3.7532467532468 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (77 Votes)
O Canle Grande, o santuario espiritual do fútbol xaviñán, axudará a coller forzas ao club fundado por Isaac
O Canle Grande, o santuario espiritual do fútbol xaviñán, axudará a coller forzas ao club fundado por Isaac

Debut histórico do FC Xaviña

Tiveron que xogar cuns colores alleos, cunha equipación prestada, do FC Camariñas, non dispoñen polo de agora dun estadio propio no que disputar os seus encontros, os seus actos aínda están presididos en gran medida pola improvisación e o voluntarismo, pero o soño no que tanto creío o seu Presidente e fundador vai pouco a pouco vendo a luz e o FC Xaviña queima as estapas necesarias que levarán a competir por vez primeira nun campeonato federado a un equipo procedente da amplia e fértil llanura xaviñana. A cita deste sábado 7 de agosto de 2010 no Estadio Hermanas Patiño presentábase con tintes históricos e polo tanto alí non podía faltar camarinas.eu. Xa á entrada do recinto atopábamos a Isaac Caamaño, o visionario que fixo posible o soño, que cunha bolsa chea de rifas na man dereita aproveitaba para achegar unha financiación adicional para o club no que durante tanto tempo só el creío. Nos graderíos un cento de aficcionados maiormente xaviñáns non quixeron perderse as evolucións dun equipo en gran medida composto por veciños da parroquia, entre os xiareiros un adestrador histórico dentro do fútbol camariñán cuios sabios consellos axudarán ao FC Xaviña a sobrelevar unha dura e difícil singladura balompédica inicial. En frente, un equipo xa fogueado que acabou levándose o partido por un resultado final de dous a catro. E alá nos montes de Reira, pola parte que tira para Monte Branco e non lonxe da cima coronada por unha histórica e literaria caseta forestal, o Canle Grande, o entorno máxico chamado a ser o santuario espiritual do fútbol xaviñán, a pedra monumental á que acudirán todos os membros do club a coller a forza necesaria para participar por vez primeira nunha competición implacable. F.C. Xaviña: o soño (dun visionario) ve a luz.

Comentarios   

Mikel
+1 # RE: Pretempada 2010: FC Xaviña 2-4 FC LaxeMikel 08/08/2010 21:33
Deseo q o novo equipo do noso concello teña sorte na súa andaina...sole decirse ultimamente q hai poucos xogadores(da casa) e ojalá estas iniciativas fagan animarse a xente xoben a involucrarse co balón,sexa do tipo q sexa pero si é de fútbol q nn sexa impedimento o campo onde xogar.Personalm ente penso q o campo municipal agora pode soportar os partidos q sexa e con un minimo desplazamento e organizando horarios,todos cabemos,ou caben(os q xojan)..sorte Xaviña e ao seu presidente Noraboa..ojalá perdure a ilusión moitos anos...........
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+1 # RE: Pretempada 2010: FC Xaviña 2-4 FC Laxejuanillo 09/08/2010 15:02
Enhorabuna Isaac!!!!.
Xa verás como vai salir todo ben e a medida de que vaia pasando o tempo as cousas irán salindo mellor.
Muito ánimo e aquí estamos para axudarche no que che faja falta.
Un saludo!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
el crak
0 # victoria do xaviñael crak 26/10/2010 19:13
ese xaviña vamos xaviña animo
Responder | Denunciar ante o administrador