3.5121951219512 1 1 1 1 1 Rating 3.51 (82 Votes)

Entrenador en Cataluña 

Imaxe da www.bmgranollers.org que reproduce o equipo do OAR Coruña dirixido por Fabián Canosa
Imaxe da www.bmgranollers.org que reproduce o equipo do OAR Coruña dirixido por Fabián Canosa

Unha das institucións senlleiras en canto a balonmán se refire na competición nacional, o Club Balonmano Granollers, organiza dende hai xa 12 anos no marco incomparable do Palau D'esports de Granollers, sede olímpica en 1992, unhas competicións catalogadas como das máis importantes no ámbito do deporte base a nivel internacional. Escuadras provintes das máis diversas nacións recoñecidas polo Dereito Internacional, Bélxica, Arxentina, Noruega, Suecia, Eslovenia, Espanya, Catalunya (sic),etc... acuden cada ano ata a cidade catalana anhelando conseguir un título nas diversas competicións en liza. E este ano como un dos adestradores da categoría infantil masculina do OAR Coruña, equipo no que ven de completar dúas temporadas espectaculares, atopábase o noso querido amigo Fabián Canosa, que dende o 24 ata o 28 de xuño dirixío con man maestra aos seus pupilos, pasando con solvencia a primeira fase e caendo ante un dos semifinalistas, o Carabanchel, en oitavos de final. A experiencia foi moi gratificante, xóvenes de toda Europa (especialmente impactantes as loiras e esbeltas xogadoras nórdicas) congregáronse por uns días no que foi a capital mundial do balonmán de base, chegando incluso unha televisión local de Cataluña a entrevistar ao noso Fabián nun vídeo que reproducimos na presente noticia (atención ao minuto 4:30).

http://www.votv.cat/videos/infoesports-28-juny-2010


Engadir un comentario