4.0740740740741 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (27 Votes)

O Fútbol Club Xaviña presentouse oficialmente

Advertía recentemente o fillo do que foi o seu primer presidente dos duros momentos iniciais que seguiron á fundación do C.F. Porteño: "Primer partido: 7-0; segundo partido: 14-0; tercer partido: 0-9... Así ata que meu pai víose obrigado a viaxar a Coruña por ver de facer un par de fichaxes urxentes". E nembargantes nada evitou que pasados uns anos aquel conxunto tan duramente nacido conquistara a Copa da Costa cun equipazo cuia alineación titular aínda son capaces de repetir a día de hoxe nome por nome os máis vellos do lugar. Algo semellante tal vez poida suceder cun FC Xaviña que no partido disputado este sábado 21 de agosto no Estadio Hermanas Patiño e que supoñía o estreo da súa equipación oficial caía abultadamente derrotado ante o Ponteceso por 1 a 7.

Todo elo nun encontro que tivo uns fermosos prolegómenos constituidos por un pasillo de honor, un saque de honra e un minuto de silencio para homenaxear ao que foi o equipo pioneiro xaviñán que alá polo 1964 disputou coraxudamente unha serie de partidos máis ou menos oficiais (ou polo menos máis ou menos oficiosos) e que tivo entre os seus representantes ao ex-alcalde Bautista e ao gran amigo de camarinas.eu Hipólito de Xaviña, auténtica biblioteca andante á que acudir sempre en busca do dato necesario que cuadre unha reportaxe de calidade.

Os comenzos sempre serán duros e máis nun conxunto virxe que experimenta os seus primeiros praceres nas artes futbolísticas pero esto non debe levar a equívocos nin a anticipados desalentos, porque ao decir dos entendidos o FC Xaviña presenta na súa tempada inicial na Terceira Rexional unha plantilla xeitosa e equilibrada, ilusionada e conformada no seu 90% por xogadores da terra, maiormente xaviñáns e camariñáns, que o darán todo por deixar o  nome do noso concello no máis alto. Por elo, porque baixo a sabiduría futbolística superior do seu Presidente Isaac Caamaño o FC Xaviña constitúe unha rara avis, unha grata excepción, a uns equipos municipais nos que chegas ao campo e prácticamente non coñeces a ninguén, camarinas.eu dende os seus primeiros días volcouse co experimento balompédico xaviñán e así será ao longo dunha tempada na que haberá un seguimento exhaustivo ao máis camariñán dos nosos equipos en liza. E máis cando nos graderíos cada partido se vive como un festa (suculenta churrascada e experimentado asador arxentino incluidos).

P.D.: as boas novas comenzan a chegar e o innovador experimento xaviñán comenza a cuaxar: no seu terceiro partido de entrenamento disputado no derradeiro fin de semana de agosto, empate a tres a domicilio no difícil campo do Nantón.

{phocagallery view=category|categoryid=9|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

fabio
+1 # RE: FC Xaviña: Debut ca equipacion oficialfabio 31/08/2010 07:37
BAMOS SAVIÑA,BAMOS A JANARR
Responder | Denunciar ante o administrador