDA 4-1 CULTURAL AREAS
Partidazo o que fixemos este pasado domingo para conseguir sumar 3 puntos máis para o noso casilleiro particular e no que nos voltamos a reencontrar co gol. En parte a culpa foi de Manu Barreiro que voltaba ao 11 inicial despois de ter cumplidos 3 partidos de sanción e él só meteu 3 goles, como se di actualmente no mundo do fútbol, anotou un hat-trick. O cuarto foi obra de Dani Bea.
Non comezaría nada ben o partido para nós, pois no minuto 1 de partido o Cultural Areas pillaríamos nunha contra e adiantaríase no marcador. Pero pouco lles duraría a alegría, pois en tan só 4 minutos empataríamos e a partires de ahí comezaríamos a xogar moi ben e a dispoñer de ocasións unha e outra vez. Ao descanso chegaríamos co resultado de 3-1. No segundo tempo, ampliamos a vantaxa e Xaco, Noé, Manu Barreiro e Franqueira entre outros, poideron anotar máis goles pero a sorte non estuvo ao seu carón. Non fallou o Ferrol que sigue de líder e pásanos un punto pero ten un partido máis, o que si fallou de novo, foi o Ourense que desta volta perdeu co As Pontes. Para a semana visitaremos Vigo para enfrontarnos ao Rápido de Bouzas.

PORTEÑO 2-1 SAN LORENZO
Importantísimos 3 puntos acadados polo Porteño de Gerpe diante dun rival duro como é o San Lorenzo. Tiveron que remontar os homes de Gerpe un resultado adverso e fixérono en 5 minutos, en xogadas a balón parado que son de vital importancia no mundo do fútbol. O San Lorenzo en xeral dispuxo de máis ocasións para gañar, pero como lle pasou ao Porteño outros días, se non metes as ocasións que creas soes acabar perdendo, e así foi.
Adiantaríanse os de Verdillo ao pouco de comezar o segundo periodo, pero entre os minutos 70 e 75 prodúxose a remontada do Porteño, primeiro o Pejo e despois Pepe Wii, conseguían sendos goles que lle daban o triunfo ao Porteño. Tres puntos moi importantes para coller confianza e comezar a escalar postos na táboa clasificatoria. Para vindeira xornada, o Porteño viaxará ata Ponteceso para enfrontarse ao equipo local, a priori un dos favoritos polo presupuesto que ten, pero o Porteño sen tantos cartos, pode acadar un bon resultado e seguramente así será.

DUMBRIA B 2-6 CAMARIÑAS
Media ducia de goles foron os que lle meteu o Camariñas de Manolín ao Dumbría B, un Dumbría B que tan só foi capaz de aguantar o primeiro tempo posto que tras o descanso o Camariñas pasou como un ciclón por enriba do Dumbría B. Adiantaríase o Camariñas por mediación do fisterrán Mané, pero antes do descanso o equipo local conseguía remontar e meter o medo no corpo aos homes de Manolín. No segundo periodo, Brais, que fixo un hat-tric, Adrián e un gol en propia meta do Dumbría B, deixaban o resultado no definitivo 2-6. Colócase de líder o Camariñas empatado a puntos co Sofán e o Club do Mar tras este último resultado. Para semana o Camariñas recibe no Hermanas Patiño ao Vimianzo.

XAVIÑA 3-2 LAXE
Segunda victoria do Xaviña de Iago diante do Laxe que serve para confirmar que o clube que preside Isaac vai a máis, que cada xornada crece. Abarrotado estaba o Hermanas Patiño este sábado pasado con máis de 200 persoas presenciando o encontro, moitas delas chegadas dende Laxe. Ao Xaviña chegoulle un primeiro tempo no que foi moi superior ao Laxe para gañar o partido. O primeiro gol foi obra de Dani, un rapaz que está demostrando que esta categoría quédaselle curta e que de seguir así apunta moi lonxe, Chapulín conseguiría o segundo tras unha vaselina perfecta na que o porteiro laxeiro só puido mirar como entraba o balón e co 2-0 chegábase ao descanso.
Na reanudación do encontro sería novamente Dani o que acadaría o 3-0 e a partires de ahí o Xaviña deixouse ir e debido a esa confianza chegaron os sustos. Así o Laxe acurtaba distancias por dúas veces e os derradeiros minutos foron de infarto, o Laxe colgaba balóns unha e outra vez pero afortunandamente o marcadou non se movería.Sete son os puntos que xa ten o Xaviña que na vindeira xornada xogará contra o Alcaián.

XUVENÍS: CABANA 4-2 CAMARIÑAS
Nova derrota dos nosos rapaces que desta vez non foron capaces de doblegar ao Cabana. Para vindira xornada o Camariñas recibe no Hermanas Patiño ao Coristanco.

VETERANOS: CAMARIÑAS 0-4 BAIO
Nova derrota dos homes de Gonzalo esta vez diante do Baio que foi superior e mereceu a victoria. Está atravesando por unha profunda crise de resultados UN Camariñas que se está acercando perigosamente aos postos de descenso. Esperemos que para a vindeira xornada na que xogan contra o Zas poidan cambiar está dinámica perdedora que están a levar últimamente.

