Un roubo a mano armada privou ó Xaviña do seu 1ª punto

Volve por terceira tempada consecutiva o mellor futbolista que parío esta Costa da Morte dos nosos pecados en toda a súa dilatada historia a escribir en camarinas.eu nunha sección convertida xa en todo un clásico do xornalismo deportivo galego. E comenza Juanillo contándonos como por terras da cara sur da Ría de Camariñas estaba o FC Xaviña a piques de conseguir nun feudo emblemático o seu primeiro e histórico punto cando no minuto 94 perpetrábase o atraco a mano armada a mans xustamente do encargado de velar pola xusticia no encontro. A estas horas seguimos sin explicarnos aquí na redacción como as Barras Bravas xaviñanas desprazadas ata Muxía deixaron escapar vivo ao atracador arbitral e non restableceron legalidade futbolística tan evidentemente vulnerada mediante un acto de xustiza sumarísima, expeditiva, inmediata e punitiva. En fin, si xa falábamos nos da falta de calor, ilusión e entusiasmo, de solás en definitiva, de certos xiareiros xaviñáns vinculados por razón de servizo ou emprego ao concello...

CERCEDA 3-0 BERGANTIÑOS
Derbi o disputado en Cerceda diante do Bergantiños no que saimos xustos vencedores a pesar que en diversos medios se di que con axuda arbitral. Si é certo que a expulsión dun xogador do Bergantiños foi rigurosa, pero unha entrada dura nunha zoa do terreo de xogo que non traía perigo algún para o cadro carballés tamén se podía haber evitado facela.
Os goles nosos foron obra de Souto, Óscar e Manu Barreiro (de penalti). De todos xeitos creo que estando con 11 o Bergantiños nos fomos mellores e polo tanto merecedores da victoria a pesar de que non fixemos un bó partido. Deste xeito son xa catro as victorias que levamos en outros tantos partidos o que fai que nos convirtamos en líderes en solitario na tábaoa clasificatoria.
Esta semana temos xornada mércores e domingo, esperemos continuar coa boa racha tanto o mércores donde iremos ata terras do Morrazo para enfrentarnos ao Alondras como o domingo cando recibamos ao Ordes no que será o segundo derbi comarcal consecutivo.

CASTRIZ 0-5 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas que lle serve para colocarse como líderes da segunda autonómica empatado a 7 puntos xunto co Fisterra, San Lorenzo e Sofán. Victoria contundente dos homes de Manolín na que Mané foi o gran protagonista do partido ao conseguir un hat-trick. Os outros 2 goles foron obra de Javi e de Pesqui.
Bó inicio de campaña do Camariñas que está a demostrar que será un serio aspirante de cara conseguir o ascenso de categoría. Para o vindeiro domingo, recibirán no Hermanas Patiño ao Baio que adestra o camariñán Tono do Atlántico que está facendo un gran labor nun equipo no que lle está dando saida a moitos xogadores xóvenes. Seguro que o adestrador camariñán vailles poñer as cousas moi complicadas ao Camariñas.

PORTEÑO 0-1 VIMIANZO
Mala sorte a dun Porteño que non mereceu caer derrotado e menos da forma na que o fixo, pois esta sucedeu no minuto 94 de partido. Dous expulsados tivo o cadro que adestra Litos e a pesar de que no minuto 27 de partido Pastoriza tiña que abandoar o terreo de xogo, as ocasións foron para o Porteño pero non conseguiu materializar ningunha, e xa se sabe, o que perdoa no mundo do fútbol acábao pagando, e no minuto 94 e despois da expulsión de Iván Chans o Vimianzo anotaba o tanto da victoria. Para a próximo domingo o Porteño xogará en Buño. Esperemos que a sorte cambie e axude ao equipo porteño.

MUXIA 3-2 XAVIÑA
Caso similar ao do Porteño foi o que lle pasou aos homes que preside o meu gran amigo Isaac "O Jallejo". Cando parecía que o Xaviña iba a conseguir o seu primeiro punto da temporada, unha pena máxima rigurosa no tramo final do partido impediu que así fose. De nada serviron os goles de Marcos e de Carlos para o cadro xaviñán para tratar de puntuar por primeira vez no campeonato da terceira rexional autonómica.
Está a mellorar a pasos axigantados un equipo que adestra Iago e preside Isaac e que seguramente nos próximos encontros logre a súa primeira victoria do campeonato. O seu seguinte rival será o Cabana, esperemos que a sorte acompañe ao conxunto do Xaviña e poidamos dende esta redacción contarvos a primeira victoria.

VETERANOS DO CAMARIÑAS 4-1 VETERANOS VIMIANZO
Gran partido o que fixeron os homes de Gonzalo que lles serviu para lograr un claro triunfo. Teodoro en 2 ocasións, Tono do Atlántico e Pepucho foron os goleadores do cadro que adestra Gonzalo que comenza a tempada moi forte e con ganas de estar todo o ano nos postos de arriba. Para a próxima xornada o Camariñas xogará en Nantón, esperamos contarvos unha nova victoria do cadro camariñán.


Esto foi todo canto dou a xornada dos equipos do noso Concello, continuaremos o seguimento de todos eles e dos demais equipos (Porteño de Veteranos, As Baleas, Escola Municipal de Camariñas, Xuvenís.....) cando comecen as súas ligas respectivas. Tamén o gran Jamela terá cabida cas súas fantásticas historias recordando tempos pasados.

Un saudo a todos/as usuarios/as de CAMARINAS.EU, a web de todos os que queiran, e sí, independente.......

 


 

Comentarios   

jose de marta
+1 # RE: A Cronica de Juanillo 19-09-2010jose de marta 21/09/2010 21:11
Xa era hora que traballaras algo roncero,jajajaj ajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador