Españolía y Coraje

 

O Senado futbolístico de camarinas.eu: aquel que predixo que nunca se lle marcaría de cabeza a Alemania
O Senado futbolístico de camarinas.eu: aquel que predixo que nunca se lle marcaría de cabeza a Alemania

 

Contan, quen sabe si é verdade, que alá nos duros anos da posguerra nomearon como seleccionador nacional de fútbol a un tosco militar (un xeneral, un coronel) dos que viñan de gañar a guerra civil. O seu modus operandi pasaría por unha preparación dos partidos baseada nun patriotismo desbocado, nada de tácticas nin estratexias (estilo Maradona), que incluía dende inflamadas arengas patrióticas a facer escoitar aos xogadores o himo nacional xa no vestuario e que acabaría antes de saltar ao céspede cunha frase, enigmática e lapidaria, dirixida á súa futbolística muchachada: "Y ahora, Españolía y Coraje". Frase que un sufrido redactor non puido evitar recordar cando cara ás 22:00 horas do mércores 7 de xullo de 2010, Carles Puyol irrumpía na área alemana como unha exhalación, como un misil balístico intercontinental, pásame-el-pelotón-a-mi-Sabino-que-los-arrollo, como un león, como un guepardo, como un tiburón, e conectaba o testarazo demoledor que colocaba a España por vez primeira na súa historia na final dun Mundial. Sublime demostración de coraxe futbolística.

En canto á Españolía, o Café Bar Arnela engalanouse este histórico día de San Fermín con bandeiras nacionais polos seus catro costados para recibir unha muchedumbre de aficcionados sobre a que destacaba unha vez máis o senado futbolístico máis variopinto da Costa da Morte. Esta vez con novas aportacións: posiblemente a dun dos porteiros máis lexendarios da historia do fútbol da Costa, Visentiño de Anita; a dun extremo esquerdo que no seu día levantou a admiración e o respeto, tal e como atestigua a súa biografía, da estrela deportivista Fran, Luis O Cotiño; do patriótico Yankee de Ribeira, que non de Camariñas, mariñeiro do Navaliño e antigo navegante de rutas que abarcaban dende as Illas Shetland ata Tasmania en Australia ou Cape Town en Sudáfrica; a de Joaquín Floriano e o seu fillo, usuarios madrileños de camarinas.eu; a de Thomas, o elegante e respetuoso hincha xermano, sempre presente nas grandes citas entre España e Alemania no Café Bar Arnela; e como non, Bénder: si en Hamburgo adivina resultados dende un acuario o pulpo Paul, en Camariñas temos o noso canciño talismán, outro bico, outra victoria. Todos eles contemplarán como este domingo 11 de xullo de 2010 España levantará a Copa que a acredita como dona do mundo. No Café Bar Arnela, obviamente.

 

Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # El Domingo TODOS CON LA ROJAE logo ti de quen es 08/07/2010 13:23
Yo no se ni papa de alemán, pero para los que lo entiendan y para todos con humor el Que Viva España en Alemán


http://www.goear.com/listen/bed272c/viva-españa-heino
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
0 # ARRIBA ESPAÑA!!!rodriguezlemamaricarmen55 10/07/2010 16:49
MUCHA SUERTE PARA LA FINAL Y VIVA ESPAÑA!
Responder | Denunciar ante o administrador