3.575 1 1 1 1 1 Rating 3.58 (40 Votes)

Once titular do Xaviña no debut no Hermanas Patiño

"Os dejé la esplendorosa Las Vegas y la habéis convertido en la decadente Atlantic City". Esta frase extrapolada dun episodio dos Simpson que transcurría nunha das paradisíacas illas da Polinesia francesa é perfectamente aplicable aos feitos tristemente acontecidos este venres 10 de setembro de 2010, víspera da Festa da Barca de Muxía, no Estadio Hermanas Patiño. Cando os redactores de camarinas.eu abandonaban cara ás 22:00 horas o recinto municipal, facíano tras un impecable e concienzudo traballo de fotografía, animación e apoio, ca conciencia do deber cumplido, deixando a un FC Xaviña que vencía no marcador, que dominaba no xogo e que levaba con timón firme as rendas do partido. E nembargantes cando ao día seguinte abrían a prensa matutina  deportiva comprobaban con estupor que o Xaviña caera ante o Nantón polo abultado tanteo de 1 a 5.

E buscando explicacións ao acontecido cabe plantear unha serie de posibles escenarios:

1º- O primeiro viría constituido pola ansiedade insuperable experimentada por algún dos xogadores chamados a ter un papel emblemático no equipo representativo da parroquia máis extensa do Concello que ante a festa que neses mesmos intres daba os seus primeiros pasos na vertiente meridional da Ría de Camariñas abandonou pertrechos e bagaxes no vestiario do Hermanas Patiño e protagonizou unha festeira deserción cara Muxía.

2º- Ao decir dos xiareiros que poblaban en lexión o fondo sur do remozado e impecable Estadio Hermanas Patiño, as gañas e ilusión dos propios xogadores do FC Xaviña leváronos a realizar unha exhaustiva e esixente tanda de quentamentos que posteriormente os deixaría baldados para o partido. Así, mentras o tono físico aguantou, o FC Xaviña dominou sin problemas o partido para despois cando as altas horas da noite ían ocupando o seu espacio nos reloxios desfondarse físicamente. Xa o advertían os integrantes máis vellos das barras bravas xaviñanas: "Non corrades tanto, ho...".

3º- A sabiduría futbolística superior de Isaac Caamaño, Presidente, delegado, camareiro, porteiro, venderifas e alma e corpo, auténtico home orquesta balompédico do FC Xaviña levouno a idear unha plantilla ao decir dos entendidos equilibrada e competitiva, xoven e ilusionada, de calidade e con gran futuro, pero precisamante na súa maior virtude levaría o seu maior pecado: o da súa excesiva xuventude. Bótanse en falta un par de veteranos experimentados, desos que rachan pernas e abren cabezas sin que lles temble un só pelo do bigote, bravos centrales pataqueiros de brutalismo cabestril, capaces cun só golpe do seu bucho prominente de tirar polos suelos a toda unha defensa á saída dun corner, chegando a introducir ao mesmísimo árbitro dentro da portería si a ocasión o require.

4º- A cuarta das causas que poderían chegar a explicar o incomprensible expediente X xaviñán acontecido este venres 10 de setembro nun nocturno Estadio Hermanas Patiño estaría constituido pola falta de calor, ilusión e entusiasmo, de solás en definitiva, dos xiareiros asentados no gol sur do estadio camariñán, especialmente de nomes ilustres do vecindario xaviñán vinculados por empleo ou servizo ao Concello de Camariñas que, tras a marcha dos redactores de camarinas.eu non souperon transmitir ao FC Xaviña o apoio necesario e que contaxiaron a frialdade, indeferencia e apatía características do empregado público a uns xoves chavales que neses intres se xogaban a vida sobre o céspede (artificial).

CODA: Agora máis que nunca hai que recordar as premonitorias palabras do que foi o único fillo varón do presidente fundador do FC Porteño, recentemente evocadas en camarinas.eu: ""Primer partido: 7-0; segundo partido: 14-0; tercer partido: 0-9... Así ata que meu pai víose obrigado a viaxar a Coruña por ver de facer un par de fichaxes urxentes". A xuventude, inexperencia e falta de acoplamento do FC Xaviña é o característico e obrigado en todo club equipo que nace da nada, que da os seus primeiros pasos nunha esixente competición oficial na que viejas glorias de todo tipo levan xa longos anos destripando terróns (artificiais) por eses duros campos de Deus, por elo non se debe caer en desánimos precipitados nin en fatalismos esaxerados, sobre todo cando os primeiros minutos do encontro xogado ante o Nantón constitúen unha sólida base á que agarrarse e tamén cando a diferencia do acontecido cos partidos inciáticos do FC Porteño hai máis de 40 anos aínda non se caío ata o de agora en tanteadores propios dun set de tenis: dez goles en dous partidos e incluso un a favor. O primeiro, que esperemos que non único, gol da historia do FC Xaviña.

{phocagallery view=category|categoryid=31|limitstart=0|limitcount=0|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.