5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (15 Votes)

As ateigadas gradas do Hermanas Patiño asistiron a un acontecemento histórico

Finalmente cumpríose a profecía realizada pola maior sabiduría futbolística existente a día de hoxe na Costa da Morte, Isaac Caamaño, e o Xaviña FC nun histórico encontro disputado ante o Atlético Pereiriña conseguío a primeira victoria da súa existencia polo resultado final de 4 a 2. Unha victoria contundente e sin paliativos, plagada de xogadas trenzadas e xogo de filigrana, ante unha aficción volcada e bullanguera, composta cáseque ao 50% por barras bravas xaviñanas e camariñanas, que levou a que o adestrador do Atl. Pereiriña perdese os nervios e quixese largarlle ao final de encontro unhas boas trompadas ao árbitro, tendo finalmente os xogadores do Xaviña que arropar ao imberbe colexiado para evitar a alevosa agresión. Un día de tintes históricos o vivido nun Hermanas Patiño que amortiza a inversión acometida cos impresionantes cheos que cada semana está a lograr o acorazado balompédico xaviñán e que merece unha reportaxe especial de camarinas.eu como xusta homenaxe a Isaac Caamaño e a uns xogadores que fan seus no terreo de xogo os principais valores que caracterizaron dende sempre á parroquia máis extensa do Concello de Camariñas: esforzo, sacrificio, capacidade de traballo e amor á terra. Uns xogadores e un Presidente que na tarde deste sábado 23 de outubro de 2010 entraron na leyenda.

O Xaviña xa sabe o que é gañar

Merecida a victoria do Xaviña que adestra Iago e preside Isaac (que onte era o home máis feliz do mundo) ante o At. Pereiriña nun partido no que novamente o cadro xaviñán tivo que remontar un resultado adverso. Moita xente había onte de novo no Hermanas Patiño para ver un equipo que se estrea este ano e no que a ilusión é o factor predominante, unha ilusión que tamén se traslada ás gradas, nas que cada día se pode ver a máis xente disfrutando con estes rapaces que en cada partido van a máis e que en próximos encontros conseguirán sen dúbidas máis victorias. Esta non será a última.
Comezaba o encontro sin un dominador claro e sin ocasións manifestas de gol. Así trancurrían os minutos cando nunha contra sen perigo aparente o Pereiriña anota o seu primeiro gol despois dun forte disparo dende a frontal da área na que nada pode facer o gardameta local. Non se virian abaixo os homes que adestra Iago e despois dunha xogada na que el mesmo participa o porteiro visitante comete penalti sobre Iago, un penalti que se encarga de transformar Dani no que suporía o empate a un gol no marcador. Quería máis o Xaviña e antes do descanso, o adestrador-xogador Iago, caza un balón dentro da área e dun forte disparo bate ao porteiro visitante para colocar o 2-1 no marcador provocando o delirio nunha grada que estaba moi poblada.
Tras o descanso, o Xaviña quería máis, e novamente Iago despois dunha magnífica combinación entre varios xogadores locales, acadaba o 3-1. Estaría por chegar o mellor, o cuarto gol do Xaviña obra de novo de Dani (un rapaz que promete moito) despois de executar maxistralmente un golpe franco dende varios metros de fora da área e que entraría pola mesmísima escadra, un gol que firmaría o mesmísimo CR7. Nas postrimerias do partido o Pereiriña acortaría distancias cun novo gol e deixando o resultado final nun 4-2 a favor do Xaviña.
Catro son os puntiños que teñes os rapaces que preside Isaac e que pouco a pouco estanse aclimatando a categoría. Noraboa ao Xaviña F.C. por esta victoria e noraboa a toda a súa afección que é todo un exemplo apoiando aos seus en todo momento. ¡¡¡¡¡¡Felicidades Xaviña!!!!!!

{phocagallery view=category|categoryid=239|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 


 

 

Comentarios   

samsam
+1 # RE: Victoria Histórica do Xaviña FCsamsam 24/10/2010 13:08
forsa xaviñaaaaaa.... ...........
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.