Foto de equipo do Xaviña FC

Triste xornada, salvando ao Cerceda, a deste derradeiro domingo do mes de setembro de 2010 para os conxuntos camariñáns, xornada que deixa un regueiro de derrotas pola mínima dos tres principais baluartes do fútbol no concello máis balompédico da Costa da Morte. A todo este negro panorama debe engadírselle a posta en marcha da Liga de Veteranos de futbol sala máis multitudinaria desta Costa Atlántica dos noso pecados o que sen dúbidas mermará en algunha medida a asistencia de público aos graderíos dos estadios camariñáns. Ademáis, ante os malos resultados o Porteño decidío sustituir ao seu adestrador... Pero non todo vai ser oscuridade nesta vida segundo nos conta O Mago de Corea na súa crónica semanal e así o FC Xaviña segue asentándose a pasos axigantados na categoría e mostrando síntomas evidentes de melloría no seu xogo en cada partido. ¿O primeiro punto no vindeiro partido?

CERCEDA 1-0 ORDES
Continuamos cá dinámica gañadora dende que comezou este campeonato ligueiro a pesares de que este último partido ante o Ordes non xogamos nada ben e notamos en demasía as baixas no centro do campo que tiñamos. Pese a non crear ocasións de gol, tampouco pasamos demasiados apuros en defensa posto que o Ordes non nos inquedeu casi nada.
Bautista foi o autor do gol noso despois dunha falta botada por Xaco. Seguimos no máis alto da clasificación despois de 5 xornadas transcurridas nas que conseguimos 4 victorias e 1 empate. Para a semana xogaremos en Negreira, un equipo que seguramente nos vai a poñer as cousas moi difíciles e tratará de ser o primeiro que nos derrote esta tempada.

CAMARIÑAS 1-2 BAIO
Perdeu o Camariñas o seu primeiro partido do ano e fixo ante o Baio que adestra o camariñán Tono do Atlántico, quen demostrou unha vez máis, que é un gran coñecedor do aquipo da súa terra e sabedor de como lle tiña que xogar ao cadro que dirixe Manolín.
Alberto foi o protagonista por parte do Baio, conseguío marcar os 2 goles do Baio, diante dun Camariñas que quería pero non podía. Nos últimos 15 minutos finales, o equipo de Manolín achuchou moito e acortaría distancias, Mané lograba o tanto que deixaría o marcador final nun 1-2. Demostroulle o Baio de Tono do Atlántico ao Camariñas de Manolín que non vai ser un camiño de rosas esta liga e que haberá que pelexar moito para tratar de estar nos postes de arriba debido a igualdade que hai na liga.

BUÑO 1-0 PORTEÑO
Dolorosa a derrota do Porteño na súa visita a Buño posto que ademais de non sumar ningún punto, esta trouxo consigo daños colaterales. A directiva do Porteño decidiu destituir ao seu adestrador Litos por motivo dos malos resultados acadados ata o momento. Farase cargo da dirección do equipo Baña, actual secretario do clube ata que se contrate un novo adestrador que será pronto. Desexámoslle o mellor para Litos e moita sorte para o novo inquilino do banquillo do Porteño e esperemos que éste sexa un revulsivo para que o equipo da Ponte do Porto empece a escalar postas na táboa clasificatoria.

XAVIÑA 0-1 CABANA
Resístese o primer punto ao cadro que dirixe Iago e que preside Isaac. Merecía o empate o Xaviña nun encontro no que non houbo ocasións de gol, e tan só un disparo lonxano que non puido atallar o meta local, converteuse no único gol do partido. Temos que lamentar a lesión do porteiro do Xaviña Juan que tivo que abandonar o campo en ambulancia debido (faltaba por confirmar) a algunha rotura das costillas despois dun encontronazo fortuito. Desexámoslle unha pronta recuperación e esperamos voltalo a ver nos terreos de xogo moi pronto.
Vai a máis este Xaviña que de seguir así pronto estreará o seu casilleiro de puntos.
Änimo aos homes de Iago.

XUVENILES: PONTECESO 4-4 CAMARIÑAS
Partido xogado de poder a poder por parte dos rapaces do Camariñas que empataron un encontro que non tivo un claro dominador. Esperemos que este empate sexa o comenzo dunha boa racha de resultados para o equipo camariñán.

VETERANOS: NANTÓN 4-2 CAMARIÑAS
Primeira derrota dos homes de Gonzalo diante dun rival difícil como é o Nantón. Notáronse as baixas do cadro camariñán e seguro que esta derrota non vai afectar aos homes de Gonzalo que teñen unha nova oportunidade de sumar 3 puntos o vindeiro domingo no Hermanas Patiño.

{phocagallery view=category|categoryid=47|limitstart=0|limitcount=0|imageshadow=none|displayname=0|imageordering=1}

Comentarios   

jose de marta
+2 # RE: A xornada de Juanillo 26-9-2010jose de marta 30/09/2010 16:29
Eres solo roncero,fas unhas cronicas demasiado jajajajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador