3.7802197802198 1 1 1 1 1 Rating 3.78 (91 Votes)
Cunha importancia semellante á das Tablas de La Ley de Moisés, ve a luz o Reglamento da Liga de Veteranos
Cunha importancia semellante á das Tablas de La Ley de Moisés, ve a luz o Reglamento da Liga de Veteranos

Las Tablas de La Ley

Primeiro, foron as dúas táboas que con cinco mandamentos a cada lado o mesmísimo Deus o Noso Señor entregou a Moisés no Monte Sinaí para que disciplinase a vida do pobo xudeo. Despois (ou antes, ahí xa non nos metemos) foi o Código no que o Emperador Hammurabi establecía un conxunto de leis draconianas a través do cal regular firmemente a conducta dos seus súbditos babilonios. Prescindindo duns cantos exemplos e xa ceñíndonos ao ámbito sportivo, foi un 8 de decembro de 1863 cando por mediación de Ebenezer Cobb Morley 11 clubs londinenses establecían as reglas que daquela en diante diferenciarían do rugby a un novo deporte chamado fútbol asociación. E como xusta coronación do conxunto de códices, códigos, tablas, constitucións, reglamentos, leis, corpos normativos diversos, convenios internacionais, declaracións de guerra e tratados de paz máis importantes da historia da humanidade o 1 de agosto deste ano de 2010 foi remitido á redacción de camarinas.eu o Reglamento da Liga de Veteranos de Camariñas. Un conxunto completo e acabado de reglas e normas que a Organización promete aplicar co rigor e implacabilidade propio dun xuez ultraconservador do Estado Soberano de Texas e a través do cal pretende dotar da seguridade xurídica necesaria ao gran torneo de masas da Costa da Morte, aquel que logrou convertir as saciadas e soñolientas tardes de domingo dos varóns de mediana e avanzada edade de Camariñas nun carrusel deportivo frenético e trepidante. Entre as novas normas destaca a reglamentación do Superdelegado de Mesa, unha figura cuns poderes semellantes aos que tería o mesmísimo Deus o Noso Señor antes mencionado se baixase a esta terra pecadora corrompida cun silbato, un cuaderno de notas, dúas tarxetas e un bolígrafo, maiormente de propaganda co que arbitrar unha liga convertida en inferno sportivo. Señoras e señores, deportistas todos, o primer gran corpo lexislativo do deporte camariñán ve a luz.


Reglamento da Liga de Veteranos

Ante a avalancha de peticións de información por parte dos distintos presidentes de equipos que se queren inscribir na segunda edición da Liga de Veteranos de Fútbol Sala, non queda outra que tirar da páxina oficial daliga para dar a conocer as normas, a páxina de CAMARIÑAS.EU, a páxina que desde un principio apoiou unha liga sin claro pronóstico e ca incertidumbre de si chejaría a puerto ou non, a páxina que introducío no Pabellón do Areal todos os medios disponibles para informar ao día do que acontecía pola pista do pabellón municipal, vídeos, fotos a centos, comentarios uns poucos, e correcións as debidas, a páxina que este ano estará outra vez no día a día do acontecer da liga máis famosa de toda a redonda e parte do estranxeiro, a liga que chegou ao interes de nada máis e menos que a Voz de Galicia, e que publicaba a reportaxe da final de Copa a todo meter na páxina de deportes.

Desde a Organización pretendemos que toda persona que esté sin practicar ningún deporte entre a formar parte desta liga, objetivo que desde un principio fui o culpable de facer dito acontecemento, as normas seguen rexíndose prácticamente polas do anterior ano, agás algunha que se modificou para ben de todos, e para que todos podan participar sin desviarse muito do que é unha Liga de Veteranos. Preténdese este ano sacar a norma de un menor, pero en esta liga como en todas os feitos sentan cátedra e ahora non somos quen de decirlle aos menores que xogaron o anterior ano que non poden xogar este, polo que sigue a norma vixente. Tamén despós de muitas presións a Organización establece a norma de permitir xogar aos Veteranos do Porteño e do Camariñas. No tema da dirección da competición entra a novedade do Delegado de mesa, este levara todo o tema da competición, reclamacións, sancións e normas, terá plenos poderes para aplicar as sancións aos clubs, e todo o que rodea a liga, todo menos no ámbito do terreo de xogo, no que mentres se estea xogando o encontro o árbitro é o único que ten competencias no desenrolo do partido. Si en un caso grave se tería que votar algún asunto, votaría o Delegado de mesa, o árbitro e os tres encargados da organización. Polo tanto as normas quedarían máis o menos a falta de algún retoque así.

Máximo de xogadores por equipo, 10.

Un xogador menor de 30 anos por equipo e que non participe en ninguha competición federada.

Poderán  xogar os que pasen de trinta anos, ou os que os cumplan durante se estea xogando a competición.

Podran xogar os Veteranos do Porteño e do Camariñas.

A inscripción será de 120 euros, a pagar sesenta ao comenzo, e os outros sesenta ao empezar a segunda volta, estes iran destinados ao pago da arbitraxe, ao Delegado de mesa e aos trofeos.

Os partidos, a falta da reunión co concello, xogaranse o fin de semana.

Cada equipo terá que xogar con equipación deportiva, enténdese que xogarán todos ca camiseta do mismo color, en caso contrario non se admitirá ao equipo na competición.

As normas do xogo seran as da competición oficial de futbol-sala, agás a da duración do partido que será de 25 minutos por tempo, e a de que se anulan os tempos mortos.

A competición pretendese que comence a finales de septiembre.

A inscricion pódese facer chamando a ao Teléfono 610972577, antes do 30 de agosto.

Sin máis. Un saludo.


 

Comentarios   

samsam
+1 # RE: Reglamento da Liga de Veteranos de Camariñassamsam 06/08/2010 08:55
menos mal xa un non savia o que faser o fin de semana. bamos a ello chavales
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Reglamento da Liga de Veteranos de Camariñasrubiasexy 07/08/2010 10:48
ala asi muy ben como di sansan apor ellos rubia
Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # RE: Reglamento da Liga de Veteranos de CamariñasMikel 08/08/2010 21:29
Aléjrome q de novo comence algo onde entreterse sanamente...ond e calquera dos q queiran saborear un balón teñan a oportunidad..ai nda q che pasen pola orella palabras como aquel sesto lojo,q mira q pinta de xojador(e q moitas veces dan sorpresa)que jordo,q flaco,q mal xoja,q ben xoja,como suda,aquel que corre pouco,outro q corre muito e entre todos formando equipos q da gusto velos con xente humilde,traball adora e como nn,deportista,c ada un cas suas posibilidades fisicas...sorte a toda xente de ben e personalmente gracias por organizarse algo(para moitos)tan ameno e único nas últimas décadas....Aúpa chabales
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.