5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (13 Votes)

Jorge Vázquez adestrado polo mítico porteiro Elduayen

Se hai uns meses falábamos de que unha das perlas da prolífica canteira da Asociación As Baleas, Javi Valencia Vigo, acababa de fichar polo Deportivo da Coruña Benxamín, agora e na mesma demarcación, a de porteiro, temos que falar dos éxitos doutro xove camariñán que pouco a pouco, con gañas, traballo e ilusión, estase abrindo paso no duro e competitivo mundo do fútbol. Trátase de Jorge Vázquez Barcia, rapaz de 11 anos, fillo do noso querido amigo Rique dos Catro Ventos, que ven de ser seleccionado para a Selección Coruñesa de Fútbol 7. Jorge, como tantos e tantos rapaces da Vila das Palilleiras, dou os seus primeiros pasos fútbolísticos baixo a sabia batuta dos seus adestradores das Baleas, sobre todo Visentiño e Faus (aos que os pais de Jorge queren agradecer especialmente todo o traballo e sacrificio adicado ao seu fillo e fan partícipes deste gran éxito acadado por Jorge). Despois dou o salto ao esixente Luis Calvo de Carballo no que fui campeón de liga de futbol 7 ademáis de ser nomeado recentemente mellor porteiro do Torneo de Laracha de Fútbol 7.  Xa nas Baleas Jorge fora campeón da Liga e da Supercopa de Futbol 7 da Costa da Morte. Un currículum envidiable que o levou a adestrar tal e como ilustra a imaxe con vello mito das porterías españolas como Agustín Elduayen (Real Sociedad, Atlético de Madrid, Burgos, Deportivo da Coruña) e antigo coñecido na Escola de Hostelería do noso redactor Luis Esteiro Ramos. Seguro que cas gañas e o talento natural que Jorge posee seguirá dando pequenos pero firmes pasos para quen sabe si un día poder chegar ao máis alto do fútbol español. En principio xa nacío dotado do talento natural dos camariñáns para a práctica do deporte rei. E como é normal os seus pais móstranse moi orgullosos dos logros de Jorge ao cal queren dar unha grata sorpresa comunicándolle a boa nova a través da web máis vista da Costa da Morte. ¡¡Felicidades Jorge e xa sabes: a traballar duro!!

Convocatoria da Federación Galega de Fútbol

 


Comentarios   

jose de marta
+4 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7jose de marta 08/11/2010 23:14
Muita suerte jorge,demostral le o porteiraso que eres.
Responder | Denunciar ante o administrador
samsam
+4 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7samsam 09/11/2010 06:01
felicidades e suerte jorge
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+4 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7juanillo 09/11/2010 08:39
Noraboa jorge!!!!. Xa sabemos en Camariñas o gran porteiro que eres e agora vas a demostrarllo a todo o mundo con esta convocatoria. Sigue traballando duro que seguro vas a ter máis premios en formas de convocatorias e non olvides que tamén hai que estudiar!!!!.
Noraboa aos pais tamén.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7rubiasexy 09/11/2010 08:47
EU TAMEN QUERO DARLLE FELICIDADES A JORGE ASI O DEPORTE E ACOUSA MAIS BONITA SIGE ASI FELICIDADES OS PAPAS QUE UN ORGULLO SEFA
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+4 # # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7ReyesFP 09/11/2010 09:21
Una agradable sorpresa al leer la noticia y reconcer en ella a Jorge, el muchachito, que en el verano pasado se hizo amigo ocasional de mi nieto (Aitor) y pasaron juntos algunos ratos jugando a pelota en la plaza do Consello (Insuela).

Enhorabuena, que tengas suerte y trabajes duro para conseguir nuevas metas.

Reyes
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # Felicidades Jorge!diegoalfr 09/11/2010 09:49
Moitas felicidades por esa convocatoria tan merecida Jorge. Que teñas unha grata sorpresa hoxe cando vexas camarinas.eu ao chejar da escola. A seguir traballando así e non te olvides que o máis importante son os estudios. Faille moito caso a teus pais, tíos e abuelos que che queren muito e que queren tamén o mellor para ti. FELICIDADES CAMPEÓN!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion Coruñesa F7Mikel 09/11/2010 10:45
Felicidades e muita suerte Jorgiño
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Jorge Vazquez na Seleccion CoruñesaBeldoña 09/11/2010 19:57
ANIMO JORGIÑO, que tes que triunfar tanto nó deporte como nos estudios.
NORABOA, CHAVAL.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
tendillo
+1 # titulartendillo 26/11/2010 11:38
Jorge, saio titular e o resultado final foi de 3 a 3. Tuveron mala suerte pois mallaron neles canto puideron pero a pelota non quixo entrar. Suerte jorge.
Responder | Denunciar ante o administrador