3.8064516129032 1 1 1 1 1 Rating 3.81 (93 Votes)
Juanillo voltou á súa terra por un día para desputar un partido contra o FC Camariñas
Juanillo voltou á súa terra por un día para desputar un partido contra o FC Camariñas

Arranca o FC Camariñas de Manolín

Este sábado 31 de xuño de 2010 botaba a andar a pretempada do FC Camariñas cun encontro de altura disputado contra todo un Terceira División como o Cerceda de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago de Corea. Había expectación entre a hinchada local por ver en acción as novas caras do FC Camariñas entre as que destacaba sobor de todas a do seu adestrador Manolín que, baixo unha gorra na que cobixarse do despiadado sol estival que azotaba inclemente rostros e calvas no estadio camariñán, recordaba por momentos a Carlos Timoteo Griguol, aquel desdichado entrenador arxentino que deixou unha estela no fútbol español (Real Betis) máis recordada pola súa infinita colección de gorras que polos resultados acadados nos terreos de xogo. Esperemos que neste caso non sexa así. En canto aos visitantes, xa podíamos ver a mediodía acumulando enerxías para o encontro no Restaurante Puerto Arnela ao seu adestrador Nacho, a Juanillo e a uns cantos xogadores e así é normal que saliran como reactores nucleares ao encontro. Nembargantes non foi ata o segundo tempo cando lograron facer constatable a súa lóxica superioridade. Pero mellor será que deixemos que sexa o redactor dos deportes de camarinas.eu e xogador clave do encontro, Juanillo, quen nos conte o acontecido no Hermanas Patiño...

Camariñas 0-5 Cerceda

Media entrada a que presentaba o Hermanas Patiño para ver este interesante partido de pretemporada no que o Cerceda levouse a victoria por amplia goleada. Os goles foron marcados por Luisito ó 0-1 despois dun remate de cabeza moi bo de Adrián. Chegaríase ao descanso con ese resultado.

0-2 Souto remata a porta vacía a pase de Cabrejo.

0-3 Pablo Barreal a pase Xaco.

0-4 Xaco de falta directa.

0-5 Pablo Barreal a pase de Souto.

Indicar que Cabrejo fallou un penalty

Polo Camariñas debutou o seu novo adestrador Manolín, o mítico entrenador natural de Cee e tamén debutaron Pombo como porteiro (ven do Ponteceso), Josiño que xa é a súa segunda etapa no Camariñas (ven de O Pindo), Mané, dianteiro que procede do Fisterra e Juan o vello que procede do Porteño e foi o xogador máis destacado do conxunto camariñán.

Comentarios   

pedro   luaces  barcia
+2 # juanillopedro luaces barcia 04/08/2010 01:21
viva juanillo e os seus amigos to@s asi asi juega españa
Responder | Denunciar ante o administrador
pedro   luaces  barcia
+1 # RE: Pretempada 2010: FC Camariñas 0-5 CCD Cercedapedro luaces barcia 04/08/2010 02:09
mima astaeu salin no campo eu son o mais juapojaja
Responder | Denunciar ante o administrador