4.1707317073171 1 1 1 1 1 Rating 4.17 (41 Votes)

Liga de Veteranos As Baleas

Novos tempos, novas caras, novos equipos, nova organización e incluso nova denominación para a liga máis multitudinaria e masiva da veteranía futbolística da Costa da Morte. Cambios que traen consigo o abandono, en loor de multitudes, da presidencia dese ente tenebroso e inquedante así chamado "Organización" por parte do noso usuario, colaborador e patrocinador Juan Camariñán que a semellanza de Winston Churchill opta por deixar o cargo en pleno apoxeo dos seus éxitos organizativos, de confirmación da súa visión a longo prazo. Deixa a organización do torneo nas mans seguras e expertas de Vi, en representación da Asociación As Baleas, pero non deixará de deslumbrar aos miles de lectores de camarinas.eu cas súas crónicas semanais ao longo dun ano que será, sen dúbidas, o da consolidación do gran torneo de masas da Costa Atlántica. Acabáronse as somnolientas e saciadas tardes de domingo para os varóns de mediana e avanzada edade de Camariñas. A Liga de Veteranos xa esta aquí.

 

{xtypo_rounded_left2}

RESULTADOS
Os Boliños-Kerubin 6-3
Const.Mantido-LagoLin 1-6
Puerto Arnela-Xambois 0-4
Pand.Leon-Dario-Moleda 2-2

CLASIFICACION
1º- LagoLin - 3
2º- Xambois - 3
3º- Os Boliños - 3
4º- Panadería León - 1
5º- Darío-Moleda 1
6º- Kerubin - 0
7º- Puerto Arnela - 0
8º- Const. Mantido - 0

PROXIMA XORNADA
Boliños-Pand.Leon
Lagolin-Kerubin
Xambois-Const. Mantido
Dario-Moleda-Puerto Arnela

{/xtypo_rounded_left2}

ASUNTO: XORNADA 1º

Muitos cambios en esta nova edición da Liga de Veteranos de Fútbol-Sala de Camariñas, o primeiro e mais significativo é que esta liga á que se lle chamaba a Liga das Viejas Glorias pasa a chamarse Liga de Veteranos AS BALEAS, a causa do patrocinio do asociación deportiva e cultural que preside Vicente (Vi). Este fíxose cargo do desenvolvemento de esta edición, a cambio, e en total acuerdo con todos os presidentes, de donar o que sobre dos cartos da inscripción para os rapaces das escolas de futbol base que tanto lle fai falta e que están levando a cabo tras varios anos, e con muitos éxitos acadados Vicente, Faus e Gerpe de forma totalmente altruista.

Tres novos equipos inscribíronse en esta edición: Construciones Mantido, Panadería León e Xambois, todos eles con caras xa conocidas de anteriores equipos e todos eles reforzados ao máximo, asi os irmáns Elvis e Víctor reforzaron aos Boliños; Arturo e Jose Manuel ao Darío-Moleda; o Rosqui, Manolo, Rubio e Eugenio ao Arnela; Argentino e Couto ao Lagolin; e muitos fichajes máis dos que un xa non quer acordarse. Así os equipos están todos a un nivel igual, todos poden ganar a todos, e a prueba foi os catro que lle puxo os Xambois (todos compañeiros de traballo de Cerdeirmar) ao Arnela, ou a sorpresa do Darío-Moleda empatando co Panadería León ca súa estrella David Toja.

Como xogador cinco estrellas da xornada, cabe destacar ao porteiro do Panaderiía León, O Rojo, o cal parou todo canto lle viña por baixo por riba e polo medio, el fui o principal artífice do tan traballado empate.

Non dispoñemos de fotografías pois estamos negociando co mismo fotografo que traballa para o Camariñas, o Xaviña, o Balonmano Femenino e o Balonmano Camariñas, pero en próximas xornadas estarán aquí na páxina de CAMARIÑAS EU as mellores e máis impactantes fotos da liga máis comentada e discutida de toda provincia e alrededores.

 


 

Engadir un comentario