Juanillo, Redactor en Xefe de Deportes de Camarinas.eu

Normalmente, un medio de comunicación defínese, entre outras moitas cousas, polo número dos seus colaboradores. O que caracteriza aos de camarinas.eu é, aparte do feito de que estamos a falar dunhas colaboracións desinteresadas, a calidade e sabiduría dos seus escritos. Xente como Juanillo, Jamela, Juan Camariñán, Luis Esteiro, Antonio Puertas, Florentino Rogero, Xosé Luis Alvite Carballo, etc... completan unha nómina impresionante que contribuío decisivamente a convertir xa por tercer ano consecutivo á web da súa terra nai en líder indiscutible (e a estas alturas tamén indiscutido: habería que ser mui bobo para entrar a rebatir os simples datos) de toda a Costa da Morte, cunha ventaxa crecente en cantidade e calidade. Un responsable directo delo foi o xefe dos deportes de camarinas.eu, o mellor futbolista da historia deste olvidado recuncho atlántico, que ademáis de implicarse activamente na web dende o primer día logrou para a mesma fichaxes impensables como a do mítico dianteiro do mellor Camariñas FC da historia Jamela, o cal na presente crónica procede a relatar a auténtica historia dunha escena que, con diferentes variantes, ven circulando pola Vila das Palilleiras durante os derradeiros 30 anos en forma de mito ou lenda aumentada e magnificada pola memoria popular ata límites insospeitados. Coñece da man do propio Jamela a realidade duns feitos únicos, auténticos, históricos.

NARÓN 0-0 CERCEDA
Empate a cero goles que acadamos o sábado en Narón nun partido no que acusamos a falta de gol. Numerosas foron as ocasións que tivemos ao longo de todo encontro e sobre todo na segunda metade na que sacamos 13 córners e chegamos ao área contraria en máis de duas ducias de ocasións, pero goles que é o importante, non acadamos ningún.
Malísimo era o resultado o sábado pero que se converteu en bo resultado o domingo, ¿e como é isto?. Pois moi fácil, o domingo tanto o Ferrol coma o Ourense perderon os seus correspondentes partidos e o punto acadado en Narón foi de moita valía, sérvenos para estar a tan só un puntiño do líder o Ferrol e para distanciarnos outro do Ourense, eso si, ámbolos conxuntos teñen un partido de máis posto que ainda non descansaron e nós si o fixemos. Para a semana recibimos ao Cultural de Areas, un partido que temos que gañar si ou si.

CAMARIÑAS 2-3 SOFÁN
Derrota dolorosa a que sufriu o Camariñas no Hermanas Patiño diante do Sofán por 2 goles a 3. Arrancaría ben o cadro de Manolín e adiantaríase no marcador por dúas veces, primeiro Juan o Vello que unha semana máis acudío a súa cita co gol, e despois Adrián quen marcaría de novo para colocar o 2-1 no marcador.
Pero incomprensiblemente no segundo tempo, o Camariñas veuse abaixo e o Sofán creeu na remontada e así o fixo, anotaría 2 goles neste segundo tempo para deixar o marcador no resultado final de 2 goles a 3. Estase voltando tola a liga da Segunda Regional, pois o líder o Fisterra perdeu diante do conxunto que adestra o camariñán Tono do Atlántico, o Baio e a parte de arriba da táboa clasificatoria aprétase máis que nunca. Para a semana o Camariñas visitará Dumbria para enfrentarse ao Dumbria B.

MALPICA 1-1 PORTEÑO
Valioso o punto que conseguiu o Porteño de Gerpe na súa visita a Malpica a pesar de ir por detrás no marcador. Serio estivo o Porteño na faceta defensiva o que fixo que o Malpica non tivera ocasións de gol.
Cousillas foi o goleador do Porteño, co seu gol conseguío salvar un punto que lle ten que dar moral aos homes de Gerpe para afrontar a vindeira xornada con máis moral e así intentar escalar posicións para saír dos postos perigosos da clasificación. Partido complicado o que terá o Porteño o próximo fin de semana, recibirá ao San Lorenzo, un equipo que está nos postos altos da clasificación pero que seguro os homes de Gerpe van a gañar.

CERQUEDA 2-1 XAVIÑA
Se falásemos de baloncesto diríamos que o Xaviña perdeu sobre a bocina. Empataba o Xaviña no minuto 83 por mediación de Búa un partido no que o Xaviña sufriu moito, pero no tempo de desconto e cando todo o mundo pensaba no empate chegou o gol do Cerqueda que deixou ao equipo de Iago de pedra. Mellora día a día o Xaviña a pasos axigantados e demostrouno en Cerqueda. Para a vindeira xornada o Xaviña recibirá no Hermanas Patiño ao Laxe, outro equipo recén creado este ano, esperemos poder contarvos a segunda victoria do Xaviña.

XUVENÍS : CAMARIÑAS 2-0 BERGANTIÑOS B
Chegou a primeira victoria do Camariñas esta tempada diante do Bergantiños B por 2-0 con goles de Diango e de Tajes. Partido moi completo o que fixo o Camariñas e que mereceu gañar por máis goles. O Camariñas enfrontarase na próxima xornada ao Cabana.

VETERANOS: CAMARIÑAS 1-2 XUV. BERGANTIÑOS
Voltaron a caer nos derradeiros minutos os homes de Gonzalo despois de dominar ao líder e perdonarlle a vida. Normalmente no fútbol o que perdoa acábao pagando e xunto cunha decisión arbitral nada acertada, pois anuloulle un gol legal a Teodoro, o Camariñas acabou perdendo. Racha negativa a dos homes de Gonzalo que teñen que cambiala na próxima xornada na que se enfrontan ao Baio.

VETERANOS: PORTEÑO3-1 LEILOIO

Magnífica victoria a acadada polo Porteño esta xornada donde derrotou claramente ao Leiloio por 3 goles a 1. Por fin chegou a primeira victoria da tempada e seguro que van a ser moitas máis a partires de agora. Os goles do Porteño foron marcados por Pocho, fixo doblete e por Parri. Para a semana o Porteño enfrontarase ao Buño. Seguro que será a segunda victoria.

O RINCÓN DE JAMELA.
“O DIA NO QUE ATA 5 XOGADORES ACABARON MALLADOS NA REDE DA PORTERÍA DO CAMPO HERMANAS PATIÑO”

Corrían os principios dos anos oitenta cando o Camariñas de Jamela afrontaba unha xornada máis de liga, levaban unha andaina de luxo, estaban clasificados entre os tres primeiros, nunha liga da costa da que según tódolos compoñentes do equipo din, sería comparable a actual regional preferente como mínimo. Nesas chegaba ao Hermanas Patiño o Sporting Zas. Presumíase un duro encontro debido a rivalidade existente entre os equipos pola proximidade das localidades.
O partido comezaría e pronto o Camariñas, con Jamela na punta de ataque, intensificaba o seu dominio e unha e outra vez chegaban a portería visitante pero non materializaban as ocasións. Marcaría o Zas o 0-1 e empataría o Camariñas. Co 1-1 no marcador chegábase ao descanso. Tralo descanso, máis do mesmo, un asedio constante á portería defendida polo porteiro do Zas, pero non chegaba o gol, unha e outra vez Jamela e compañía non encontraban a forma de batir ao porteiro visitante. Os minutos pasaban e o final do encontro estaba máis preto que nunca. Os homes do Zas preguntábanlle ao árbitro canto quedaba, para eles un empate en territorio Camariñán era como unha victoria.
Entrábase no último minuto do desconto cando se produce a xogada que pasaría á historia, protagonizada por Jamela, ese xogador que era unha forza da natureza, un home que chegaba do mar e ía directamente a xogar, era incansable, inconmensurable. Producíase unha falta case no centro do campo un pouco ladeada a dereita, cerca do banquiño local e atacando o Camariñas cara a portería onde estaban situados os vestiarios. O Panadeiro era o encargado de sacar a falta e Jamela pega unha carreira cara o Panadeiro e dille que mande o esférico a dentro da área pequena que él se encargaba do resto. O Panadeiro faille caso e con un exquisito golpeo de balón coloca o esférico describindo unha fermosa parábola no sitio exacto que lle había indicado Jamela. Chega o balón as inmediacións da área pequena e o porteiro do Zas e 4 defensores van a polo balón no mesmo momento que Jamela tamén o fai, o esférico cae morto no chan e Jamela no medio do barullo, extende os brazos e mentras coa perna se leva a pelota cós brazos e o seu propio corpo comenza a empurrar a tódolos defensas e ao porteiro para dentro da portería. Ao final acaba o balón xunto con 4 defensas máis o porteiro do Zas dentro das mallas, parecían sardiñas enliadas na rede. Gol que sube ao marcador e lle daba a victoria ao Camariñas de Jamela e compañía.
Mentres os camariñáns celebraban o gol os homes do Zas correron a protestarlle ao árbitro, decían que Jamela empurrara a todos eles, que cometera falta a 5 xogadores!!! A contestación do árbitr otamén queda para a historia: o colexiado da contienda díxolles aos xogadores do Zas que non tiñan vergoña protestar polo feito de que un só home metera para dentro da portería a 5 xogadores!!!!! Díxolles que se foran a duchar que era unha humillación que protestaran porque un só home metera a todos eles dentro da rede. Ese home tan só pode ser Jamela!!.
O gol subeu ao marcador e Jamela e compañía foron a celebralo como de costume, con unha enchenta.

Esto foi todo por esta semana. Continuará Jamela deleitándonos coas historia do seu Camariñas da alma.
Un saúdo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a web de ideas propias, inimitable.

{phocagallery view=category|categoryid=245|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

jose de marta
+3 # RE: A Crónica de Juanillo 31/10/2010jose de marta 03/11/2010 22:01
Nin o colista roncero ,hay que entrenar algo mais si non, non che e nada,jajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
+3 # Jamela o masJuan Camariñan 04/11/2010 12:41
Lastima de Jamela con trinta anos xojando na lija de veteranos das Baleas, tiña que ser un xou, el nun equipo e o Socho no outro.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # Jamela for ever!diegoalfr 04/11/2010 18:58
Jajaa.. von bo de rirme con esta historia !! Moi ben narrada Juanillo! Teño escuitado esta xogada desde que era pequeno. Increible Jamela. Como dicía Paco de Roque cando lle preguntaban por este portento da naturaleza:

"Jamela??? Nin vinte Ronaldos."

Chapó Juanillo. Da gusto ler as túas crónicas.
Responder | Denunciar ante o administrador