3.5625 1 1 1 1 1 Rating 3.56 (16 Votes)

Volta o Jamela & Company de Juanillo

Non acaban de carburar todo o que sería de desexar os conxuntos camariñáns nunha xornada na que a novidade máis reseñable había que atopala no Campo do Baio onde dous dos mellores futbolistas saídos da antigamente prolífica canteira futbolística de Camariñas medían as súas sortes dende os banquiños no encontro que supoñía o estreo dun gran amigo desta redacción, Gerpe, como adestrador do histórico Porteño, e onde xa se notou a súa man sabia. Polo demáis, escuro empate do FC Camariñas na casa ante o colista Carnota e dura derrota do FC Xaviña en Carballo no que supuxo un pequeno paso atrás nas súas derradeiras e meritorias actuacións. Ante tanta desazón deportiva, cabe refuxiarse nos bos tempos do fútbol camariñán da man das crónicas  do mítico Jamela, transliteradas para as masas futbolísticas da Costa da Morte polo Mago de Corea e que nesta ocasión repasan a historia dun arqueiro felino coñecido con razón  en tódolos mentideiros balompédicos da Costa de mediados dos anos 70 como "El Gato de Odessa".

NEGREIRA 2-0 CERCEDA
Chegou a primeira derrota. Perdemos en Negreira o primeiro partido do ano por 2 goles a 0 nun dia de cans, moito vento e moita chuvia durante todo o partido.
Mal se poñían as cousas cando nada máis empezar o partido, nun centro sen aparente perigo, Christopher, o noso porteiro, non logra atallar o balón e déixallo franco para que un dianteiro do Negreira só teña que empurralo ao fondo das mallas. Intentamos reaccionar e dispuxemos de algunha ocasión para empatar pero o porteiro local estivo moi acertado. Cando parecía que íamos chegar ao descanso, nunca contra na que novamente Christopher sae tarde e mal, o Negreira fainos o segundo tanto que á postre sería o definitivo resultado final.
O segundo tempo foi un querer e non poder pola nosa parte, e as esperanzas fulmináronse cando o árbitro expulsa a Mariño por dobre cartón amarelo. Non perdemos por culpa do árbitro, pero dende o día en que nos pitaron 3 penaltis contra o Ferrol que foron como catedrais, e tras a protesta do conxunto Departamental, vese que ante a dúbida tiran en contra por si se enfadan os señoritos de Ferrol. De todas formas, neste encontro, repito, non perdemos polo árbitro e si polo mal xogo que desplegamos sobre todo no segundo tempo. Tocaranos descansar este vindeiro domingo debido a que este ano debido ao descenso administrativo da SD Compostela novamente somos 19 equipos.

CAMARIÑAS 1-1 CARNOTA
Parecía que o Camariñas de Manolín iba a ter un partido fácil e estamos a comprobar que non hai rival pequeño pese a que vaia de último e que non hubera puntuado. O Carnota adiantaríase no marcador e só nos últimos minutos o Camariñas por medio de Brais conseguío empatar un encontro que estivo cerca de perdelo. Mal partido o que fixeron os homes de Manolín e mala racha de resultados a que está tendo o conxunto da terra do encaixe. Baixou postos na clasificación o Camariñas e ten que cambiar esta dinámica de resultados para tratar que o Fisterra e demais equipos non se distanción na tábla clasificatoria.

BAIO 3-3 PORTEÑO
Primeiro partido para Gerpe, novo adestrador do Porteño trala destitución de Litos e no que xa se nota a man do adestrador camariñán. Partido xogado de poder a poder tanto polo conxunto que dirixe Tono do Atlántico (Baio), como polo que adestra Gerpe (Porteño). Recuperou Gerpe algún efectivo que non viña xogando últimamente como é o caso de Varela e iso notouno o cadro da Ponte do Porto que sempre foi a remolque no marcador pero nunca lle perdeu a cara o partido. Os goles do Porteño foron obra de Piti (de penalti), Pejo e Varela, éste último lograría o definitivo empate a 3 tantos nas postrimerías do encontro. Seguro que este vai a ser un punto de inflexión para o conxunto que dirixe Gerpe e a partires de agora o Porteño escalará posocións na tabla clasificatoria.

IND. CARBALLO 5-2 XAVIÑA
Nova derrota do Xaviña de Iago que perderon en Carballo por un resultado contundente. Non foi o Xaviña das últimas xornadas o que se viu en Carballo e iso vese no tanteador final. Non se teñen que desanimar os homes que adestra Iago e que preside Isaac por este mal resultado e si mirar os últimos partidos nos que só a mala sorte impediu que o Xaviña puntuara. Para o vindeiro fin de semana o Xaviña terá unha nova reválida e dende CAMARINAS.EU esperamos que a próxima crónica sexa a da noticia que queremos ver todos, a da primeira victoria do Xaviña.

JUVENILES: CAMARIÑAS 2-4 MUXÍA
Derrota do equipo Camariñán que perdeu claramente diante dun Muxía que foi mellor durante os 90 minutos de partido.

VETERANOS: BÉRTOA 1- 5 CAMARIÑAS
Victoria contundente dos homes de Gonzalo a acadada en Carballo diante do Bértoa. Volveu a senda da victoria o Camariñas tras a derrota sufrida en Nantón a semana pasada. Voltou a marcar o goledor Teodoro pero o gol máis bonito e que firmaría o mismísimo Cristiano Ronaldo foi o que meteu Javier cun disparo de bolea impresionante. Para a semana os homes de Gonzalo xogarán fora por terceira semana consecutiva diante do Corcubión.

VETERANOS: SOFÁN 0- 0 PORTEÑO
Bó punto o acadado polo Porteño na súa visita a Sofán nun partido donde non houbo un dominador claro. Esperemos que este fin de semana o Porteño consiga unha victoria que faga moi bó ese puntito acadado diante do Sofán para subir postos na clasificación despois de que a semana pasada aprazara o seu partido no que se iba a enfrentar ao Muros.

TEMOS DE VOLTA…O RINCÓN DE JAMELA!!!!!!!

Esta semana Jamela comeza a súa particular tempada na que nos vai a deleitar cas historias que acontecían alá polos anos 70-80 relacionadas co fútbol, cos equipos nos que que Jamela militou durante a súa andaina como futbolista. Esta semana Jamela ca súa historia quere homenaxear a un gran amigo seu, son inseparables a hora de ver un partido do seu Real Madrid da alma. Esta semana a historia futbolística de Jamela vai en honor a Chao, un home amigo desta casa.


“ Chao, O Gato de Odesa”


Corría o ano 1973, Jamela por aquel entonces xogaba no Porteño, dinos como ante a falta de porteiro o equipo da Ponte decide darlle unha oportunidade a un xoven camariñán chamado Chao.  Debutaría Chao nun partido amistoso no que o Porteño visitaba Muxía. Nese encontro Chao fixo numerosas paradas que firmaría actualmente Casillas, e que serviron para que o Porteño gañara o partido. Nada máis acabar o encontro cóntanos Jamela como Chao fui felicitado polo equipo enteiro, e foi naquel momento cando Chao lles dixo, “ son O Gato de Odesa”, apodo do porteiro mítico do Real Madrid Mariano García Remón.
Pasou o partido do Muxía e o domingo seguinte o Porteño tiña un novo partido amistoso. Ese domingo, de verán do mes de agosto, Chao repetía como gardamallas do Porteño. Comezaría o partido e o dominio do conxunto da Ponte era tal que Chao non tocara ningún balón e os goles iban caendo un detrás de outro para un conxunto no que aparte de Jamela, tamén xogaban os camariñáns Juan de Penedo, Moncho do Piruco e Camuel entre outros. O resultado era de 7-0 e Chao nese momento ante a falta de traballo, seguía sin tocar bola, arrimouse a un espectador local que tiña o periódico na man e pediullo para leelo. Chao con toda a tranquilidade do mundo, sentouse no chan apoiando a súa espalda contra o poste da portería e púxose a leer tranquilamente o periódico: así abreu o diario e comezou a ler as noticias. Pero de repente, Soto, xogador do Porteño natural de Calo (Vimianzo) xusto cando tiña o balón no seu poder, xirouse e en vez de atacar a porteria contraria, veu que Chao o seu porteiro estaba lendo o periódico e tira o balón contra a súa propia portería e claro, Chao non se entera e balón que entra no fondo das mallas, ¡¡¡gol adrede en propia meta!!!!!. A xente que estaba no campo non paraba de reirse ante semexante cousa.
Chao cando veu entrar o balón, levantouse e foi correndo en busca de Soto, e dinos Jamela que tuveron que agarrar a Chao porque si non mataba ao tal Soto. Chao ao final calmaríase e incidente non pasaría a maiores. O resultado final foi de 7-1, os 8 goles marcados por xogadores do Porteño.
Ese foi o último partido de Chao como xogador do Porteño: decantaríase finalmente polo futbol sala, nunha liga que se crearía en Camariñas e que se xogaba no campo de terra que había no actual colexio, 6 contra 6 e da que Jamela para a semana contaranos máis cousas.

Esto foi todo amigos por esta semana, para a próxima teremos máis fútbol e máis “ Rincón de Jamela” en Camarinas.eu, a web de todos/as, a de ideas propias.
Un saudo moi especial para Jose de Marta, outro Madridista como os da historia de Jamela.

 


 

Comentarios   

E logo ti de quen es
+2 # Eche ben divertida a historia de ChaoE logo ti de quen es 05/10/2010 07:51
Eche bo o conto, rin dabondo.

Tino Rogero Figueiras
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+1 # RE: A crónica de Juanillo 03-10-2010zhúkov 05/10/2010 15:22
Efectivamente, como ben di Juanillo, o sobrenome de "El Gato de Odessa" endilgoullo a prensa deportiva a Mariano García Remón tras unha portentosa actuación do ex-meta madridista no campo do Chernomorets (Chiórnoe More=Mar Negro) de Odessa, equipo radicado na vital e febril cidade portuaria do mesmo nome, entón pertencente á República Socialista Federativa Soviética de Ucrania, actual estado independente de Ucrania, porto que aistío en 1905 á trascendental rebelión do Acorazado Potiomkin e que sempre se caracterizou por unha amplia colonia de cidadáns de orixe hebrea e por ser cuna de grandísimos escritores (o malogrado Isaak Bábel, os satíricos Ilf e Petrov, Valentín Katáev, incluso a mesmísima poetisa Anna Ajmátova creo recordar que nacío en Odessa). En fin, indo ao grano, botábanse de menos as crónicas de Jamela, as vellas historias do mellor fútbol camariñán, tan ben relatadas por un grande como Juanillo.
Responder | Denunciar ante o administrador