3.9333333333333 1 1 1 1 1 Rating 3.93 (30 Votes)

Plantilla do Balonmán Encaixe de Camariñas

O sábado 18 de setembro foi sen dúbidas o día grande do balonmán no Concello de Camariñas. Un día no que á histórica visita dun mito viviente como o lexendario adestrador do Atlético de Madrid, Selección Española e Ciudad Real, Juan de Dios Román, houbo que sumar os respectivos partidos vespertinos dos respectivos equipos masculino e femenino. A pesares de que como ben é coñecido ao longo de todo o orbe terráqueo aquí en camarinas.eu adórnannos infinitas virtudes e innumerables méritos, nembargantes a día de hoxe non estamos en posesión do don da ubicuidade e por elo non se puido cubrir o encontro disputado no Pabellón Multiusos de O Areal. Pero si desprazamos unha unidade móbil ata a capital do Río Grande para presenciar in situ o encontro no que o Encaixe de Camariñas quedou apeado da Copa de Galicia ante o Chapela polo resultado de 14 a 26.

O ENCAIXE-CAMARIÑAS CAEU NOS CUARTOS DE FINAL DA COPA GALICIA ANTE O CINCO JOTAS CHAPELA

O Encaixe quedou apeado da Copa galicia feminina de balonmán ante o Chapela de Vigo por un resultado de 14 – 26: Comezaron moi ben as camariñanas, cunha presionante defensa que sorprendeu ás da provincia de Pontevedra, as de Chapela non eran quenes de atopar boas situacións de lanzamento ante a boa defensa local, tan só a visitante Sandra era quen de anotar mediante accións individuais dende o extremo esquerdo.

As palilleiras saíron metidas no encontro, atopando espazos en ataque mediante as boas fixacións de Laura e Juana, pero os erros de lanzamento impediron o despegue local no marcador. Foi nos últimos cinco minutos da primeira metade cando as de Camariñas combinaron varias perdas de balón, perdendo pases sen oposición e amosando unha clara falta de concentración; produciuse así un duro parcial de 6-0 a favor das visitantes que lles deixaba unha vantaxe de 6-12 ao descanso. No segundo tempo; Bruno López seguiu dando minutos a todas as xogadoras e provando novos sistemas de cara á nova tempada, o que fixo que o nivel de xogo das camariñanas sufrise fortes variacións, feito aproveitado polas actuais campionas de liga para sentencias o encontro.

Bruno lópez, adestrador local ” dende o primeiro momento plantexamos o encontro coma un máis da pretempada, o importante era que todas as xogadoras tivesen minutos e que as novas se vaian acoplando ao equipo, temos moito marxe de mellora e quedan quince dias para o comezo da competición, o sábado fomos quenes de plantarlle cara ao Chapela durante 25 minutos, algo que o ano pasado parecia impensable, hai que ir pouco a pouco e acadar ese nivel durante 60 minutos, houbo cousas moi boas e outras que temos que pulir pero o equipo está con moita ilusión e ganas de traballar”. O adestrador camariñán tamén destacou a boa aportación das novas incorporacións e o bo momento de Laura e Karina, que a pesar de sufrir dúas lesións importantes na pasada campaña, están a coller minutos pouco a pouco e todo apunta que a súa aportación será clave para o equipo na presente tempada.

As goleadoras:
Encaixe: Sara, Sandra, Juana (1), Cris Barreiro (7), Aida (2), Jessi, Nerea, Minchu (2), Véro, Laura (1), Cris Sande (1), Fátima, Alicia, Karina e Ana. Chapela: Sandra, Lara (4), Eva, Sandra Loureiro (8), Alba(3), Iria (3), Uxía (1), María, Andrea, Rita, Emma, Adriana (5), Noemi, Tamara (3). Árbitro: Rafael Iglesias. Sen complicacións, ben na súa labor.

{phocagallery view=category|categoryid=40|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario