Un lugar tan inhóspito e triste, no que teñen lugar de cando en vez tan acaloradas disputas públicas e no que no inverno un frío húmido che penetra  ata o tuétano dos osos fui destinado nembargantes este sábado 18 de setembro de 2010 a un evento lúdico, festivo e chamado a quedar enmarcado en letras douradas nos anais do Concello de Camariñas. En efecto, o Salón de Plenos, dentro dos actos previstos na conmemoración dos 125 anos de Industrias Cerdeimar, recibío a visita dunha das maiores persoalidades da historia do balonmán español: o que foi adestrador lexendario do Atlético de Madrid, Selección Española e Balonmano Ciudad Real Juan de Dios Román, actual Presidente da Real Federación de Balonmano.

Ca visita de Juan de Dios Román estamos a falar dun home que foi o adestrador histórico da sección de balonmán do Club Atlético de Madrid ata o seu aniquilamiento polo célebre, malogrado e nefasto Jesús Gil y Gil, que xa cas rendas da Selección Nacional nas súas mans levouna a gañar sendas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sidney 2000 e sendas medallas de plata nos Europeos de 1996 e 1998, e que posteriormente xa como míster do Balonmano Ciudad Real gañou unha Liga Asobal e que estivo a piques de gañar a Copa de Europa de clubes nunha triste e desdichada final ante o Barça. Actualmente, e tralas eleccións de decembro de 2008, desempeña o posto de mandamás do balonmán nacional como Presidente da súa Federación.

E así, unha persoalidade destas características visitaba no mediodía deste sábado 18 de setembro a Casa do Concello, sendo recibido oficialmente no destartalado Salón de Plenos do mesmo polo Alcalde Pichurri. Alí xa o esperaban ademáis unha nutrida representación de concelleiros, de directivos do Club Balonmán Camariñas e  do Club Balonmán Feminino Encaixe Camariñas, así como as súas pantillas completas e equipos técnicos respetivos. Todo elo respondía á invitación que Industrias Cerdeimar, dentro dos actos conmemorativos do seu 125 anibversario, lle fixo chegar ao Presidente da Federación Española a través do Presidente da Federación Galega. Xa no lóbrego Salón de Plenos, tras os saúdos de rigor, Juan de Dios Romar dirixío unhas entrañables e sabias palabras aos asistentes, en especial aos xoves xogadores dos dous clubs de balonmán camariñáns para despois moi gustosa e amablemente acceder a sacarse fotos cos asistentes, rematando o acto cunha multitudinaria foto de familia ás portas da Casa do Concello. De alí partirían a visitar diversos enclaves camariñáns de singular beleza e o recinto de Industrias Cerdeimar onde estaba previsto que tiveran lugar os actos centrais do día. Sen dúbida, non cabe maior homenaxe para todos os esforzos desenrolados dende este concello para con o balonmán que esta visita ilustre. Esperemos que algún día Ángel María Villar se achegue por aquí...

 

Engadir un comentario