4.3 1 1 1 1 1 Rating 4.30 (20 Votes)

O Xaviña conseguio o seu primeiro punto da tempada

Gran xornada a dos conxuntos camariñáns na que a man sabia de Gerpe levou ao Porteño á súa primeira victoria, onde o FC Camariñas voltou á senda do triunfo pero sobre todo na que merecen destacarse os feitos acaecidos nun abarrotado Hermanas Patiño o histórico sábado 9 de outubro do ano do Noso Señor de 2010. Corría o 2º tempo e o FC Xaviña perdía por un contundente e inapelable 0 a 3 cando ante a frialdade de parte dos xiareiros xaviñáns, especialmente aqueles relacionados por razón de servizo ou emprego ao concello, tiveron que ser as Barras Bravas camariñanas, representadas entre outros por futboleros míticos da Vila das Palilleiras como Juan do Penedo ou Pedro de Marisa, as que se encargasen de revolucionar os graderíos e levar en volandas a un conxunto formado por once xoves rapaces producto camariñán/xaviñán 100% a unha espectacular remontada que deixou os tendidos ao borde mesmo do delirio. 9th. October 2010: o día no que o estadio camariñán volvío ser unha bombonera infernal. O día no que o Miedo Escénico retornou ao Hermanas Patiño.

XAVIÑA 3-3 MUROS B
Primeiro punto do Xaviña despois dunha remontada épica!!!!. Perdía o equipo de Iago por 0-3 no descanso do encontro e no segundo tempo, facendo de tripas corazón, o equipo que preside Isaac, logrou empatar un encontro que parecía a priori imposible, dous goles do seu adestrador-xogador Iago e un de Carlitos déronlle ao Xaviña o seu primeiro punto da tempada.
Destacar a cantidade de xente que había na grada do Hermanas Patiño o sábado 9 de outubro presenciando o encontro, afición que animou sen parar ao Xaviña e que disfrutou coa remontada do seu equipo. O primeiro paso está dado, agora só queda a primeira victoria que de seguro será axiña. A vindeira xornada, o Xaviña irá ata a Serra de Outes para enfrentarse ao equipo local. ¿ Será a primeira victoria?.

CLUB DO MAR 0-1 CAMARIÑAS
Victoria importante do Camariñas de Manolín diante do Club Do Mar nun partido no que un gol de Juan o Vello douelle os 3 puntos ao conxunto camariñán. Din que os bos xogadores saen nos momentos nos que de verdade se necesitan, e Juan o Vello así o fixo, doulle os tres puntos ao seu equipo que serven para cortar unha racha negativa de resultados e de paso acortar distancias co líder, o Fisterra, que tan só empatau no partido que o enfrentou contra o Buño. Deste xeito, o Camariñas colócase a 3 puntos do líder, empatado no segundo posto con outros 3 equipos. Para a semana o Camariñas recibe no Hermanas Patiño ao Muros.

PORTEÑO 3-1 O PINDO
Cumpliuse o dito de que a adestrador novo, victoria segura. Debutaba oficialmente Gerpe no banquillo do Porteño nun partido importante para que os da Ponte do Porto comezasen a súa escalada particular na táboa clasificatoria. Tiveron que remontar os homes de Gerpe un resultado adverso, pois O Pinddo adiantaríase no marcador e perdoou algunha ocasión para ampliar o resultada ao seu favor, pero no fútbol o que perdoa acábao pagando e así foi, empataría antes do descanso o Porteño por mediación de Cousillas e no segundo tempo, o Porteño sería o amo e señor do encontro, dominando ao Pindo e creando ocasións de gol, Ismael primeiro e despois Varela que está sendo crucial desde a súa volta aos terreos de xogo, marcarían para deixar o resultado final de 3-1. O próximo partido o Porteño de Gerpe visitará ao líder, o Fisterra, partidazo por todo o alto e no que de seguro o Porteño vai ter moito que decir.

XUVENÍS: ZAS 2-1 CAMARIÑAS
Estáselle a resistir o primeiro triunfo ao eqipo xuvenil do Camariñas que perdeu por 2-1 diante do Zas. Teñen que animarse os rapaces e non virse abaixo por este mal comezo de tempada. O próximo sábado, no Hermanas Patiño, recibirán ao Dumbria B, esperemos que sexa a primeira victoria dos nosos.

VETERANOS: CORCUBIÓN 2-1 CAMARIÑAS.
Derrota do Camariñas de Gonzalo por dous goles a un diante do Corcubión. Pese a adiantarse no marcador por mediación de Juan de Jamela, o Camariñas non poido manter o resultado e veu como o Corcubión lle remontaba o partido. Estalle costando gañar fora da casa aos homes de Gonzalo neste inicio de campeonato. Para a semana recibirán no Hermanas Patiño ao Ponteceso.

VETERANOS: CORME 4-2 PORTEÑO

Derrota do Porteño na súa saida a Corme nesta xornada da segunda división de veteranos. Os homes de Baña seguen sen conseguir a primeira victoria da tempada pero confiamos en que chegue pronto. O próximo partido, o Porteño recibe ao líder, o Corcoesto, que ainda non perdeu ningún partido pero seguro que o Porteño vai facer que o perda.

O RINCÓN DE JAMELA & CO.
Está Jamela contrastando uns datos para finalizar a súa historia que se publicará a vindeira semana. Unha historia relacionada co futbol sala actual e na que veremos como nos anos 70 xa había en Camariñas ligas do agora chamado fútbol sala, ainda que antes tiñan as súas propias reglas. Unha liga da Deputación Provincial para os Mariñeiros. Esta semana, ofrecemos donde o Rincón de Jamela a entrevista a Isaac do Vallejo, o presidente do Xaviña C.F.


Comentarios   

jose de marta
0 # RE: A Cronica de Juanillo 10-10-2010jose de marta 12/10/2010 20:09
Hay que dar mais informasion roncero,jajajaj a,un saludo.
Responder | Denunciar ante o administrador