VETERANOS: PORTEÑO 1-3 BUÑO
Bo partido o que fixo o Porteño pero en 10 minutos tolos perdeu o que tiña gañado. Hai que sinanalar que a actuación arbitral perxudicou claramente ao Porteño e influiu no resultado final, non pode arbitrar un partido un señor que ten ao seu fillo xogando no equipo visitante, neste caso no Buño, eso non é de recibo. Adiantaríase o Porteño no marcador por mediación de Pocho, pero no segundo tempo o Buño axudado polo árbitro conseguÍO remontar o partido e deixar o resultado final en 1-3. Ten que olvidar o Porteño este partido e pensar xa no seguinte, onde viaxará ata Agualada para enfrontarse ao equipo local.

AS BALEAS
Comezou un novo campeonato de fútbol sala no que AS BALEAS participa en categoría Benxamín, Alevín e Infantil. Na primeira xornada Vi e Faus viaxaron cos seus rapaces ata Cee para enfrontarse ao equipo Ceense en categoría Benxamín e Alevín. Os infantís non xogaron posto que o Cee non tiña equipo.

BENXAMÍNS: CEE 8-5 AS BALEAS.
ALEVÍNS: CEE 3-7 AS BALEAS.
A vindeira xorna, As Baleas recibirá ao Fisterra I. Os encontros terán lugar o Sábado 13 de novembro, no pabellón municipal de Camariñas.
10:00 horas, Categoría Benjamín
11:00 horas, Categoría Alevín
12:00 horas, Categoría Infantil.

O RINCÓN DE JAMELA
"O día do debut de Jamela co Camariñas en Ponteceso"
O primeiro que nos di JAMELA é que esta historia vai adicada para o seu gran amigo da alma, esto vai por CHAO.
Xogaba o Camariñas en Ponteceso, amanecera un día de chuvia e o por aquel entón adestrador do Camariñas, o vimiancés Perucho, tivo que chamar a un rapaz do pobo, a un mariñeiro de 16 anos para ir a xogar a Ponteceso posto que un tal Moli que era o dianteiro por aquel entón do Camariñas, cada día que había mal tempo non aparecía a xogar, aquel rapaz non era nin máis nin menos que Jamela.
Chegou o equipo camariñán a Ponteceso e debido á gran tromba de auga caída durante todo o día, o campo do Ponteceso parecía máis unha piscina que outra cousa, o terreo de xogo estaba anegado completamente, había charcos por tódolos lados. O adestrador camariñán da a alineación e Jamela sale no once titular. Unha vez pisado o campo, Jamela acércase a Juan de Penedo para preguntarlle como se xogaba nun campo encharcado. A contestación de Juan de Penedo foi moi simple, díxolle a Jamela que tiña que xogar como o facía habitualmente na praia. A praia por aquel entón era donde xogaban os rapaces camariñáns ao fútbol cando baixaba a marea, enfronte a onde actualmente está Encaixes Mª Julia, o Bar Victoria, o Bar Playa, Encaixes Gelina… Ahí era donde se xogaba ao fútbol a finais dos anos 70.
Dito e feito, Jamela captou a idea e nada máis comezar o partido, comezaría o espectáculo. Jamela adaptouse como ninguén ao terreo de xogo, cada balón que collía, desplazábao un pouquiño e situábao nunha zoa onde había moita auga, alí esperaba que viñera un rival, cando éste chegaba, Jamela en vez de golpear o balón, golpeaba a auga da poza para a cara do seu contrincante e mentras este se limpaba, Jamela elevaba o balón cunha exquisita técnica e avanzaba un pouco máis cara a portería rival e voltaba a parar de novo diante dun charco, e veña a misma maniobra, xogador do Ponteceso que se acercaba, xogador que saía salpicado de auga e quedaba cego uns instantes, instantes que Jamela aproveitaba para avanzar. Increíble pero certo, un recén debutante de 16 anos que asimilou o fútbol da calle ao fútbol competitivo, e con resultados excelentes.
O Camariñas gañaría 0-3, Jamela anotaría o primeiro gol, o segundo foi obra de Pastoriza e o terceiro de Juan de Penedo. O adestrador do Camariñas ao acabar o partido, preguntoulle a Jamela que de onde sacou esa inteligencia, esa astucia e picardía para xogar de esa forma. A contestación de Jamela foi clara e simple, díxolle que lle preguntara a Juan de Penedo como había que xogar en sitios como ese e que Juan lle dixera que había que xogar como o facían na praia. A partires de entón, o adestrador díxolle a Jamela que non volvería a sentarse nun banco de suplentes, que pese a edade ell estaría sempre no campo. Ata aquí todo canto dou a xornada e o Rincón de Jamela.

Dende a web CAMARINAS.EU tamén nos queremos unir a Jamela, e adicarlle este artigo a CHAO. Onde queira que estés, que sepas que vai por ti, e sempre estarás connosco.

Comentarios   

rubiasexy
0 # RE: A Cronica de Juanillo 07-11-2010rubiasexy 11/11/2010 15:48
muy bonitas fotos e o vidios tamen juanillo sale muy guapo falando bueno desir que gracias adiego e os que lle asudan chao dios cheteña na gloria amigo de to@s chao sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador