4.9090909090909 1 1 1 1 1 Rating 4.91 (11 Votes)

Juan Cabrejo, Redactor de Deportes de Camarinas.eu

Xornada para enmarcar esta última aquí en camarinas.eu, na que tras estalar a apoteosis e o delirio no Hermanas Patiño o sábado 23 de outubro ca histórica victoria do Xaviña FC ante o Atl. Pereiriña, o domingo Juanillo marcaba ante o CD Ourense un antolóxico golazo que gracias á impecable retransmisión das cámaras da TVG permitía a toda Galicia comprobar como o xefe dos deportes da web máis vista en toda a historia do litoral atlántico facía doblar os xeonllos ao líder da Terceira División, un Ourense que dende que xa non está como Presidente o mediático e inefable Manoel Rois, nunca voltou ser o mesmo. Tan só un superclase, un auténtico crack, é quen de empalmar ca zurda unha volea tan estratosférica como a que decidío un encontro vital para as aspiracións do CCD Cerceda. Non acaban aquí as boas novas xa que o FC Camariñas confirmou que esta tempada será un serio aspirante ao título cunha magnífica victoria en Corme que o coloca a un só punto do líder Fisterra. Lamentablemente, esta espléndida xornada tan só quedou empañada ca derrota no seu feudo dun Porteño ao que seguro que a man experta e solvente do seu adestrador Gerpe non tardará en sacar dos postos baixos da táboa. Polo demáis, xornada que quedará para os anales de camarinas.eu como aquela na que coincidiron unha victoria histórica e un golazo antolóxico.

CERCEDA 1-0 OURENSE
Chegaba a Cerceda o líder da Terceira División, o Ourense, un equipo que está chamado a pelexar polo título ligueiro. Comenzaba o partido e xa se vía que iba a ser dun ritmo infernal, e aos 7 minutos despois dun centro de Noé e un despexe do porteiro caeume o balón nos pes e dun tiro dende fora da área batín ao cancerbeiro visitante logrando o que á postre sería o único tanto do partido, un gol que vale 3 puntos que nos serven para non perder distancia co actual líder o Ferrol, e tamén para empatar a puntos na segunda posición da táboa clasificatoria co Ourense, eso si, ámbolos conxuntos teñen un partido máis cá nós.
No segundo tempo dominamos por completo a un Ourense que quería e non podía. Tivemos ata 4 ocasións claras para ampliar a ventaxa e sentenciar o encontro, pero unhas veces o longueiro da portería e outras a mala fortuna, impediron que conseguísemos máis goles e polo tanto deixar a incertidume de se o Ourense nunca chegada destas raras nos podería empatar, pero non foi así e finalmente levámonos os 3 puntos con todo merecemento. Para a semana xogaremos o sábado en Narón, actual colista, nun partido trampa no que se non actuamos como ante o Ourense seguramente non gañemos.

CORME 1-2 CAMARIÑAS
Magnífico o triunfo acadado polo Camariñas en terras cormeláns con remontada incluida que confirman ao Camariñas de Manolín como un serio aspirante ao título ligueiro. Partido dos que da gusto ver o disputado no campo de O Cairo, onde ámbolos conxuntos practicaron un fútbol de ataque no que houbo ocasións para ambos equipos pero que afortunadamente o Camariñas foi quen máis as aproveitou. Tres puntos que serven para acercarse a tan só un puntito do líder, o Fisterra que para sorpresa de todos non foi capaz de pasar do ampate ante O Pindo, o que fai que o conxunto camariñán quede na segunda posición da táboa a só un suspiro do cadro fisterrán.
Tería que remontar o Camariñas, pois o Corme adiantaríase no marcador pero os homes de Manolín superon repoñerse dese mazazo e primeiro sería David ao tranformar un penalti cometido a Javi e posteriormente, como non, Juan o Vello no minuto 86 de partido acadaría o segundo e polo tanto gol do triunfo. Están sendo os goles de Juan o Vello valiosísimos para conseguir victorias, unhas victorias que están a levar ao Camariñas aos postos máis altos da clasificación. Boa pedra de toque terá o Camariñas no Hermanas Patiño o vindeiro domingo diante do Sofán, un conxunto que tamén está chamado a pelexar polos primeiros postos.  Esperemos que os homes de Manolín sigan con esta boa racha de resultados para seguir meténdolle presión ao Fisterra por lograr ese primeiro posto.

PORTEÑO 1-3 ESTEIRANA
Non foi un bó dia para o Porteño que perdeu ante un Esteirana que está gañanado como visitante todo o que perde como local. Os goles non apareceron durante o primeiro tempo e tivo que ser tralo descanso, cando fixeron a súa aparición e desgraciadamente a maioría deles a favor do Esteirana. Un Esteirana que dominou unha vez que se puxo por diante 0-2 e que tan só despois do gol do Porteño obra de Pepe wii que situaba o marcador nun momentáneo 2-1, o conxunto local puxo en apretos ao Esteirana que reaccionou marcando o terceiro e deixando o partido sentenciado.
Un mal día Tivo o Porteño que dirixe Gerpe e que ten que olvidar esta derrota e pensar x ana vindeira xornada onde viaxará ata terras malpicanas para enfrentarse ao cadro local. Seguro que os homes de Gerpe van a cambiar a imaxe dada esta semana e traerán algo positivo de Malpica para tratar de escalar postos na clasificación na que actualmente están situados nos derradeiros lugares pero iso só é de forma provisional, seguro que o Porteño empezará a reaccionar e a ocupar lugares na táboa clasificatoria que realmente merece.

XUVENÍS: BAIO 4-4 CAMARIÑAS
Bó punto o acadado polos subvenís do Camariñas que empataron a 4 goles nun partido tolo e no que puido gañar calquera. Ten que servir este puntiño para que os nosos rapaces collan confianza e logren a súa primeira victoria do campeonato. O próximo sábado o Camariñas Xuvenil recibirá no Hermanas Patiño ao Bergantiños B, esperemos que este partido sexa o primeiro no que o Camariñas consiga a victoria.

VETERANOS: CABANA 2-2 CAMARIÑAS
Épico o empate que conseguiu o Camariñas de Gonzalo en Cabana nun partido que empezaron a xogar con 8 homes e posteriormente chegaría Tono do Atlántico cun pouco de retraso para polo menos ser 9 xogadores e traer un puntito dende Cabana, un punto que soubo a pouco pois o lamentable arbitraxe que sufriron os homes de Gonzalo foi o único impedimento para gañar o partido, un árbitro penoso que despois de desquiciar aos camariñáns remataría a faena cando con 1-2 no marcador no último minuto invéntase un penalti que supuxo o empate para o Cabana.
Os goles do Camariñas foron obra de Teodoro e de Tono do Atlántico, quen unha vez máis demostrou que o que tuvo retuvo, conseguindo un gol olímpico, un golazo de córner directo. Destacar o traballo de tódolos homes pero sobre todo de Manolo de Xaviña quen arrastrando unha lumbago tremendo e sendo un dos máis veteranos desgastouse como o que máis. Para a semana o Camariñas recibirá ao Xuventude de Bergantiños no Hermanas Patiño.

VETERANOS: PORTEÑO 1-1 CORISTANCO
Recibía o Porteño ao líder, o Coristanco nun partido a priori desigualado si nos fixábamos na clasificación, pero nada máis lexos da realidade, o Porteño demostrou que ten que estar máis arriba na táboa clasificatoria e que tan só é cuestión de acertar de cara a portería para cambiar os resultados e que estes últimos empates se convirtan en victorias.
Partidazo o que fixo o Porteño e no que demostrou que a diferencia existente na clasificación non existiu dentro do terreo de xogo. O vindeiro partido o Porteño recibirá ao Leiloio onde estamos seguros que os homes de Baña van a conseguir o seu primeiro triunfo da tempada.

Estamos preparando o novo relato correspondente ao Rincón de Jamela e compañía, un relato de goliños, goles, golazos, de erros incomprensibles…, un relato no que Jamela será o actor principal naquel histórico partido entre o Camariñas e o Sporting Zas no que ata máis de media ducia de xogadores acabaron dentro das mallas.
Ata aquí foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder.

 


 

 

Comentarios   

jose de marta
0 # RE: A Crónica de Juanillo 24-10-2010jose de marta 26/10/2010 18:58
Ahora tamen marcas goles roncero,jajajaj aja.asi seria o porteiro ,cego jajajajajaja,un golaso mamalonnnnnnnnn .
Responder | Denunciar ante o administrador