Crónica da 2ª xornada da Liga As Baleas

Nervios. A aparición maldita dos nervios pode levar tanto a perder unha batalla, caso da actuación do infausto Almirante galo Charles de Villeneuve aos mandos da flota combinada franco-española na Batalla de Trafalgar (1805), como facer caer con estrépito a todo un imperio, caso da precipitada e malhadada abdicación do Zar Nicolás II en 1917, deixando o campo expedito para o entronamento dun sistema político diabólico que levaría ao seu país (e ao mundo) ao desastre nos seguintes 50 anos. O feixe de fibras nerviosas asociadas en fascículos por medio dun texido conxuntivo, vulgarmente chamadas nervios, desatáronse de maneira atroz en data tan temprana como a 2ª xornada da Liga de Veteranos e levaron a algún presidente a perder os papeis. Ante este intolerable intento de rebelión a bordo, a Organización da gran competición de masas da Costa Atlántica facendo honor ao espíritu cívico, impecablemente legalista e caballeresco que a caracteriza, promete que ante estos feitos responderá cunha sentencia exemplarizante e implacable, que impedirá que o desorden, a subversión e a ideoloxía revolucionaria corroian os seus cimentos e que evitará que o edificio firme e robusto da maior guerra deportiva que viron os séculos nesta Costa da Morte dos nosos pecados, a semellanza dalgún imperio xa desaparecido, se veña abaixo con estrépito.

{xtypo_rounded_left2}

RESULTADOS
Os Boliños - Pan.Leon 2-4
Lago Lin - Kerubin 5-0
Xambois - Const.Mantido 4-3
Dario Moleda - P. Arnela 3-1

CLASIFICACION
1º- Lago Lin 6
2º- Xambois 6
3º- Darío- Moleda 4
4º- Pan.León 4
5º- Os Boliños 3
6º- Cons.Mantido 0
7º- Puerto Arnela 0
8º- Kerubin 0

PRÓXIMA XORNADA
Boliños-LagoLin
Kerubin-Xambois
Mantido-Darío-Moleda
P.Leon-P.Arnela

{/xtypo_rounded_left2}

Asunto: 2º xornada

Xa un non sabe que escribir nin que pronosticar en esta liga de veteranos, a estas alturas todos os participantes falaban de que se verían xa os favoritos de este ano para lograr o titulo, os colistas, a revelación e o pardillo de turno, pero nada máis lexos da realidad, esto está tan igualado que os pronósticos dos máis sabios caeron todos en saco roto. ¿Quen iba pensar que o colista do ano pasado, o Xaviña (ahora Pand.Leon), lle plantaría cara aos equipos máis potentes en fichajes millonarios? ¿Quen diría que o Mantido, un equipo feito en tres horas de xogadores que xa casi colgaran as botas, plantaríalle cara ao campeón de copa? ¿Quen diría que o Lago Lin sería durante as dúas primeiras xornadas o líder indiscutible de esta liga de Dios? ¿Quen diría que o temido Kerubin e o correoso Arnela terían unha bicicleta no seus casilleros con cero goles en duas xornadas? Como diría o máis sabio de tódolos sabios… eu solo sen, que non sei nada.

Mazazo e dos grandes dos Boliños diante de Panadería Leon que lle arrebatou os tres puntos que xa tiñan janados o lunes de mañán, sejún fuentes mui fiables o presidente-entrenador-xogador dos Boliños leíolle a cartilla a algún de seus xogadores.

O Lago Lin cos seus flamantes fichajes deulle un duro correctivo a un perdido e desorientado Kerubin.

Xambois sufrío do lindo diante de un Const. Mantido que ten na grada en forma de apollo general o seu sexto xogador.

O duelo estelar da xornada que enfrentaba ao Dario-Moleda co Arnela levouo o primeiro sin oposición algunha.

Como xogador da semana, repite outra vez un fichaje do Pand. Leon, David Toja, o veterano xogador de Porteño e Camariñas dou un recital de cómo se xoja e este sencillo deporte.

Un festival de xogo e goles vivíose este domingo no pabellón do Areal, todo para disfrute das ochenta personas que se acomodaban na grada para ver a seus parientes e amigos correr como tolos pola pista azulón. A nota negativa fui as acusacións de dous presidentes a personal da mesa e da organización, casos que na próxima reunion da organización se van plantear pa tomar medidas ejemplares e contundentes antes de que pasen a maiores en esta liga na que os nervios e as ansias de ganar poden cos nervios de mas de un de nos.

Engadir un comentario